BAMAD GALICIA

Inicio » 2015 » Maio

Monthly Archives: Maio 2015

Creación de libros electrónicos en formato ePub 2.0 e introdución a outros formatos

tallerediciondix

Curso edición dixital: Creación de libros electrónicos en formato ePub 2.0 e introdución a outros formatos

Organizan: SIELAE, grupo de investigación Hispania, e o Departamento de Filoloxía Española e Latina da UDC.

As clases serán impartidas por un experto, na Facultade de Filología da Universidade da Coruña, 6-10 de xullo de 2015 (25 horas presenciais).

Destinado a quen desexe aprender a crear libros electrónicos en formatos compatibles con plataformas Windows e Mac OS, plataformas de tablets e móbiles.

ePub é o formato standard de eBook máis aceptado e común no mercado da publicación dixital e usado por gran número de vendedores de libros dixitais.

O curso está dirigido a un amplo público, desde estudantado que desexa adentrarse no coñecemento da edición dixital (da que podería facer a súa profesión) ata profesorado, autores ou libreiros que desexen adquirir autonomía nestas novas formas de difusión e venda de libros a través de plataformas dixitais (como Amazon).

PRAZAS LIMITADAS (30). Prazo solicitude, a partir do 20 de maio ata completar prazas.

Información e programa:  www.bidiso.es/sielae/

 

Advertisements

18 de maio, Día Internacional dos Museos 2015, DIM 2015

ICOM, o Consello Internacional de Museos, escolle cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, procurando compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade.

dim15

En 2015 esta xornada terá como tema: Museos para unha sociedade sustentable.

No presente, a humanidade debe adoptar modos de vida e de desenvolvemento compatibles cos límites da natureza. A transición cara a un tipo de sociedade sustentable pasa pola invención de novos métodos de pensamento e de acción. Promotores do desenvolvemento sustentable e auténticos laboratorios de prácticas exemplares, os museos actuais xogan un papel esencial nesta transición e deben consolidar a súa posición e facer oír a súa voz neste contexto.


O tema Museos para unha sociedad sustentable recoñece o papel dos museos para concienciar o público sobre a necesidade dunha sociedade menos derrochadora, máis solidaria e que aproveite os recursos dunha maneira más respeituosa cos sistemas biolóxicos.

Aplicando este conceito de sociedade sustentable aos museos, o tema do Día Internacional dos Museos pretende fomentar na sociedad unha maior concienciación sobre as repercusións actuais da acción do ser humano no planeta e das necesidades imperativas de cambiar o modelo económico e social.

O evento pode seguirse nas redes sociais coa etiqueta #DIM2015 e nas redes de ICOM:

Actividades no estado:

Os Museos estatais celebran a Noite e o Día a través dunha ampla programación de actividades coas que convidan a cidadanía a redescobrer as súas coleccións. Entrada gratuíta, prolongación de horario, apertura nocturna, concertos, obradoiros, visitas guiadas, dramatizacións teatrais…

 

Actividades en Galicia:

dim2015

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Museo Massó (Bueu)

Mupega: Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago)

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Museo de Belas Artes da Coruña

Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei)

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (Pontevedra)

  • Luns 18 de maio, todo o día: Xornada de portas abertas, Visitas escolares, Exposición: conservar e restaurar?, interpretación histórica de Pontevedra… Programa

Santiago de Compostela: Folleto das actividades

  • Folleto das actividades nos museos da cidade do 18 ao 23 de maio

tripticoDIM15

I Seminário Norte de Portugal – Galiza sobre Bibliotecas

Bibliotecas de Fronteira na Fronteira do Futuro

seminario

O Município de Valença no âmbito das comemorações do 10.º aniversário da Biblioteca Municipal de Valença (novo edifício) e em parceria com a BAD, Associação Portuguesa de Bibliotecários, Arquivistas e Documentalistas, e BAMAD GALICIA, Asociación de arquiveiros, bibliotecarios, museólogos e documentalistas de Galicia, vai promover o I Seminário Norte de Portugal – Galiza sobre Bibliotecas, que irá ter lugar em Valença, no dia 29 de Maio.

Pela segunda vez em Valença, no âmbito da biblioteconomia, especialistas portugueses e galegos, vão trocar experiências e boas práticas, comparar metodologias e métodos de trabalho, estabelecer pontes para futuras parcerias e projetos em conjunto. Nesta nova edição será também dada especial atenção ao trabalho em rede, aos desafios do mundo digital e ao papel social das bibliotecas.

Tendo em vista apresentar um conjunto diversificado de opiniões e contributos, convidamos a todos os profissionais da informação dos dois lados da fronteira a participar no referido Seminário, para mais informações e inscrições ver: http://bibliotecasdefronteiranafronteiradofutur.weebly.com/

 

Por parte galega participarán:

  • Cristina Rubal Gonzaléz, Subdiretora Xeral de Bibliotecas da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, “Situación das bibliotecas públicas galegas: unha aproximación a súa realidade”
  • Consuelo Meiriño Sanchez, Serviço de Sistema de Bibliotecas da Xunta da Galiza, “Actuacións innovadoras na rede de de bibliotecas públicas de Galicia: presente e futuro” 
  • Isabel Blanco, Rede de Bibliotecas da Coruña, “Nuevos tiempos, nuevas direcciones: como afronta la RBMAC los desafíos de la sociedad actual”
  • Anxo Alberto, Biblioteca Xosé Neira Vilas (Vigo) “Papel social das bibliotecas”

Programa

 

%d bloggers like this: