BAMAD GALICIA

Inicio » 2016 » Xuño

Monthly Archives: Xuño 2016

Advertisements

CLOUD COMPUTING, OPORTUNIDADE PARA PROFESIONAIS DA INFORMACIÓN

CURSO: CLOUD COMPUTING, OPORTUNIDADE PARA PROFESIONAIS DA INFORMACIÓN

2016CloudComputing

Enfocado a profesionais da Biblioteconomía e a Documentación así como a alumnado que queira aprofundar en ferramentas baseadas na tecnoloxía cloud. Os contidos organízanse en catro módulos nos que se introducirá o alumnado nos distintos modelos cloud e a súa  vinculación directa co mundo das bibliotecas y os centros de documentación.

Durante o curso facilitaranse contidos teóricos e exemplos prácticos, que o alumnado deberá ler, analizar e asimilar, e propoñeranse espazos de debate e exercicios prácticos.

Impartido por: Mariana López Hurtado (Arquivo da Deputación de Alicante) e Francisco José Valente Ruíz (Consultor de Odilo)

Modalidade: En liña

Datas: do 12 de setembro ao 8 de outubro

Prazas: 25

Horas: 20

Prezo: 70€ socios / 100€ Non socios

Obxectivos: Proporcionar unha visión clara da evolución e situación das tecnoloxías na nube. Realizar un percorrido a través das distinatas categorías de ferramentas na nube. Analizar as vantaxes e inconvenientes dos servizos e solucións cloud computing frente a outras alternativas. Determinar criterios de valoración e selección en función das necesidades de cada centro.

Programa

Matrícula electrónica

Advertisements

Declaración Bamad Galicia polo Día Internacional dos Arquivos 2016

ica

O 9 de xuño de cada ano celebramos o Día Internacional dos Arquivos. Os profesionais estamos de celebración.  É un día especial, organizamos actividades, recibimos máis visitantes, abrimos de par en par as portas e ventás  dos nosos centros.

Convidamos á cidadanía a nos coñecer, a facer dos arquivos un centro próximo,  que  nos  axuda, que  garante os nosos dereitos e as nosas obrigas e que preserva a nosa memoria.

Neste día especial queremos tamén convidar a visitarnos aos responsables das administración públicas para que nos coñezan de perto. Para que vexan como nestes últimos anos:

  • se reduciu o persoal  e os orzamentos dos arquivos da Xunta de Galicia,
  • os edificios desta administración están colapsados e non dispoñen de espazo para realizar a súas funcións,
  • e en cidades como Vigo e Santiago segue sen existir prazas de profesionais dos arquivos. Que se podería dicir cando se trata de concellos máis pequenos…

Neste día especial  aquí estaremos a traballar, e mañá tamén.

Desde BAMAD Galicia celebramos e traballamos polo recoñecemento dos profesionais que nesta situación seguen traballar sen desmaio.

Na Coruña a 9 de Xuño de 2016

A Xunta Directiva de Bamad Galicia

Dia Internacional dos Arquivos 2016

IAD2016

Celebración do Día Internacional dos Arquivos 2016

O día 9 de xuño os arquivistas de todo o mundo celebramos a importancia da nosa profesión. Ese día de 1948 foi creado o Consello Internacional de Arquivos (ICA/CIA) promovido pola Unesco. En 2007 o CIA decide adicar esa data a comemorar e visibilizar os arquivos e a profesión.

O lema deste ano é “Arquivos, Harmonía e Amizade” e o Consello Internacional de Arquivos fai un chamamento a compartir experiencias, a importancia do noso traballo e a demostrar que a profesión arquivística é divertida, inclusiva, variada e que contribúe, aporta e é útil para a sociedade.

O mesmo lema utilizarase tamén para o Congreso que o Consello Internaciol de Arquivos celebrará en Seúl do 5 ao 10 de setembro.

As actividades oficiais ao redor desta data poden seguirse nas redes sociais promovidas polo propio Consello:

 

Galicia:

Algunhas actividades nos arquivos galegos (en construción):

Actividades nos Arquivos de Galicia dependentes da administración da Xunta de Galicia

 

ARQUIVO DE GALICIA

  • Do 6 ao 10 de Xuño: exposición de documentos da Real Sociedade Económica de Amigos do País. Visitas de 9 a 14h. Reservas: arquivogalicia.cultura@xunta.es, tel.: 881 999 665
  • Día 9 de xuño: Xornada de portas abertas e Vistas guiadas ás 9 e 14h.
  • Día 9 de xuño: 11h. presentación do depósito do arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos do País.

Máis información

 

ARQUIVO INTERMEDIO MILITAR NOROESTE DE FERROL

  • Día 9 de xuño: Visitas guiadas ás 10.30 e 12.30h.: Tel. : 981 319 009 e correo electrónico mriaqui@et.mde.es

Máis información

 

ARQUIVO DO REINO DE GALICIA

Día 9 de xuño:

  • 10,30h. e 17h. Coñecer o Arquivo: visitas guiadas ás instalacións do arquivo e á mostra documental.
  • 11.30h. e 18h. Obradoiro de pergamiño
  • 18h. Obradoiro de encadenación

Reservas: 881 960 360, arq.reino.galicia@xunta.gal

 

ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO

Día 9 de xuño:

  • Visitas guiadas: durante todo o día
  • 11h. Documentos singulares: “Estatística escolar da Escola da Ermida”

Reservas: 982 828 318. ahp.lugo.informacion@xunta.gal

 

ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE OURENSE

Xornadas de portas abertas: os días 7, 8, 9 e 10 de xuño. Visitas teatralizadas ás instalacións do arquivo:

  • Obradoiro didáctico: O segredo dos Franciscanos: días 7 e 9 ás 18,30h. e 8 ás 18,30h.
  • O arquivo: unha viaxe a través da porta do tempo: días 9 e 10 ás 12 e 19h.
  • 9 de xuño: proxección da curtametraxe “O Fénix da memoria”, ás 20.15h.

Reservas: begogal@xeitura.com, ou tel.: 650 057 011 e 988 788 228 e arq.prov.ourense@xunta.gal

Programa completo

iad16ourense

 

ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Xornadas de portas abertas: os días 9 e 10 de xuño. Visitas ás instalacións e mostra de documentos medievais de fontes para a toponimia:

  • Xoves 9: ás 12 e 17h.
  • Venres 10: ás 12h.
  • Día 10 de xuño ás 19h. Conferencia e velada musical: Arquivos, toponimia e tradición oral con Xosé Lois Vilar Pereira e ás 20h. Velada musical a cargo das violinistas Antía García e Montserrat Vilasante.

Reservas: 986 852 118, arq.historico.pontevedra@xunta.gal

Programa completo

IAD16PO

 

ARQUIVO CENTRAL DA CONSELLARÍA DE CULTURA

9 de xuño: Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás 10 e 12h.

Reservas: 981 957 573, arquivo.cultura.sc@xunta.gal

 

ARQUIVO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN LUGO

9 de xuño: Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás 10 e 12h.

Reservas: 982 294 240

 

ARQUIVO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN PONTEVEDRA

9 de xuño: Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás 10 e 12h.

Reservas: 886 206 617, arquivo.cultura.pontevedra@xunta.es

 

ARQUIVO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN VIGO

9 de xuño: Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás 10 e 12h.

Reservas: 986 817 799 / 986 817 620, arquivo.vigo@xunta.gal

%d bloggers like this: