BAMAD GALICIA

Inicio » Cultura e Patrimonio » Museos » 18 de maio, Día Internacional dos Museos 2015, DIM 2015

18 de maio, Día Internacional dos Museos 2015, DIM 2015


ICOM, o Consello Internacional de Museos, escolle cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, procurando compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade.

dim15

En 2015 esta xornada terá como tema: Museos para unha sociedade sustentable.

No presente, a humanidade debe adoptar modos de vida e de desenvolvemento compatibles cos límites da natureza. A transición cara a un tipo de sociedade sustentable pasa pola invención de novos métodos de pensamento e de acción. Promotores do desenvolvemento sustentable e auténticos laboratorios de prácticas exemplares, os museos actuais xogan un papel esencial nesta transición e deben consolidar a súa posición e facer oír a súa voz neste contexto.


O tema Museos para unha sociedad sustentable recoñece o papel dos museos para concienciar o público sobre a necesidade dunha sociedade menos derrochadora, máis solidaria e que aproveite os recursos dunha maneira más respeituosa cos sistemas biolóxicos.

Aplicando este conceito de sociedade sustentable aos museos, o tema do Día Internacional dos Museos pretende fomentar na sociedad unha maior concienciación sobre as repercusións actuais da acción do ser humano no planeta e das necesidades imperativas de cambiar o modelo económico e social.

O evento pode seguirse nas redes sociais coa etiqueta #DIM2015 e nas redes de ICOM:

Actividades no estado:

Os Museos estatais celebran a Noite e o Día a través dunha ampla programación de actividades coas que convidan a cidadanía a redescobrer as súas coleccións. Entrada gratuíta, prolongación de horario, apertura nocturna, concertos, obradoiros, visitas guiadas, dramatizacións teatrais…

 

Actividades en Galicia:

dim2015

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Museo Massó (Bueu)

Mupega: Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago)

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Museo de Belas Artes da Coruña

Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei)

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (Pontevedra)

  • Luns 18 de maio, todo o día: Xornada de portas abertas, Visitas escolares, Exposición: conservar e restaurar?, interpretación histórica de Pontevedra… Programa

Santiago de Compostela: Folleto das actividades

  • Folleto das actividades nos museos da cidade do 18 ao 23 de maio

tripticoDIM15

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: