BAMAD GALICIA

Inicio » 2015 » Marzo

Monthly Archives: Marzo 2015

Novo logo da Asociación

Logo BamadQueremos presentarvos o novo logotipo da asociación que utilizaremos a partir de agora.

O logo foi deseñado polo noso compañeiro da directiva Tomás Fernández, vogal de museos, ao que estamos agradecidos polo seu traballo.

A imaxe xa está incluída no blogue, nos correos, no facebook e no twitter para que sexa coñecido e difundido socialmente. Agardamos que sexa do voso agrado.

Un saúdo da Xunta Directiva

Advertisements

Curso: Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria Koha 3.18

Bamad Galicia organiza o Curso de Formación:

Koha

Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria Koha 3.18

  • Impartido por: Henrique Quintáns Míguez, Servizo de Publicacións da USC.
  • Modalidade: En liña (sincrónico e asincrónico)
  • Datas: Maio
  • Prazas: 30
  • Horas: 20h.
  • Obxectivo: coñecer o SIGB Koha 3.18 creado e desenvolvido con software libre e presente en numerosas bibliotecas de diferentes tipoloxías.
  • Prezo: socios* 65€ / non socios 125€

* Serán considerados socios a efectos de matrícula as persoas asociadas a entidades asinantes do Convenio de formación de Fesabid

Programa e Inscrición

BAMAD Galicia declarada Asociación de Utilidade Pública

BAMAD Galicia foi declarada Asociación de utilidade pública a través da orde do 16 de decembro de 2014 (DOG, n. 2 de 5 de xaneiro. Orde pola que se declara de utilidade pública unha asociación inscrita no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia)

 

Esta declaración supón un recoñecemento á nosa asociación polo labor que realiza, e leva asociada unha serie de beneficios:

 

Beneficios xerais que comporta a declaración de utilidade pública para a asociación:
  • Empregar a mención “Declarada de utilidade pública” en toda clase de documentos, a continuación da súa denominación.
  • Disfrutar das exencións e beneficios fiscais recoñecidos para estas, nomeadamente os previstos na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
  • Dereito de asistencia xurídica gratuíta nos termos previstos na lexislación específica.
Beneficios concretos que comporta a declaración de utilidade pública para as persoas asociadas:
  • Desgravar na declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) un 20% das cantidades satisfeitas á asociación sobra a cota íntegra. Para isto, a asociación emitirá uns certificados nos que se recollan ditas achegas. Esta desgravación será aplicable a partir deste ano e para a declaración de 2015, que se presenta no ano 2016.

 

Beneficios concretos para persoas ou entidades por doazóns á Asociación:
  • As doazón á asociación realizadas por persoas e entidades poderán desgravar un 20% na declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).
 
A Xunta Directiva da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas (BAMAD-Galicia), declarada de utilidade pública
%d bloggers like this: