BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos » Declaración de Bamad Galicia ante os recortes de persoal no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)

Declaración de Bamad Galicia ante os recortes de persoal no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)


DECLARACIÓN DE BAMAD GALICIA ANTE OS RECORTES DE PERSOAL NO CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE (CGAI)

cgai

A Asociación BAMAD Galicia de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas Museos e Centros de Documentación de Galicia, tense manifestado en numerosas ocasións contra os recortes de persoal nas nosas áreas, como o manifestamos ante a Consellaría en numerosas ocasións nas diferentes reunións mantidas cos Conselleiros e co Secretario Xeral ao longo destes anos, e en declaracións públicas efectuadas ao efecto posicionándonos contra unha reforma da RPT (Relación de Postos de Traballo) na que se amortizan numerosas prazas de profesionais dos arquivos, bibliotecas e museos dependentes da Xunta de Galicia.

Unha vez máis temos coñecemento polos sindicatos e os medios de comunicación que se pretende reducir, até a situación de asfixia, o persoal dunha institución como o Centro Galego de Artes da Imaxe, que debería velar pola conservación do patrimonio audiovisual do noso pobo.

O CGAI é unha institución importante e imprescindíbel para a conservación da nosa memoria e dos produtos artísticos e documentais audiovisuais que recollen parte da nosa identidade. A existencia dunha institución destas características é imprescindíbel para podermos conservar estes documentos ao longo do tempo, con garantías de calidade e que cumpran as normas e requerimentos necesarios para a preservación.

Cremos que unha institución así non só non debe ser desmantelada senón que, ao contrario, debe contar con máis recursos para poder ofrecer as mellores condicións para a conservación e preservación para as xeracións futuras dos materiais audiovisuais que contribuimos a crear como pobo e que reflicten as nosas expresión culturais e artísticas ao longo do tempo.

Solicitamos da Consellaría de Cultura e da Xunta de Galicia un plan de mellora deste Centro que contribúa a dotalo das mellores condicións de profesionais e de instalacións que contribúan á conservación do importante fondo documental que conserva esta institución.

Na Coruña a 3 de xuño de 2016

A Xunta Directiva de BAMAD Galicia

IMG_20160603_091819

Advertisements

1 comentario

  1. Puri di:

    Creo imprescindible el mantenimiento del Centro Gallego de Artes e Imagen
    por la meritoria labor de conservación de los fondos Audiovisuales de Galicia. Por su importancia y gran labor de difusión y conservación de su fondos. También por facilitar el conocimiento de los films que proyecta, por su calidad y amigable acceso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: