BAMAD GALICIA

Inicio » 2015 » Outubro (Páxina 2)

Monthly Archives: Outubro 2015

Advertisements

Primeira crónica desde a Biblioteca de Santa Cruz en Cabo Verde

A nosa compañeira bibliotecaria María José Villar, da Axencia de Lectura de Chapela  (Rede de bibliotecas de Redondela) envíanos a primiera crónica desde a súa chegada á illa de Santiago onde realizará labores de cooperación dentro do programa Vacacións con Traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

 

Como xa informamos na noticia: Traballadora da biblioteca municipal de Redondela participa no programa Vacacións con traballo, realizará o seu traballo na Biblioteca Municipal de Santa Cruz. A súa primeira crónica pode lerse na noticia publicada no blogue de Vacacións con Traballo: Primeiro contacto coa biblioteca da Cámara Municipal de Santa Cruz, artigo no que nos presenta a biblioteca e o seu responsable.

BibStaCruz

Adentrándonos na materia bibliotecaria, un dos seus cometidos será axudar na automatización dos fondos. Neste sentido a biblioteca carece de programa de xestión bibliotecaria e están procurando programas adecuados para a xestión da biblioteca. Nesta semana visitará a  Biblioteca Nacional de Cabo Verde para ver as posibilidades de información e apoio ao proceso de automatización do catálogo.

Desde Bamad desexámoslle moita sorte e animámola a que siga coas súas crónicas.

Advertisements

Curso: Linked Open Data para Bibliotecas

lod

Linked Open Data para Bibliotecas: teoría e práctica

Este curso pretende dar a coñecer o paradigma dos datos enlazados (Linked Open Data). As técnicas e métodos de datos enlazados son cada vez máis demandadas e utilizadas polas bibliotecas, arquivos e museos para facilitar a interoperabilidade no Web e permitir novas aplicacións baseadas nestes datos. O curso tratará o tema tanto desde un punto de vista teórico, traballando cos conceptos fundamentais, como desde un punto de vista práctico, traballando con ferramentas “open source” en problemas reais e aplicados.

  • Impartido por: Daniel Vila Suero, membro do Ontology Engineering Group (OEG), autores do portal datos.bne.es.
  • Modalidade: En liña
  • Datas: Novembro
  • Prazas: 30
  • Horas: 20h.
  • Obxectivo: Coñecer o proceso de creación de datos abertos e enlazables que permitan compartir a información dos catálogos.
  • Prezo: Socios 65€ / Non socios 125€
  • Programa
  • Matrícula electrónica
%d bloggers like this: