BAMAD GALICIA

Inicio » 2015 » Setembro

Monthly Archives: Setembro 2015

Como editar na Wikipedia: primeiros pasos desde institucións culturais: arquivos, bibliotecas e museos

wiki

Obradoiro Como editar na Wikipedia: primeiros pasos desde institucións culturais: arquivos, bibliotecas e museos

Actividade gratuíta para persoas asociadas a BAMAD Galicia 

Wikipedia é un proxecto de enciclopedia multilingüe e de contido libre baseado nun modelo editable abertamente.

Está escrita de maneira colaborativa por voluntarios anónimos que o realizan gratuitamente. Calquera persoa con acceso á internet pode escribir e facer cambios nos artigos da Wikipedia.

Desde a súa creación en 2001, a Wikipedia medrou rapidamente e converteuse na maior páxina web de referencia, atraendo millóns de visitantes creando novas entradas e actualizandose continuamente.

As institucións culturais e da memoria poden contribuír en grande maneira a mellorar os contidos en número e calidade ofrecendo información de interese e utilizando esta ferramenta como elemento de difusión de institucións e servizos.

  • Impartido por: Tomás Saorín Pérez, Documentalista da Comunidad de Murcia, Profesor asociado da Fac. de Comunicación e Documentación da Univ. de Murcia.
  • Modalidade: On Line
  • Datas: 14-25 outubro
  • Prazas: 25
  • Horas: 10h.
  • Obxectivo: ofrecer pautas básicas para profesionais da información para desenvolverse con eficacia nun entorno aberto de construción dunha fonte de información enciclopédica en liña. Funcións de difusión de información especializada e como aportar información de calidade aos artigos e recursos de Wikipedia.
  • Prezo: gratuíto socios Bamad / Non socios 25€
  • Programa
  • Matrícula electrónica
Advertisements

Traballadora da biblioteca municipal de Redondela participa no programa Vacacións con traballo

A traballadora do Concello de Redondela Mª José Villar, responsable da Biblioteca de Chapela, trasladarase no mes de Outubro a Cabo Verde, dentro do programa “Vacacións con Traballo”, do Fondo Galego de Cooperación.

Esta é a primeira vez que unha das actividades de cooperación deste programa se desenvolve no eido da biblioteca municipal.

O seu cometido, a desenvolver durante todo o mes, será a colaboración na biblioteca da cámara municipal de Santa Cruz, na illa caboverdiana de Santiago.

A actividade de colaboración coa biblioteca municipal da cámara municipal de Santa Cruz enche de alegría ás bibliotecas de Redondela, pero tamén a outras bibliotecas e entidades relacionadas.

Desde BAMAD Galicia manifestámolle a nosa alegría e felicitamos á nosa socia María José por esta boa noticia e ofrecémonos a prestarlle a axuda e asesoramento que poda precisar. Incorporar as bibliotecas municipais dentro dun programa de cooperación a través do Fondo Galego, supón un grande pulo para a visibilización das bibliotecas, tanto de cara aos usuarios, e á poboación xeral, como de cara aos responsables dos servizos municipais.

Desde Bamad tamén lle fixemos o encargo de que, nas medidas das súas posibilidades, nos envíe crónicas de interese para facer un seguimento do seu traballo de cooperación (que por outro lado tamén se poderá seguir no blogue do proxecto indicado máis abaixo). Á súa volta tamén poderá compartir con nós a súa experiencia que serva, sobre todo, para que outras persoas das bibliotecas locais nos animemos a participar.

Xunto a Mª José van a Cabo Verde outros compañeiros e compañeiras doutros concellos que prestarán os seus servizos noutros departamentos administrativos desta e doutra cámaras municipais de Cabo Verde e Nicaragua.

Vacacións con Traballo” é un programa de sensibilización e de cooperación técnica que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ven desenvolvendo nos últimos dez anos. Cada ano, técnicos municipais de diferentes áreas e especialidades desprázanse, grazas a este programa, cara a países onde o fondo está desenvolvendo actividades de apoio ao desenvolvemento. Para participar, os candidatos preséntanse nunha convocatoria e pasan despois por unha selección, onde se valoran tanto os seus currículos como a súa adaptación ás necesidades da entidade que os vai acoller. No Sur o seu traballo encádrase dentro do ámbito local, ben directamente nas cámaras municipais ou ben a través de ONGDs locais.

Vacacións con Traballo ten sobre todo unha finalidade de sensibilización, xa que as e os profesionais participantes intercambian experiencias, toman conciencia das desigualdades e se converten en axentes da transformación social cara actitudes solidarias.

As súas experiencias poderemos seguilas en: https://vacacionscontraballo.wordpress.com

MÁIS INFORMACIÓN:

– Blogue das Bibliotecas de Redondela: A nosa compañeira Mª José, cooperante nunha biblioteca municipal de Cabo Verde

– Vacacións con Traballo: Persoal de seis concellos galegos cooperará con Nicaragua e Cabo Verde nas Vacacións con Traballo 

%d bloggers like this: