BAMAD GALICIA

Inicio » 2013

Yearly Archives: 2013

Advertisements

Anabad Galicia ante o conflito da Biblioteca Central de Vigo

bvigo

Anabad Galicia, Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia, quere comunicar a súa opinión ante a “crise institucional” desatada con motivo da xestión da Biblioteca Central de Vigo.

Como entidade que agrupa aos profesionais das bibliotecas, cremos que se lle está facendo un fraco favor á cidadanía e ás bibliotecas públicas, e nomeadamenta á Biblioteca Central de Vigo, que se ve mergullada nunha polémica, da que nin a cidadanía nin os traballadores deste servizo público son merecedores, de ver cuestionada a súa existencia e a súa continuidade. Polémica aireada aos catro ventos na prensa que en nada favorecen a valoración deste servizo e o seu funcionamento.

Sen entrarmos a valorar quen ten razón nas reclamacións sobre a biblioteca, se o Concello ou a Xunta, cremos que se debe dar resposta a moitos interrogantes aos que as administracións están obrigadas a responder:

  • A cidade de Vigo debe contar cuns servizos bibliotecarios públicos de calidade para atender á cidadanía.
  • A biblioteca Central de Vigo e a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas, como únicas bibliotecas públicas da cidade, non chegan para atender á maior cidade do país cunha poboación que supera os 200.000 habitantes. Tanto a Xunta como o Concello deberían tomar cartas neste asunto.
  • A Xunta debe desenvolver a Lei 5/2012 de Bibliotecas que entrou en vigor en xullo de 2012 e que entre outros aspectos obriga a:
    • Crear o Consello de cooperación bibliotecaria de Galicia que poría en marcha un sistema de colaboración institucional sobre os servizos bibliotecarios no que estarían representados Xunta, concellos e deputacións, colaborando entre todas para dotar de máis e mellores servizos á cidadanía.
    • Elaborar e publicar o Mapa de Bibliotecas de Galicia que recoñece que tipo de bibliotecas deben existir e que tipo de servizos deben ofrecer á cidadanía. (Segundo a Lei de biblioteca debía ser aprobado aos seis meses de entrada en vigor da Lei, en xaneiro de 2012, e nestes momentos aínda continúa sen aprobar).
    • Elaborar e publicar os Estándares de bibliotecas públicas. Este documento é o que servirá para indicar que requerimentos terá que cumprir cada tipo de biblioteca en canto a instalacións, fondos, persoal, etc.

Mentras as institucións non cumpran a súa obriga co desenvolvemento da Lei de Bibliotecas e a xestión e mantemento dos servizos públicos, estarán propiciando que polémicas como a actual se repitan no futuro.

Cremos que este tipo de polémicas deben resolverse nun marco de colaboración institucional, e non de enfrentamento, contribuíndo a resolver os problemas da cidadanía e a mellorar as bibliotecas públicas.

Anabad Galicia ofrece a súa colaboración a todas as administracións públicas para manter e mellorar os servizos de bibliotecas de Galicia.

Na Coruña a 11 de Decembro de 2013

A Xunta Directiva de Anabad Galicia

Advertisements

Curso en liña: Supostos prácticos para facultativos de grao medio de Arquivos

supostosarquivos

ANABAD-Galicia adianta a información do primeiro curso do seu plan de formación para o 2014.

TítuloSUPOSTOS PRÁCTICOS PARA FACULTATIVOS DE GRAO MEDIO DE ARQUIVOS

Data e duración: Do 20/01 ao 28/02 do 2014. 20 horas

Edición: en liña. Aula Cesga

Docente: Mª A. Díaz Bernárdez.  Xefa de Sección do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Facultativo superior de Arquivos da Xunta de Galicia.

Prazas: 30

Matrícula: socios: 90 € / non socios: 120 €

Máis Información

Orzamentos de Arquivos e Bibliotecas 2014

O proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2014 conxela  todas as partidas para Arquivos e reduce un 12,68% as de Bibliotecas. Estas mínimas dotacións orzamentarias continúan asfixiando os centros, proceso iniciado hai xa varios anos, e seguen a reducir as posibilidades de levar unas políticas arquivísticas e bibliotecarias que se adecúen á realidade do noso país.

Nesta situación, os profesionais reclamamos da Xunta de Galicia un esforzo de racionalización en materia de orzamentos para arquivos e bibliotecas, centros rendibles social e tamén economicamente, e que cese a asfixia económica que que supón a mingua orzamentaria.

Incorporamos cadros comparativos e gráficos dos últimos tres anos:

BIBLIOTECAS:

Partidas 2014 2013 2012
Bolsas formación (4800) 217.740 217.740 243.920
Equipamento da rede (mobiliario) (6251) 90.000 100.000 64.800
Lotes fundacionais (6281) 600.000 650.000 1.500.684
Obras e reparacións na rede de bibliotecas de Galicia (6322) 60.000 100.000 190.000
Promoción da lectura (6402) 200.000 300.000 346.845
Actividades culturais (6405) 200.000 200.000 250.000
Formación 10.500 10.500 15.000
Total 1.378.240 1.578.240 2.611.249

ARQUIVOS

Partidas 2014 2013 2012
Conservación do Patrimonio documental en arquivos (4801) 107.406 107.406 111.762
Maquinaria, instalacións e utensilios de arquivos. adquisicións (6231) 14.972 14.972 24.000
Mobiliario e útiles de arquivos (6252) 8.835 8.835 25.000
Proxectos e informes e dirección en materia de arquivos (6283) 60.000 60.000 167.058
Adquisicións e restauración do patrimonio documental (6284) 75.000 75.000 122.285
Movemento e traslados de fondos documentais (6285) 2.100 2.100 3.907
Publicacións en materia de arquivos (6286) 14.095 14.095 23.000
Obras de conservación de arquivos (6321) 30.000 30.000 36.445
Actividades difusoras e de promoción de arquivos e patrimonio documental (6404) 50.000 50.000 60.000
Total 362.408 362.408 573.457

Gráficos evolución Orzamentos 2012-2014 para Arquivos e Bibliotecas:

Orz1

Bibliotecas:

Orzbib

Arquivos:

OrzArq

%d bloggers like this: