BAMAD GALICIA

Inicio » Noticias Bamad » Memoria Actividades Bamad Galicia 2015

Memoria Actividades Bamad Galicia 2015


Presentación da Memoria de actividades 2015 de Bamad Galicia

MemoriaBamad_2015Preme na imaxe para acceder ao contido completo da Memoria de actividades

 

Presentamos a Memoria anual de actividades da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia, Bamad Galicia, correspondente ao ano 2015. Dámos conta da situación actual en canto á estrutura organizativa, actividades realizadas, ao programa de formación levado a cabo pola Asociación.

Como en anos anteriores, os eixos de traballo foron: a defensa das nosas profesións, a posta en marcha de actividades formativas e o contacto coas persoas asociadas.

O ano 2015 foi o primeiro no que a nosa asociación navegou cun novo acrónimo, escollido en 2014, e un novo logotipo aprobado en marzo de 2015. O cambio de acrónimo significou tamén ter que presentar publicamente ante os medios de comunicación a Asociación para que fose coñecida e recoñecida como representante social dos profesionais do noso sector.

Como elemento máis salientábel temos que destacar o de sermos recoñecidos como Asociación de utilidade pública que, non sen esforzo, nos levou conseguir durante boa parte do 2014 e que se viu recoñecida a comezos de 2015 xa co novo acrónimo da Asociación.

Para a defensa das nosas profesións seguimos mantendo contacto coas administracións, solicitamos e asistimos a reunións, presentamos alegacións a textos legais e a plans estratéxicos, e intentamos responder ás demandas das persoas asociadas cando nos comunicaron algunha actuación das administracións contraria aos nosos intereses profesionais.

Este ano realizamos catro actividades formativas que tiveron boa acollida. Ofertamos unha actividade gratuíta para persoas socias, que vamos consolidando nos últimos anos. Volvemos a contar cunha subvención de Fesabid para algunhas das actividades realizadas. Ademais, mantivemos a colaboración coa Fegamp na realización dunha nova actividade formativa.

Mantivemos o contacto coas persoas asociadas a través do correo electrónico. Intentamos que a transparencia fose un dos nos eixos principais de traballo e que esteades ao tanto de todas as actuacións da Asociación.

A nosa imaxe cara ao exterior mantivémola a través do blogue, de facebook e twitter. A páxina de Facebook, crece pouco a pouco en seguidores e no Twitter temos moita presenza. Baixouse, porén, no número de publicación de noticias no blogue, e polo tanto de lectores do mesmo. Tendencia que, por outro lado, é algo que está ocorrendo socialmente, deixando de publicar en blogues para levar a comunicación directamente ás redes sociais.

En relación coa comunicación este ano non conseguimos editar ningún número do Boletín, sendo o último o nº 11 publicado en 2014. Intentaremos retomalo e contar coa colaboración das persoas asociadas para mantelo.

Neste ano 2015 o número de persoas asociadas diminuíu un pouco con respecto aos dous anos anteriores no que víñamos notando un incremento. Achacamos a subida dos anos anteriores á convocatoria de oposicións e á posibilidade de poder desfrutar dos cursos promovidos pola Asociación, a caída coincide tamén por nos encontrar nun período sen convocatorias de oposicións á vista.

 

Por último, non queremos deixar de comunicarvos que neste ano 2015 perdemos a nosa compañeira da Xunta Directiva e de moitos anos na asociación, Marta Alonso, que nos últimos anos viña realizando as tarefas de tesoureira. Non vos comunicamos o seu falecemento, por expreso desexo da súa familia, xa que decidiron manter o seu pasamento na intimidade. Agora, pasado xa algún tempo, non podemos mais que recoñecer e agradecer a súa achega á Asociación nestes anos nos que formou parte da mesma. O seu traballo desinteresado en pro da defensa das nosas profesións, o seu bo facer o e os bos momentos que pasamos xunto dela formarán parte dos nosos recordos e da pequena historia desta asociación. Botarémola de menos.

 

A Xunta Directiva

Febreiro 2016

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: