BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » Bibliotecas municipais » Traballadora da biblioteca municipal de Redondela participa no programa Vacacións con traballo

Traballadora da biblioteca municipal de Redondela participa no programa Vacacións con traballo


A traballadora do Concello de Redondela Mª José Villar, responsable da Biblioteca de Chapela, trasladarase no mes de Outubro a Cabo Verde, dentro do programa “Vacacións con Traballo”, do Fondo Galego de Cooperación.

Esta é a primeira vez que unha das actividades de cooperación deste programa se desenvolve no eido da biblioteca municipal.

O seu cometido, a desenvolver durante todo o mes, será a colaboración na biblioteca da cámara municipal de Santa Cruz, na illa caboverdiana de Santiago.

A actividade de colaboración coa biblioteca municipal da cámara municipal de Santa Cruz enche de alegría ás bibliotecas de Redondela, pero tamén a outras bibliotecas e entidades relacionadas.

Desde BAMAD Galicia manifestámolle a nosa alegría e felicitamos á nosa socia María José por esta boa noticia e ofrecémonos a prestarlle a axuda e asesoramento que poda precisar. Incorporar as bibliotecas municipais dentro dun programa de cooperación a través do Fondo Galego, supón un grande pulo para a visibilización das bibliotecas, tanto de cara aos usuarios, e á poboación xeral, como de cara aos responsables dos servizos municipais.

Desde Bamad tamén lle fixemos o encargo de que, nas medidas das súas posibilidades, nos envíe crónicas de interese para facer un seguimento do seu traballo de cooperación (que por outro lado tamén se poderá seguir no blogue do proxecto indicado máis abaixo). Á súa volta tamén poderá compartir con nós a súa experiencia que serva, sobre todo, para que outras persoas das bibliotecas locais nos animemos a participar.

Xunto a Mª José van a Cabo Verde outros compañeiros e compañeiras doutros concellos que prestarán os seus servizos noutros departamentos administrativos desta e doutra cámaras municipais de Cabo Verde e Nicaragua.

Vacacións con Traballo” é un programa de sensibilización e de cooperación técnica que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ven desenvolvendo nos últimos dez anos. Cada ano, técnicos municipais de diferentes áreas e especialidades desprázanse, grazas a este programa, cara a países onde o fondo está desenvolvendo actividades de apoio ao desenvolvemento. Para participar, os candidatos preséntanse nunha convocatoria e pasan despois por unha selección, onde se valoran tanto os seus currículos como a súa adaptación ás necesidades da entidade que os vai acoller. No Sur o seu traballo encádrase dentro do ámbito local, ben directamente nas cámaras municipais ou ben a través de ONGDs locais.

Vacacións con Traballo ten sobre todo unha finalidade de sensibilización, xa que as e os profesionais participantes intercambian experiencias, toman conciencia das desigualdades e se converten en axentes da transformación social cara actitudes solidarias.

As súas experiencias poderemos seguilas en: https://vacacionscontraballo.wordpress.com

MÁIS INFORMACIÓN:

– Blogue das Bibliotecas de Redondela: A nosa compañeira Mª José, cooperante nunha biblioteca municipal de Cabo Verde

– Vacacións con Traballo: Persoal de seis concellos galegos cooperará con Nicaragua e Cabo Verde nas Vacacións con Traballo 

Advertisements

2 Comentarios

  1. […] xa informamos na noticia: Traballadora da biblioteca municipal de Redondela participa no programa Vacacións con traballo, realizará o seu traballo na Biblioteca Municipal de Santa Cruz. A súa primeira crónica pode […]

  2. […] das bibliotecas de Galicia, en especial ás asociacións Bamad Galicia, que están a facer un seguemento da miña estadía neste programa e mais tamén da Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia. Grazas a todos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: