BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos » Orzamentos de Arquivos e Bibliotecas 2013

Orzamentos de Arquivos e Bibliotecas 2013


Comunicado de ANABAD-Galicia sobre o Proxecto de Lei de orzamentos do ano 2013 da Xunta de Galicia para Arquivos e Bibliotecas.

grafica-quiebraO proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia para o 2013, entregado no Parlamento o 28 de decembro, presenta unha baixa xeral en cultura do 7%, sen embargo, analizando este orzamento, para Arquivos e Bibliotecas o recorte é altísimo, respecto ao xa escasísimo orzamento do ano 2012.

  • Para os Arquivos descende un 36,8%
  • Para as Bibliotecas públicas cae un 39,5%

Estas mínimas dotacións orzamentarias supoñen a asfixia dos centros.

Nos Arquivos recórtanse todas as partidas, e seguen sen abordarse os problemas crónicos de falta de espazo que lle impiden aos centros cumprir as súas funcións, ao non poder recibir transferencias. Están colmatados tanto os arquivos propios coma os xestionados. Serva como exemplo o Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, que nin sequera engadindo a nave existente no Polígono do Tambre, ten espazo de depósito suficiente para pode cumprir co seu cometido.

Nas Bibliotecas o recorte da partida para adquisición de fondos bibliográficos nun 57%, é dramática, e impídelles cumprir a súa función principal de atención aos usuarios.

Os profesionais reclamamos da Xunta de Galicia un esforzo de racionalización en materia de orzamentos para arquivos e bibliotecas, centros rendibles social e tamén economicamente, e que cese xa o desmantelamento pola vía dos feitos que determina esta continuidade na mingua orzamentaria.

Incorporamos os cadros comparativos co ano 2012, para que comprobedes as baixas:

09/20/432A (Secretaria Xeral de Cultura / Bibliotecas e Arquivos)

BIBLIOTECAS:

Partidas 2013 2012 Recorte
Bolsas formación (4800) 217.740  243.920 (-11%)
Equipamento da rede (mobiliario) (6251) 100.000  64.800 (+45,7%)
Lotes fundacionais (6281) 650.000  1.500.684 (-57%)
Obras e reparacións na rede de bibliotecas de Galicia 100.000  190.000 (-47;36)
Promoción da lectura (6402) 300.000  346.845 (-13,5%)
Actividades culturais (6404) 200.000  250.000 (-20%)
Formación 10.500  15.000 (-30%)
Total 1.578.240 2.611.249 (-39,5% 2012)

 ARQUIVOS

Partidas 2013 2012 Recorte
Conservación do Patrimonio documental en arquivos (4805) 107.406 111.762 (-4%)
Maquinaria, instalacións e utensilios de arquivos. adquisicións (6231) 14.972 24.000 (-37,6 %)
Mobiliario e útiles de arquivos (6252) 8.835 25.000 (-64,6%)
Proxectos e informes e dirección en materia de arquivos (6283) 60.000 167.058 (-64%)
Adquisicións e restauración do patrimonio documental (6284) 75.000 122.285 (-39%)
Movemento e traslados de fondos documentais (6285) 2.100 3.907 (-46%)
Publicacións en materia de arquivos (6286) 14.095 23.000 (-59%)
Obras de conservación de arquivos (6321) 30.000 36.445 (-17,68%)
Actividades difusoras e de promoción de arquivos e patrimonio documental (6404) 50.000 60.000 (-17%)
Total 362.408 573.457 (-36,8% 2012)

 Na Coruña a 10 de Xaneiro de 2013

Advertisements

1 comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: