BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos » Declaracion BAMAD Galicia Día Internacional dos Arquivos 2015

Declaracion BAMAD Galicia Día Internacional dos Arquivos 2015


cropped-2322639175_e717bf716d_b.jpg

Declaración de BAMAD Galicia con motivo da celebración do día Día Internacional dos Arquivos o 9 de xuño.

 

O 9 de xuño de 2015, día Internacional dos Arquivos, en BAMAD GALICIA seguimos traballando pola defensa dos arquivos e dos profesionais que os atenden.

 

Neste día, tamén teremos que seguir denunciando posibles eliminacións descontroladas de documentos, tras producirse relevos nas institucións. Estas actuacións son contrarias non só aos principios e aos métodos de traballos da nosa profesión senón que infrinxen á lexislación.

 

Os responsables destes posibles comportamentos teñen que ter presente que a súa conduta podería merecer un reproche social do máximo nivel, xa que que o Código Penal recolle como delito a destrución de documentos realizada por funcionarios ou autoridades públicas cuxa custodia lle estea encomendada por razón do seu cargo (art. 413).

 

A Lei de arquivos e documentos de Galicia do ano 2014 tamén establece con claridade, no seu artigo 20, que as persoas titulares dos órganos administrativos e, en xeral, calquera persoa que por razón do desempeño dunha función pública tivese ao seu cargo documentos de titularidade pública, ao cesar nas súas funcións deberá entregarllos á persoa que a substitúa ou remitilos ao arquivo público que corresponda.

 

Volvemos a incidir en que estas situacións sería máis difícil que se producisen se a xestión documental e os arquivos estivesen atendidos por profesionais dos arquivos.

 

Neste día, lembrámoslles aos poderes públicos a súa responsabilidade na custodia destes documentos e que o traballo das arquiveiras e dos arquiveiros é fundamental para garantir a transparencia do funcionamento das institucións e para mellorar a calidade da nosa democracia.

 

Este 9 de xuño, será outro día para que as arquiveiras e arquiveiros, como todos os días, sigamos a traballar pola transparencia e a democracia.

 

A Coruña a 8 de xuño de 2015

A Xunta Directiva da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia

 

Actividades polo Día Internacional dos Arquivos (#IAD15) nos Arquivos Galegos: https://bamadgalicia.wordpress.com/2015/06/04/dia-internacional-dos-arquivos-2015/

 

Noticias relacionadas:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: