BAMAD GALICIA

Inicio » Actividades Bamad » Alegacións Anteproxecto de Lei de Patrimonio Cultural e Consello de Arquivos e Avaliación Documental

Alegacións Anteproxecto de Lei de Patrimonio Cultural e Consello de Arquivos e Avaliación Documental


alegaciones
Presentamos alegacións aos seguintes textos legais da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria:
  • Proxectos de Decretos que regulan o Consello de Arquivos e o Consello de Avaliación Documental de Galicia
  • Anteproxecto de Lei de Patrimonio Cultural

No caso dos proxectos de decretos de Arquivos as alegacións presentadas pola Asociación refírense á necesidade de esixir aos vogais representantes dos distinto sistemas de arquivos  que sexan arquiveiras o arquiveiros.

No caso do Anteproxecto de Lei de Patrimonio refírense ao artigo 109 no que se regula o patrimonio documental, en concreto  nos apartados 2b e 2c. A redacción do anteproxecto considera que forman parte do patrimonio documental os documentos anteriores a 1965 xerados, conservados ou reunidos, no exercicio das súas actividades, polas entidades e asociacións de carácter político, sindical ou relixioso, e polas entidades, fundacións e asociacións culturais e educativas de carácter privado; e os documentos anteriores a 1901 xerados, conservados ou reunidos por entidades particulares e persoas físicas. Para protexer os posteriores habería que acudir á protección recollida no apartado 3, o que suporía unha declaración expresa de protección, e ademais segundo vaia transcorrendo o tempo, para protexer estes documentos esixirase máis antigüidade.

A nosa Asociación propón que se opte por establecer un prazo de anos a partir do cal estes documentos pasan a formar parte do patrimonio documental, como tamén se fai na vixente Lei 8/1995 (artigo 77.1c), onde se establece os 40 ou os 100 anos, de antigüidade, segundo os casos; como determinante de esta condición, e non datas fixas.

Saúdos cordiais
A Xunta Directiva de BAMAD Galicia
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: