BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos » Orzamentos 2017 da Xunta para Arquivos

Orzamentos 2017 da Xunta para Arquivos


Comunicado de BAMAD Galicia ante os novos orzamentos da Xunta de Galicia para Arquivos 2017

O proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2017 conxela a partida dedicada a Arquivos. Desde o ano 2012 a redución foi dun 44%

Estas mínimas dotacións orzamentarias continúan asfixiando os centros e seguen a reducir as posibilidades de levar a cabo unhas políticas arquivísticas adecuadas á realidade do noso país.

Os centros dependentes e xestionados pola Xunta de Galicia carecen de infraestruturas para exercer as súas funcións, e de persoal suficiente, déficits, que con este orzamento, xa se fan crónicos.

A pesar da situación dos arquivos, tamén no ano 2017, máis da metade do orzamento para investimento corresponde a Actividades difusoras e de promoción de arquivos e patrimonio documental, e así todos os arquivos do sistema de Galicia contan con 0€ para maquinaria, 8.835€ para mobiliario (neste concepto inclúense os andeis), 23.000€ para obras ou 10.850€ para adquisición e restauración de patrimonio.

É este un orzamento adecuado as necesidades dos arquivos de Galicia? A resposta é obvia.

A lei de arquivos aprobada en 2014 tampouco parece que estea a remediar os problemas, en outubro do ano 2015 cumpriuse o prazo establecido para que a consellaría competente en materia de cultura lle propoña ao Consello da Xunta de Galicia a aprobación dun Plan de arquivos que avaliará as necesidades de persoal e de infraestruturas dos arquivos do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia, un ano despois do cumprimento do prazo, non coñecemos nada dese plan.

Nesta situación, os profesionais reclamamos da Xunta de Galicia un esforzo en materia de orzamentos para arquivos e que cese esta asfixia económica que segue a deteriorar os servizos de arquivos, imprescindibles para garantir dereitos e obrigas da cidadanía, para cumprir os compromisos da Xunta de Galicia en materia de transparencia, e para facilitar ao acceso da cidadanía ao patrimonio documental do noso país.

 

A Xunta Directiva de Bamad Galicia

A Coruña, 14 de Decembro de 2016

 

Cadro comparativo e gráficos dos últimos anos

Partidas

2017

2016

2015

2014

2013

2012

Bolsas para conservación do Patrimonio documental en arquivos (4801) 107.406 107.406 107.406 107.406 107.406 111.762
Maquinaria, instalacións e utensilios de arquivos. adquisicións (6231) 0 4.972 14.972 14.972 14.972 24.000
Mobiliario e útiles de arquivos (6252) 8.835 8.835 8.835 8.835 8.835 25.000
Proxectos e informes e dirección en materia de arquivos (6283) 25.631 18.750 30.000 60.000 60.000 167.058
Adquisicións e restauración do patrimonio documental (6284) 10.850 10.850 75.000 75.000 75.000 122.285
Movemento e traslados de fondos documentais (6285) 0 0 2.100 2.100 2.100 3.907
Publicacións en materia de arquivos (6286) 4.186 6.095 14.095 14.095 14.095 23.000
Obras de conservación de arquivos (6321) 23.000 23.000 30.000 30.000 30.000 36.445
Actividades difusoras e de promoción de arquivos e patrimonio documental (6404) 141.250 141.250 50.000 50.000 50.000 60.000
Total 321.158 321.158 332.408 362.408 362.408 573.457

 

Orzamentos para Arquivos: evolución

arq17_2

 

Orzamentos para Arquivos: detalle e total

arq17_1

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: