BAMAD GALICIA

Inicio » Noticias Bamad » Memoria Bamad Galicia 2014

Memoria Bamad Galicia 2014


Presentación da Memoria 2014 de Bamad Galicia

Memoria2014

Preme na imaxe para acceder ao contido completo da Memoria de actividades

 

Presentamos a Memoria anual de actividades de Bamad Galicia correspondente ao ano 2014. Dámos conta da situación actual en canto á estrutura organizativa, actividades realizadas e ao programa de formación levado a cabo.

O máis salientable de 2014 foi a difícil decisión de sairmos da Federación Anabad ante os desacordos sobre as decisións que se estaban tomando na Federación nos últimos anos. A determinación foi tomada na Asemblea extraordinaria celebrada no mes de marzo e que condicionou moitas das resolucións tomadas nos meses seguintes. Tivemos que mudar o acrónimo da asociación xa que Anabad é unha marca rexistrada da Federación Anabad.

A saída da Federación levounos, na Asemblea extraordinaria celebrada en xuño, a decidir o cambio de cuotas da asociación ás actuais vixentes de 60 e 30€. Isto tamén nos levou a retrasar o cobro da cuota anual ao meses de xuño e xullo, que nos próximos anos intentaremos ir adiantando até aproximar o cobro ao ano natural.

O cambio de siglas tomouse na Asemblea extraordinaria realizada en setembro e que deu como resultado a escolla de Bamad Galicia como novo acrónimo da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia.

Por segundo ano consecutivo conseguimos manter, cun lixeiro aumento, o número de persoas asociadas o que nos leva a pensar que o noso traballo é necesario e cremos na importante de que exista unha asociación que represente os intereses das nosas profesións.

Implantamos tamén novos servizos como o de asesoramento legal para as persoas asociadas.

As actividades e a repercusión social da Asocación continúan aumentando. Nas redes sociais continúa a medrar a nosa presenza e visibilidade, con incremento no número de seguidores e lectores, e con seguimento continuado das noticias do noso sector profesional. Aínda que, o cambio de acrónimo obrigounos a mudar, nos meses de novembro e decembro, de dominio e da páxina de Facebook. Mantivemos a mesma conta de Twitter. Isto implicou un cambio no número de seguidores entre as distintas ferramentas como indicamos nesta memoria.

A presenza na prensa foi tamén bastante importante ao coincidir neste ano varios asuntos que mantiveron o nome da asociación nos medios de comunicación, entre eles, a aprobación da Lei de Arquivos e a aprobación do Decreto de pago por préstamo de documentos nas bibliotecas públicas.

As actividades formativas foron 7 o que significou un aumento con respecto a anos anteriores. Tiveron moi boa acollida, xa que contamos con máis de 200 participantes. Continuamos ofertando unha actividade gratuíta para persoas socias e contamos ademais coas subvencións de Fesabid e da CAA para algunhas das actividades realizadas. Ademais, mantivemos a colaboración coa Fegamp na realización dunha actividade formativa. As achegas de Fesabid e da CAA son moi importantes xa que superan con moito a cuota de participación que aportamos para formar parte destas dúas entidades.

Como aspecto negativo temos que continuar sinalando a imposibilidade de crear grupos de traballo estables e a pouca implicación das persoas socias na vida da Asociación. A finais do ano 2013 lanzouse un grupo de autoformación en oposicións bibliotecarias e intentamos crear un grupo similar para arquivos. O de arquivos non chegou a organizarse por falta de persoas interesadas e o de bibliotecas non chegou a funcionar, malia contar con 10 persoas interesadas. Sería necesario contarmos con persoas implicadas na coordinación dos grupos de traballo propostos.

No aspecto económico é importante salientar o aumento dos ingresos da asociación. Malia recadar menos por cuotas, debido á decisión de baixar as mesmas despois de sairmos da Federación Anabad e de contar con cuotas reducidas para persoas desempregadas e menores de 30 anos, por primeira vez, conseguimos que os ingresos por cuotas superasen os gastos correntes da Asociación.

Non ter que entregar o 40% das cuotas á Federación Anabad significou un aumento moi importante dos nosos ingresos. Ante isto temos que volver a incidir na “sangría” que para a asociación estaba sendo formar parte da Federación ante os escasos “beneficios” que reportaba formar parte da mesma para os nosos asociados. Frente a este modelo, a participación noutras entidades como Fesabid e a CAA reportaron, con moita menor cuota de aportación para formar parte delas, uns beneficios en forma de convenios, subvencións e axudas para as nosas actividades e polo tanto para todas as persoas asociadas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: