BAMAD GALICIA

Inicio » 2012 » Outubro (Páxina 2)

Monthly Archives: Outubro 2012

Advertisements

O Arquivo de Galicia recibirá o fondo documental e a biblioteca de Olga Gallego

Polo seu interese reproducimos o artigo da doazón do fondo documental e biblioteca de Olga Gallego ao Arquivo de Galicia:

Olga Gallego foi directora do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e membro da Real Academia Galega. De forma paralela á súa vida profesional, desenvolveu unha constante actividade como investigadora no campo da arquivística e dos arquivos e da historia en múltiples aspectos relacionados coa historia económica, social e administrativa de Galicia en xeral e da súa cidade en particular. Algúns dos traballos que produciu constitúen achegas singulares e relevantes nestas disciplinas.
O fondo documental ten un volume de 5,6 metros lineais (49 unidades de instalación). Neste conxunto atópanse documentos de carácter persoal xunto con outros relacionados coas súas actividades profesionais e intelectuais. Estes son os de maior interese e extensión. É salientable o voluminoso ficheiro elaborado a partir de documentos de diversos arquivos, pero especialmente do Histórico Provincial de Ourense. Moitas das referencias que o integran foron utilizadas por ela nos seus traballos, pero outras moitas permanecen inéditas e constitúen un conxunto de datos de extraordinario interese que poderá ser utilizado polos investigadores. O ficheiro constitúe ademais, en por si, un extraordinario testemuño da forma de traballar e de investigar que tiña Olga Gallego.
A súa biblioteca profesional, en fin, composta por máis de 500 títulos, resultará de gran utilidade tanto aos profesionais do Arquivo de Galicia como a calquera cidadán que desexe consultalo. O seu catálogo áchase xa dispoñible no enderezo:
Advertisements

Curso: Os Arquiveiros no e-labirinto

ANABAD- Galicia continúa co seu obxectivo de contribuir á formación dos seus asociados e de todo aquel interesado nas funcións das Bibliotecas, Arquivos, Museos e Centros de Documentación.

Dentro do seu plan de formación para o 2012 propón o seguinte curso:

TítuloOS ARQUIVEIROS NO E-LABIRINTO: Está preparada a arquivística tradicional para responder aos retos da Administración Electrónica?

Data e duración: 27 e 28 de novembro de 2012. Duración do curso 12 horas

Edición: Presencial. Santiago de Compostela Mupega (Museo Pedagóxico de Galicia)

Docente: Luis Martínez García. Xefe do Servizo de Coordinación de Arquivos da Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.

Prazas: O número de prazas está limitado a 30. Prioridade nas prazas aos socios de ANABAD GALICIA.

Preinscrición: 18 de outubro ao 5 de novembro do 2012

Matrícula: Socios: 70 € Non socios: 90€

Programa completo

Colaboran: CAA: Coordinadora de Asociaciones de Archiveros e Ministerio de Cultura

Coordinadora Asociaciones de Archiveros

24 de Outubro Día da Biblioteca

A data do 24 de Outubro foi escollida como día para sinalar a importancia das bibliotecas na sociedade. Este ano o pregón foi realizado por José María Gutiérrez de la Torre, presidente da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e a ilustración é de Juan Ramón Alonso.

As Bibliotecas Galegas preparan actividades relacionadas con esta celebración. Dámos conta de algunhas actividades que coñecemos para que contribuir á súa difusión. Se sabes de máis actividades por favor ponte en contacto con administracion@anabadgalicia.net para que as podamos difundir.

Actividades (en construción):

Agolada: vistas escolares, obradoiros, contacontos, pregón e merenda na biblioteca.

Antas de Ulla: agasallo de libros a todos os visitantes durante o día 24.

Baiona: Biblioteca Municipal: Contacontos infantil  “A que sabe a lúa”. Lectura do pregón do día das Bibliotecas, entrega de premios a mellores lectores. Lecturas en público.

Bóveda: Biblioteca Municipal: xorada de portas abertas de 11 a 19h. Visitas escolares e agasallo de libros a todos os visistantes e novos asociados.

O Carballiño: Biblioteca Municipal: Obradoiro de marcapáxinas, contaconto infantíl, agasallos de libros.

Corcubión: Biblioteca Municipal: Agasallo de libros a visitantes e novos asociados.

A Coruña:

Fene: Biblioteca Municipal Xosé María Pérez Parallé: no día 24 de outubro fan coincidir a efeméride do día da biblioteca co aniversario da morte de Marilyn Monroe e a doazón dun importante fondo sobre cine. Proxección de películas de Marilyn Monroe.

Ferrol: Biblioteca Municipal: contacontos na sala infantil con Pablísimo e regalo de libros ás persoas que realicen préstamos ou se asocien durante ese día.

Lugo: Biblioteca Pública: Día 24, “Cafés filosóficos” para adultos e “que será será” para todos os públicos. Lectura do pregón na biblioteca infantil ás 17:55h. Ver as actividades de Outubro.

Oleiros: Rede de Bibliotecas Municipais: programa completo de todas as bibliotecas con multitude de actividades: agasallos de libros, contacontos, exposicións…

Oroso: Biblioteca Municipal: Contacontos e obradoiro infantil por Xandobela.

Ortigueira: Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre: Obradoiro infantil Bibliotecari@ por un día.

Redondela:

Ribadavia: Biblioteca Municipal: Obradoiro infantil e agasallos de libros.

Santiago de Compostela: Biblioteca Ánxel Casal: amplo programa de actividades entre as que sinalamos: concurso de fotografía, roteiro literario, regueifas, concertos, abrazar a biblioteca dentro da campaña Eu Amo as Bibliotecas Públicas, visitas guiadas. Programa completo e podes visitar as súas actividades na súa web.

O Saviñao: Biblioteca Municipal: bookcrosing, exposición de novidades e libros sobre a biblioteca, contacontos sobre libros e bibliotecas.

Sober: Biblioteca Municipal: Visita escolar e lectura do manifesto do Día da Biblioteca, decoración da biblioteca con globos de cores rotulados polos nenos/as cós seus contos ou persoaxes  favoritos. O  Alcalde fará entrega dunha carta dirixida aos integrantes da corporación municipal na que os invita  a visitar e asociarse á biblioteca. Contacontos infantil:  “Os bolechas queren saber como é unha biblioteca”.

Tui: Biblioteca Municipal: Lendo na  Casa, I Xornadas Lectura e Familias do 21 ao 25 de Outubro

Verín: Biblioteca Municipal: Contacontos e manualidades que se poden seguir desde a súa web e facebook.

Vigo: Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas: Encontro con escritores… Francisco Castro e Contos do Medo

%d bloggers like this: