BAMAD GALICIA

Inicio » Noticias Bamad » Memoria Actividades Anabad Galicia 2012

Memoria Actividades Anabad Galicia 2012


Presentamos a Memoria anual de actividades de ANABAD-Galicia correspondente ao ano 2012. Dámos conta da situación actual en canto á estrutura organizativa, actividades realizadas e ao programa de formación levado a cabo.

Os esforzos estiveron dirixidos a consolidar a comunicación coas persoas asociadas, intentamos que as vías de contacto aumenten e que a información se manteña ao longo de todo o ano. A canle de contacto escollida para informar foi o correo electrónico.

Utilizamos outras vías para que a asociación adquira maior presenza social e neste campo salientamos a consolidación do uso da internet e das redes sociais e a maior presenza pública mediante a difusión de comunicados e a súa repercusión nos medios de comunicación.

Aumentamos as actividades nas que participou e colaborou a asociación con colectivos do noso ámbito.

Seguimos realizando actividades formativas que sempre foron obxectivo prioritario da nosa asociación, buscando sempre a calidade e  a actualización dos profesionais.

Neste ano quedou pendente a consolidación dos grupos de traballo que intentaremos retomar para este ano 2013.

Tamén intentaremos contar cunha maior participación dos socios nas ferramentas de comunicación para que o seu funcionamento sexa máis dinámico.

Non podemos deixar de sinalar tampouco que este ano se produciu unha baixada do número total de persoas asociadas. Aínda que houbo novas incorporacións o número de baixas foi maior. Debemos intentar incorporar a máis profesionais, aínda que os tempos non son bos cremos que o asociacionismo é a vía para  defender os nosos intereses profesionais.

Preme na imaxe para descarregar a Memoria

memoria2012

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: