BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos » Anabad Galicia ante o Día Internacional dos Arquivos 2014

Anabad Galicia ante o Día Internacional dos Arquivos 2014


O próximo día 9 de xuño, celébrase o Día Internacional dos Arquivos, que conmemora a creación, o 9 de xuño de 1948, do Consello Internacional de Arquivos (ICA/CIA), pola UNESCO.

A data escollida pretende resaltar e facer visible o valor dos Arquivos ao servizo da xestión de documentos, da información e dos dereitos da cidadanía, da investigación, da preservación da memoria e da transparencia.

Neste ano desde ANABAD-Galicia celebramos que trinta e tres anos despois da promulgación do Estatuto de Autonomía se estea a tramitar, no noso Parlamento, o Proxecto de lei de arquivos e documentos. Como xa manifestamos noutras ocasións, esperamos que  a futura lei reflicta:

  • A concepción dos arquivos como unidades administrativas que aseguran a xestión administrativa continuada, eficaz e eficiente, garantindo a transparencia administrativa e a defensa e cumprimento dos dereitos e deberes das administracións e dos cidadáns, é dicir unha concepción que vai máis alá do concepto tradicional de custodios do patrimonio documental, a que tampouco renunciamos.
  • A dotación económica suficiente para resolver as deficiencias crónicas de falta de locais adecuados e de persoal dos arquivos públicos de Galicia.

Desexamos que os nosos representantes no Parlamento de Galicia consigan aprobar unha lei ambiciosa e capaz de dotar de ferramentas que permitan solucionar os graves problemas cos que se atopan na actualidade os arquivos de Galicia.

A xunta directiva de ANABAD-Galicia

Actividades nos Arquivos de Galicia

parlamento

Tramitación do proxecto de Lei de Arquivos
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: