BAMAD GALICIA

Inicio » 2016 » Marzo

Monthly Archives: Marzo 2016

Abril 2016, mes do libro

Abril, mes do Libro

En Abril celebramos dúas datas importantes para as bibliotecas o Día do Libro infantil e Xuvenil, o 2 de Abril, e o Día do Libro, 23 de Abril.

O Día do Libro Infantil e Xuvenil é fomentado polo IBBY (International Board on Books for Young People) e levado aos distintos territorios polas organización do libro infantil e xuvenil. No caso Galego a actividade é fomentada por Gálix e cada ano o IBBY encárgalle o manifesto e a ilustración a unha das organizacións nacionais que forman parte da organización. Este ano o Manifesto e a a ilustración foron realizados pola organización Brasileira: texto de Luciana Sandroni e ilustracións de Ziraldo.

No blogue de Gálix informan de como se sumar a esta iniciativa desde a Biblioteca e outras entidades.

Cartel e Folleto

cartaz_23A_2016

Como cada ano queremos anunciar algunhas das actividades que se celebrarán nas Bibliotecas Galegas.

 

Actividades nas Bibliotecas Galegas (en contrución):

 Corcubión: Biblioteca Municipal

  • 23 de abril: Libros En-cantados con Magín Blanco, ás 12h.

Magín Blanco.JPG

 

A Guarda: Biblioteca Municipal

  • Durante todo o mes: Certame de microrrelatos
  • 2 de Abril: cinema familiar: O Fabuloso Andersen, 17,30h. no salón de actos do Centro Cultural.
  • 22 de Abril: cine, Os Miserables, 21h. no salón de actos do Centro Cultural.
  • 23 de Abril: “Contos contados polo Día do Libro” e obradoiro “Anímate a Ler“, 11.30h.
  • Programa completo

 

Coruña: Biblioteca Pública Miguel González Garcés

  • 2 de Abril: Contos de Pablísimo: Mans: espectáculo de teatro e narración oral, 12h.
  • Pablísimo: Adopta un animal: un caracol
  • Programa completo

pablisimo

 

Lugo: Biblioteca Pública

  • Concurso da OEPLI: Adopta un animal.
  • Mostra Bibliográfica: 4º centenario da morte de Cervantes. As edicións do Quixote na Biblioteca de Lugo.
  • 1 de Abril: Contaconto: Continentes: contos do mundo, con Chus Álvarez, ás 18h.
  • 22 Abril: visitas guiadas
  • 25 Abril: sorteo de libros
  • Programa completo

 

Ortigueira: Biblioteca Juan Fernández Latorre

  • Abril: durante todo o mes exposición: Nós contamos así
  • 5 e 6 de Abril: Obradoiros creativos para nenos e nenas de 3 a 8 anos
  • 20 de Abril: Contos que deixan pegada con  Pavís Pavós
  • 21 de Abril: III edición de Séntate a Ler

Cartel

 

Ourense: Biblioteca Pública

  • 2 de Abril: Teatro de sombras e Obradoiro O Monstro de Cores co Colectivo As Raiolas, ás 12h.

 

Pontevedra

Salón do Libro:  No Pazo da Cultura durante todo o mes

salonlibro2016

 

Redondela: Rede de Bibliotecas

  • 31 de Marzo: Pregón do Día do Libro na Radio de Redondela
  • 6 de Abril: Babar o Contacontos con maría José Villar, na Biblioteca de Redondela, 10.45h.
  • Exposición Jean de Brunhoff e Babar: Mostra bibliográfica, no edificio multiusos
  • 8 de Abril: Contos para bebés con Pavís Pavós, ás 18h. na Axencia de Lectura de Chapela,
  • 16 de Abril: Visita do Club infantil de lectura de Chapela aos estudos de Radio Redondela e gravación de programa de radio no matinal A Estación
  • 20 de Abril: Contacontos “O Poeta do Miño, unha homenaxe a Manuel María” con Polo Correo do Vento
  • 22 de Abril: Contacontos, Érase unha vez uns zapatos con Fátima Fernández, ás 18h. na Biblioteca de Redondela

babar

 

Ribadavia: Biblioteca Municipal

  • Abril: Mostra bibliográfica infantil sobre o Teatro.
  • Exposición dos primeiros carteis da Mostra Internacional de Teatro na Casa da Cultura de Ribadavia
  • 2 de abril: teatro con Tarabelos e “O traxe novo do rei” para maiores de 3 anos
  • 23 de abril: con Trécola Teatro e “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa”

RibadaviaTeatro.JPG

 

Santiago de Compostela:

Biblioteca Pública Ánxel Casal:

SantiagoBP_Abril16

 

Concello de Santiago: “Contos para despois da chuvia”, XVI Campaña municipal de Animación á lectura con Kalandraka. Do 1 de abril ao 14 de maio na Galería Sargadelos.

Máis información

Cartel-XVI-klk-Stgo-2016

 

Biblioteca Fundación Eugenio Granell

  • 20 e 21 de abril: Libro por libro: feira de intercambio de libros de arte, 20 e 21 de abril.
  • 22 de abril: Bookcrossing
  • Programa completo

 

O Saviñao: Biblioteca Municipal

Do 28 de marzo ó 8 de abril:

  • Exposición de libros protagonizados por animais, para inspirarvos a que participedes no …
  • ConcursoAdopta un animal de conto”.
  • Cada préstamo que se realice levará un préstamo sorpresa que non se verá ata chegar á casa.

O día 1:

  • Lectura e reparto de trípticos da mensaxe de Luciana Sandroni con ilustración de Ziraldo, conmemorativos desta data.
  • Presentación da “Casa dos Libros”. Casa para que os usuarios pinten colocada na praza.
  • Contacontos con obradoiro de encadernación.

Os días 8, 15 e 22 de abril, obradoiros “Palabras creativas”, a cargo de Arelar Xestión Socioeducativa.

Do 18 ó 22 de abril:

  • Regalo dunha rosa de papel elaborada nos talleres de origami da biblioteca.
  • “Cita a cegas”: ofrecerase un préstamo sorpresa cun libro envolto, con algunha pista sobre o seu contenido.

Aberto prazo entrega certames: III Certame de Divulgación Mulleres de Lemos, e Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas.

Máis información

 

Sober: Biblioteca Pública Municipal

  • 1 de Abril: Merenda con contos: Como me gustan os contos de Andersen.
  • 8 de Abril: IV centenario de Cervantes: Merenda con contos, preparación exposición polo centenario.
    • Os retratos no Quixote, obradoiro de manualidades, retratos dosa personaxes.
    • Lecturas do Quixote
  • 15 de Abril: Titeremusicontos: A xanela do Maxín
  • 20 de Abril: contacontos: Catrocentos anos despois: A trastenda dos contos con Caxoto.
  • 22 de Abril: Exposición IV centenario de Cervantes
    • A trastenda dos contos con Caxoto
    • Bookcrossing
  • 29 de Abril: IV Mercadillo dos libros
  • Programa completo

Sober16

Teo: Biblioteca dos Tilos

  • 2 de Abril: na Mediateca dos Tilos: Contaconstos Riciños de Ouro con TrinkeTrinke, 18h.

tilos

 

Verín: Biblioteca Pública Municipal

  • 30 de Marzo a 14 de Abril: Ciclo de Conferencias de Novela Negra
  • 1 de Abril: Contacontos e Manualidades realizadas polo persoal voluntario da biblioteca, ás 18h.
  • 4 e 5 de Abril: Visitas escolares
  • 20 de Abril: Semana do Libro: Contacontos e Manualidades realizadas polo persoal voluntario da biblioteca.
  • 22 de Abril: Quijote galego: a vida de Miguel de Cervantes, por César Brandariz
  • Programa completo

Verin16

 

Vigo: Biblioteca Xosé Neira Vilas

  • 1 de Abril: Obradoiro con Ramón Trigo, 18h.
  • Do 1 ao 16 de Abril: Mostra bibliográfica: títulos actuais de LIX
  • 25 de Abril: Obradoiro de papel mármore, 18h.
  • Do 18 ao 30 de Abril: 400 anos de Cervantes, Mostra bibliográfica
  • Programa completo
Advertisements

Obradoiro de mediación lectora “Imos cazar un oso” ou como contar dramatizando

salonlibro2016

Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2016
Canta bichería!

O Salón do Libro de Pontevedra realízase este ano entre o 1 e o 23 de Abril, aínda que xa desde o 21 de Marzo ofrece actividades para todos os públicos dentro dun amplo programa.

Este ano, como novidade de interese para a nosa asociación, Bamad Galicia, foi convidada a participar realizando unha actividade dentro do Salón. Desta maneira o sábado 16 de Abril ofrecemos unha actividade de dinamización lectora dirixida a profesionais das bibliotecas e persoas interesadas.

 

Obradoiro de mediación lectora “Imos cazar un oso” ou como contar dramatizando

Formadora: Alexia Dotras Bravo, profesora da Escola Superior de Educação de Bragança, Centro de Literatura Portuguesa. Coordina clubes de lectura para adultos en institucións culturais (bibliotecas, librerías…), actividades de mediación á lectura, iniciación á literatura. Ten participado en charlas, feiras do libro, e actividades de contacontos e narración oral.

Duración: 6h. en quenda de mañá e tarde

Data: sábado 16 de Abril

Certificado de asistencia

Prazas: 25

Prezo: gratuíto (prioridade membros de Bamad até o 3 de abril)

Matrícula gratuíta. Inscrición previa

Programa:

  • Coñecemento dos recursos: literatura oral, literatura culta, editoriais, autores e ilustradores actuais…
  • Recursos para contar: expresión oral, exprsión xestual, expresión corporal. Ler e contar.  Textos e memoria.
  • Escolla de conto para contar e ensaios
  • Concepto de dramatización: recursos necesarios. Uso da cara,do corpo, da voz, da roupa.
  • Exercicios prácticos: guiados, improvisación con música, uso de sons e imaxes…
  • Preparación do conto final. Aqui contamos tod@s e tod@s contamos.

Escoller ben os relatos, coñecer o mundo editorial do álbum ilustrado, diferenciar ler de contar, coñecer as claves da dramatización para o contacontos… son algunhas das accións en que nos mergullaremos, creando unha atmósfera lúdica e literaria, onde tod@s participemos, para acabar contando tod@s.

A esencia do conto reside na capacidade de “facer como se”, e para iso precisamos de certos recursos. Cada día utilizamos a voz, o xesto, o corpo para relatar as cousas que nos suceden, poñéndonos no lugar de outros. O xogo da dramatización acompáñanos de maneira semi-inconsciente, así que imos darlle toda a relevancia posible, coñecendo os seus mecanismos, teatralizando sitaucións cotiás e creando un ambiente dramático, no seu senso máis intenso. O mismo concepto de “dramatización” remite á acción, á representación; comenzaremos, logo, polo principio dos principios.

Memoria Actividades Bamad Galicia 2015

Presentación da Memoria de actividades 2015 de Bamad Galicia

MemoriaBamad_2015Preme na imaxe para acceder ao contido completo da Memoria de actividades

 

Presentamos a Memoria anual de actividades da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia, Bamad Galicia, correspondente ao ano 2015. Dámos conta da situación actual en canto á estrutura organizativa, actividades realizadas, ao programa de formación levado a cabo pola Asociación.

Como en anos anteriores, os eixos de traballo foron: a defensa das nosas profesións, a posta en marcha de actividades formativas e o contacto coas persoas asociadas.

O ano 2015 foi o primeiro no que a nosa asociación navegou cun novo acrónimo, escollido en 2014, e un novo logotipo aprobado en marzo de 2015. O cambio de acrónimo significou tamén ter que presentar publicamente ante os medios de comunicación a Asociación para que fose coñecida e recoñecida como representante social dos profesionais do noso sector.

Como elemento máis salientábel temos que destacar o de sermos recoñecidos como Asociación de utilidade pública que, non sen esforzo, nos levou conseguir durante boa parte do 2014 e que se viu recoñecida a comezos de 2015 xa co novo acrónimo da Asociación.

Para a defensa das nosas profesións seguimos mantendo contacto coas administracións, solicitamos e asistimos a reunións, presentamos alegacións a textos legais e a plans estratéxicos, e intentamos responder ás demandas das persoas asociadas cando nos comunicaron algunha actuación das administracións contraria aos nosos intereses profesionais.

Este ano realizamos catro actividades formativas que tiveron boa acollida. Ofertamos unha actividade gratuíta para persoas socias, que vamos consolidando nos últimos anos. Volvemos a contar cunha subvención de Fesabid para algunhas das actividades realizadas. Ademais, mantivemos a colaboración coa Fegamp na realización dunha nova actividade formativa.

Mantivemos o contacto coas persoas asociadas a través do correo electrónico. Intentamos que a transparencia fose un dos nos eixos principais de traballo e que esteades ao tanto de todas as actuacións da Asociación.

A nosa imaxe cara ao exterior mantivémola a través do blogue, de facebook e twitter. A páxina de Facebook, crece pouco a pouco en seguidores e no Twitter temos moita presenza. Baixouse, porén, no número de publicación de noticias no blogue, e polo tanto de lectores do mesmo. Tendencia que, por outro lado, é algo que está ocorrendo socialmente, deixando de publicar en blogues para levar a comunicación directamente ás redes sociais.

En relación coa comunicación este ano non conseguimos editar ningún número do Boletín, sendo o último o nº 11 publicado en 2014. Intentaremos retomalo e contar coa colaboración das persoas asociadas para mantelo.

Neste ano 2015 o número de persoas asociadas diminuíu un pouco con respecto aos dous anos anteriores no que víñamos notando un incremento. Achacamos a subida dos anos anteriores á convocatoria de oposicións e á posibilidade de poder desfrutar dos cursos promovidos pola Asociación, a caída coincide tamén por nos encontrar nun período sen convocatorias de oposicións á vista.

 

Por último, non queremos deixar de comunicarvos que neste ano 2015 perdemos a nosa compañeira da Xunta Directiva e de moitos anos na asociación, Marta Alonso, que nos últimos anos viña realizando as tarefas de tesoureira. Non vos comunicamos o seu falecemento, por expreso desexo da súa familia, xa que decidiron manter o seu pasamento na intimidade. Agora, pasado xa algún tempo, non podemos mais que recoñecer e agradecer a súa achega á Asociación nestes anos nos que formou parte da mesma. O seu traballo desinteresado en pro da defensa das nosas profesións, o seu bo facer o e os bos momentos que pasamos xunto dela formarán parte dos nosos recordos e da pequena historia desta asociación. Botarémola de menos.

 

A Xunta Directiva

Febreiro 2016

%d bloggers like this: