BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » 24 de outubro, Día da Biblioteca 2016

24 de outubro, Día da Biblioteca 2016


O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas que se ven celebrando desde o ano 1997 nas bibliotecas españolas.

Esta actividade, promovida pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, ten como obxectivo concienciar a sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor do persoal bibliotecario.

Cada ano unha persoa autora e unha ilustradora, de recoñecido prestixio, son os encargadas da redacción do pregón e o deseño do cartaz que se difunde entre todas as bibliotecas do Estado. Este ano dúas son as autoras seleccionados Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premios Nacionais de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.

diabiblio2016

O Día das Bibliotecas en Galicia

O Día das Bibliotecas tamén se celebra nas bibliotecas galegas con numerosas actividades, algunhas das cales indicamos a continuación (en construción):

Utilizaremos #DíadaBiblioteca para difundir as actividades.

 

Betanzos: Biblioteca Municipal A. Castelao

  • Agasallo de libros ás persoas que utilicen o servizo de préstamo o día 24 de outubro

 

Coruña: Biblioteca Provincial:

  • Crea o teu libro de artista sobre Tintín, ás 18h. (21 de outubro)
  • Contacontos do Samaín, na Bebeteca ás 12h. (22 de outubro)
  • Obradoiro “xogando cos libros”: manualidades, xogos dramatizados, cancións…, ás 18h. (24 de outubro)
  • Bookcrossing, ás 12.30 e 18,30h. (24 de outubro)
  • Exposición “70 anos de rock”, (do 24 de outubro ao nadal)
  • Biblioteca móbil, ás 13 e ás 18h. no exterior da biblioteca (24 de outubro)

Programa completo

 

Coruña: Biblioteca Pública Miguel González Garcés:

  • Alla scoperta della Sicilia, obradoiro de italiano para adultos, sábados de outubro e decembro desde o 15 de outubro.
  • Obradoiro de teatro e expresión corporal baseado na obra Noite de Reis de Shakespeare, para adultos, semanas do 17 e 24 de outubro.
  • Coas mans na masa, obradoiro creativo para maiores de 6 anos.

Programa completo

 

Lugo: Biblioteca Pública de Lugo:

  • Conferencia de Brais Arribas ás 19.30h. “Deixar de ser diferente: a potencia política da identidade feble”. Enmarcada no programa “filosofía nas bibliotecas“, organizado pola Fundación Euseino? (24 de outubro)
  • Xornada de portas abertas de 12 a 19h., reglaos de libros e marcapáxinas (24 de outubro)
  • Conto de outono, a nena do farol, as 18h. (24 de outubro)
  • Exposición bibliográfica (do 24 ao 31 de outubro)
  • Onde está o mago Antón?, ás 18h. (28 de outubro)

Programa completo

 

Oleiros: Centro de Documentación Ambiental do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)

  • agasallos de libros relacionados coa natureza e a educación ambiental (do 24 ao 29 de outubro)

diadabiblioteca2016

 

Oleiros: Bibliotecas Municipais

  • Amplo programa de actividades na semana do 24 ao 28 de outubro

Programa completo

 

Ortigueira: Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre

  • Agasallos ás primeiras 50 persoas que se acheguen á biblioteca (24 de outubro)
  • Photocall “O que + me gusta da Biblioteca é…” (25 de outubro)
  • Obradoiro “A ciencia é divertida” con Nita, de 3 a 8 anos (26 de outubro)

 

Ourense: Biblioteca Pública de Ourense:

  • Semana do 24 de outubro, Visitas guiadas a grupos escolares
  • A Fada das Historias, ás 12h. na sala infantil (22 de outubro)
  • A Biblioteca na rúa de 11 a 20.30h. na rúa do Paseo (24 de outubro):
    • Consultorio literario
    • Visita da Fada ás 18.30h.

Programa completo

 

Pontevedra: Biblioteca Pública Antonio Odriozola:

  • Centro de interese: Os ratos contan historias na biblioteca (do 17 ao 31 de outubro)
  • Contacontos con Trinke Trinke para maiores de 3 anos, ás 18h. (21 outubro)
  • Regalos de marcapáxinas e guías de lectura cos préstamos (24 de outubro)
  • Entrega de premios gañadores do III Concurso de relato breve (24 de outubro)
  • Xornada de portas abertas (24 de outubro)

Programa completo

 

A Pobra do Caramiñal: Biblioteca Municipal Victoriano García Martí

  • Contos de lobos, ás 18,30h. (24 de outubro)

lobos

 

Redondela: Bibliotecas Municipais:

cartel-gorey

Ribadavia: Biblioteca Pública Municipal:

  • Exposición bibliográfica (24 de outubro)
  • O soñador de historias de Fanfarra Social Cultural, as 11h. espectáculo para nenos de Educación Infantil (24 de outubro)
  • Visitas escolares (24 de outubro)

 

Santiago de Compostela: Biblioteca Ánxel Casal:

  • Mostra bibliográfica “Historias de Biblioteca” (do 3 ao 31 outubro na Sala infantil)
  • Campaña de liberación de libros. Do 17 ao 24 de outubro na biblioteca.
  • Xornada de portas abertas: visitas guiadas extraordinarias ás 12.00 e ás 16.00h (24 outubro)
  • Actividade para bebés “Contos de ida e volta” a cargo de Charo Pita (24 outubro Sala Infantil)
  • Quen matou a bibliotecaria?” Actividade de formación de usuarios (24 outubro Sala Infantil)
  • Regalo de lotes de libros a superlectores infantís e adultos (24 de outubro)
  • Convocatoria do V Concurso de Fotografía “Lendo en Compostela” (24 outubro)
  • Títeres Cachirulo: “O libro da selva” (26 de outubro no Salón de actos)

Programa Completo

 

Santiago de Compostela: Biblioteca de Galicia:

  • Teatro: Onde Viven os Monstros, ás 18h. (15 de outubro)
  • Teatro e música: Chrystyan Magic na senda da serpe alada, ás 18h. (22 de outubro)
  • Visita ás 12h. e agasallo de libros, necesario reserva previa (24 de outubro)
  • Obradoiro centenario de Camilo José Cela, de 6 a 12 anos, ás 17.30h. (29 de outubro)

Programa completo

 

Sanxenxo: Rede de bibliotecas municipais

  • Biblio Canta: achégate ao Cancioneiro tradicional galego con Chío Couto,. Biblioteca de Portonovo, ás 18h., até os 6 anos (24 de outubro)

cartel-portonovo-2016

  • Cantamos un conto? Biblioteca de Sanxenxo, ás 18h. de 6 a 16 anos (24 de outubro)

cartel-sanxenxo-2016

O Saviñao: Biblioteca Pública Municipal:

Venres 21 de outubro: Noite na biblioteca de 10 a 24h.

  • Apertura da cápsula do tempo para 2015, ás 10h.
  • Visitas guiadas para grupos escolares de 10 a 14h.
  • Microvisitas para público xeral de 14 a 16h.
  • Obradoiro de debuxo ás 16h.
  • Actividades xaponesas ás 17h.
  • Merenda infantil ás 18h.
  • A ciencia é divertida con Nita e obradoiro de Fibonacci de 18.30 a 20,30h.
  • Xogo-concurso ás 20,30h.
  • Cea infantil ás 21.30h.
  • Titiricleta con Anxo Moure ás 22h.
  • Obradoiro de selos con gomaeva ás 23.30h.
  • Peche da cápsula do tempo até 2025, ás 24h.

Programa completo

savinhao

 

Sober: Biblioteca Pública Municipal:

  • Merendas con contos os venres ás 17.30h.
    • Murciélagos en la biblioteca. Lectura do pregón do Día da Biblioteca. Decoración da biblioteca (14 de outubro)
    • O Coelliño branco con Trinke Trinke, dentro do programa Ler Conta Moito (21 de outbro)
    • Teatro de marionetas con Trécola (28 de outubro)
  • Exposición de debuxos do certame Mulleres de Lemos organizado polo colectivo Lemos Le e dedicado a María Castaña (mes de outubro)
  • Xantar de celebración do Día da Biblioteca e entrega de premios do III Certame Mulleres de Lemos, organizsdo por Lemos Le (22 de outubro)

Programa completo

sober

Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel:

  • Xornada de portas abertas: visitas guiadas ás 12.30 e 18h. (24 de outubro)
  • Bibliotecas arredor do mundo: Mostra bibliográfica  (24 de outubro ao 30 de novembro)

 

Vigo: Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas:

marc_taeger_dia_da_biblioteca_biblioteca_neira_vilas

 

Xermade: Biblioteca Pública Municipal:

  • Contacontos:  “Conto contigo” de Manuel Solla para crianzas e familias, ás 18h. (24 de outubro).
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: