BAMAD GALICIA

Inicio » 2017 » Febreiro

Monthly Archives: Febreiro 2017

Obradoiro de Mediación Lectora: Máis alá dos estantes

Obradoiro:

Máis alá dos estantes: curso de formación para persoal de bibliotecas

  • Impartido por: Beatriz González Campos (Migallas Teatro)
  • Modalidade: Presencial (Salón do Libro de Pontevedra)
  • Datas: 25 de marzo
  • Prazas: 20
  • Horas: 8h.
  • Prezo: gratuíto (prioridade membros de Bamad até o 5 de marzo
  • Obxectivos: Coñecer actividades de dinamización lectora aplicables ás bibliotecas. Coñecer ferramentas de dinamización á lectura. Coñecer métodos e dinámicas de dinamización á lectura.
  • Programa
  • Matrícula electrónica

2017animacion

A Cultura representa o 2% do PIB e o 3% do emprego en Galicia

O último informe do Instituto Galego de Estatística denominado Análise do Sector Cultural 2016, recolle os datos xerais da Cultura no noso país. Aínda que a maioría dos datos se refiren ao ano 2011, a análise serve para mostrarnos unha radiografía aproximada do sector.

Os datos misturan desde diferentes perspectivas todos os sectores que, directa ou indirectamente, teñen relación coa cultura. En función da actividade cultural o noso sector sería un dos 5 analizados e abarca o Patrimonio artístico e monumental, arquivos e bibliotecas e inclúe a explotación dos monumentos e edificios históricos, os museos, os xacementos arqueolóxicos e as actividades dos xardíns botánicos, zoos e reservas naturais (correspóndese coa rama 91 do CNAE-2009).

Nas ramas 90 (actividades relacionadas coa creación artística e literaria, artes escénicas e a xestión de salas de espectáculos) e 91 do CNAE inclúese unha parte importante do gasto que as Administracións públicas realizan na cultura galega. Gasto que é necesario ter en conta conta na análise xeral da cultura porque do contrario deixaríase fora unha parte importante das actividades de promoción da cultura e sobre todo, no que respecta ao noso sector, estaría fora da análise económica do realizado sobre o total da cultura.

Segundo esta análise a Cultura representa un 2% do PIB e un 3% do emprego e, dentro da cultura, o noso sector (CNAE 91) representa o 9,3% do PIB e o 8,6% do Emprego. Segundo estes datos podemos tirar como conclusión desta análise que o noso sector representa aproximadamente:

  • 0,28% do PIB galego e
  • 0,26% do emprego galego (con 2.657 persoas empregadas)

PIB Cultura

Emprego Cultura

 

 

%d bloggers like this: