BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » Bibliotecas municipais » Peche da Biblioteca de Agolada

Peche da Biblioteca de Agolada


COMUNICADO DE ANABAD-GALICIA ANTE O PECHE DA BIBLIOTECA DE AGOLADA

A Asociación ANABAD-Galicia que agrupa os profesionais dos servizos de arquivos, bibliotecas e centros de documentación de Galicia, quere manifestar a súa oposición ao peche da Biblioteca Municipal de Agolada.

Imaxe: La Voz de Galicia 25/06/12

A crise económica que estamos a sufrir determina que as administración públicas, para facerlle fronte, tomen decisión que están a afectar seriamente a todos os ámbitos, e especialmente ao eido da cultura, con incidencia directa nos arquivos, bibliotecas e museos.

Nestes días o concello de Agolada pecha a biblioteca, entre outras medidas, para poder acollerse ao plan de provedores.

ANABAD-Galicia desexa chamar á reflexión ao Concello de Agolada, e que teña presente que desmontar a biblioteca ten un custo social moi importante, xa que este tipo de  centro público presta servizos aos cidadáns, facilitando o acceso á información e á formación, e contribúen á igualdade de oportunidades.

Entendemos que, aínda en época de crise, hai certos servizos culturais que deben ser de atención preferente, e non se deben descoidar, posto que teñen unha importancia capital para as comunidades ás que serven, como elemento dinamizador e nivelador das diferenzas.

Polo tanto, reclamamos dese Concello un esforzo para manter aberta a biblioteca, porque, nestes tempos, tampouco debemos manexar soamente criterios de custo económico senón tamén os de valor social e aproveitamento colectivo.

Na Coruña a 20 de Xuño de 2012
A Xunta Directiva de ANABAD-Galicia

O grupo Bibliotecarios Gallegos Indignados, en Facebook, lanzaron unha campaña de recollida de sinaturas a través de Change.org: Alcalde de Agolada (Pontevedra): Evita el cierre de la biblioteca

Advertisements

7 Comentarios

  1. […] a desaparecida Biblioteca de Caja Madrid en Santiago de Compostela, en 2012, e a ameaza de pecha da Biblioteca de Agolada, que afortunadamente non se chegou a […]

  2. […] Outra biblioteca pechada na Galiza, agora toca na Golada anabadgalicia.wordpress.com/2012/06/25/peche-da-biblioteca-d…  por raxozorza hai 2 segundos […]

  3. Inma Galego di:

    GRACIÑAS POLO VOSO APOIO E MOTIVACIÓN, polos vosos correos e escritos.
    Unha aperta

  4. […] Todo esto debió de llamar la atención de ANABAD-Galicia que está realizando una impagable labor en defensa de las bibliotecas de su Comunidad. En este caso publicó un Comunicado ante el cierre de la Biblioteca de Agolada. […]

    • Muchas gracias por vuestro post. Y no os olvideis que al final de nuestra pequeña lucha están los usuarios de los servicios públicos a los que nos debemos.

  5. Tedes que perdoar. Quedárame na data. Acabo de ver que xa incluírades a ligazón! Saúdos de novo

  6. Ola, amigos de Anabad. Na plataforma de Change (antiga Actuable) hai aloxada unha recollida de firmas contra o peche da biblioteca de Agolada. Convídovos a unirvos á petición. Saúdos. http://www.change.org/es/peticiones/alcalde-de-agolada-pontevedra-evita-el-cierre-de-la-biblioteca

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: