BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » Orzamentos 2017 da Xunta para Bibliotecas

Orzamentos 2017 da Xunta para Bibliotecas


Comunicado de BAMAD Galicia ante os novos orzamentos da Xunta de Galicia para Bibliotecas 2017

 

O proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2017 baixa, con respecto ao 2016, un 22%. Desde o ano 2012 a redución foi do 50%

Despois de anos de baixadas orzamentarias as bibliotecas de Galicia contarán aínda con menos recursos no 2017. Estas mínimas dotacións orzamentarias continúan asfixiando os centros, proceso iniciado hai xa varios anos, e seguen a reducir as posibilidades de levar unas políticas bibliotecarias que se adecúen á realidade do noso país.

Estas baixadas orzamentarias céntranse nas partidas destinadas aos Lotes fundacionais e á Promoción da Lectura e do Libro. No caso dos lotes fundacionais explícase porque nos últimos anos non só non se crearon novas bibliotecas senón que desapareceron algunhas das existentes. Desta maneira enténdese que se reduzan as partidas para Lotes fundacionais pero non compartimos que non se apoie a creación de novos centros.

O que non se entende nesta baixada é que se reduza a partida destinada á Promoción da Lectura e do Libro que debería ser unha das principais apostas do noso goberno, toda vez que o informe PISA, recén publicado, poña a Galiza por riba da media española en comprensión lectora. Para conseguir estes obxectivos sería bo seguir aumentando, e non reducindo, o apoio á Promoción da Lectura. Esta caída na Promoción non se ve compensada, ademais, por un incremento nas Actividades culturais e de animación á lectura que fican conxeladas coa mesma partida do ano 2016.

A única partida que se incrementa é a destinada ao Sistema Bibliotecario e á Formación para o persoal da propia Xunta. Incremento necesario pero aínda escaso para resolver as eivas do sistema bibliotecario galego e que xa análizamos en anteriores ocasións:

  • A dotación de persoal do Servizo de Bibliotecas, e das bibliotecas dependentes da Xunta de Galicia, é insuficiente. Cremos que hai que facer unha aposta forte por dotar de persoal profesional o servizo que dirixe a Rede de Bibliotecas de Galicia. Aínda está pendente de rematar e aprobar o Mapa de Bibliotecas públicas de Galicia e os Indicadores de Bibliotecas.

  • A Rede de Bibliotecas encóntrase nun proceso de cambio do Software de xestión bibliotecaria, agora ampliado ás bibliotecas municipais, que obrigaría a dotar o sistema bibliotecario de máis recursos económicos para formación do persoal.

  • As partida de Promoción da lectura e do libro e de Actividades culturais e de animación á lectura deberían ser maiores e contemplar a promoción, non só das bibliotecas, senón de todo o ecosistema do libro contemplando a relación entre editoriais, librerías, centros de ensino e bibliotecas.

Os profesionais das bibliotecas reclamamos da Xunta de Galicia un esforzo en materia de dotación nos orzamentos das bibliotecas, centros rendibles social e tamén economicamente, e que cese a asfixia económica que supón a mingua orzamentaria.

A Xunta Directiva de Bamad Galicia

A Coruña, 12 de Decembro de 2016

 

Cadro comparativo e gráficos dos últimos anos

Partidas

2017

2016

2015

2014

2013

2012

Bolsas formación (4800) 216.940 216.940 217.740 217.740 217.740 243.920
Equipamento da rede (mobiliario) (6251) 90.000 90.000 90.000 90.000 100.000 64.800
Lotes fundacionais (6281) 425.000 560.000 600.000 600.000 650.000 1.500.684
Edición libro galego (lotes fundacionais) (6282) 148.460 348.460 348.460 428.460 500.000 500.000
Obras e reparacións na rede de bibliotecas de Galicia (6322) 60.000 60.000 60.000 60.000 100.000 190.000
Promoción da lectura e do libro (6402) 163.000 200.000 200.000 200.000 300.000 346.845
Actividades culturais e animación á lectura e bibliotecas (6405) 240.000 240.000 200.000 200.000 200.000 250.000
Formación (6400) 10.550 10.550 10.500 10.500 10.500 15.000
Sistema Bibliotecario e Formación bibliotecaria (6401) 335.000 200.000 200.000 200.000 200.000 298.225
Total 1.688.950 1.925.950 1.926.700 2.006.700 2.278.240 3.409.474

 

Orzamentos para Bibliotecas: evolución

bib17_2

 

 

Orzamentos para Bibliotecas: detalle e total

bib17_1

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: