BAMAD GALICIA

Inicio » Noticias Bamad » Memoria Actividades Bamad Galicia 2016

Memoria Actividades Bamad Galicia 2016


Presentación da Memoria de actividades 2016 de Bamad Galicia

memoriabamad_2016

Preme na imaxe para acceder ao contido completo da Memoria de actividades

Memoria anual de actividades da Asociación de profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia, Bamad Galicia, correspondente ao ano 2016. Dámos conta da situación actual en canto á estrutura organizativa, actividades realizadas e ao programa de formación levado a cabo na Asociación.

Como en anos anteriores, os eixos de traballo foron: a defensa das nosas profesións, a realización de actividades formativas e o contacto coas persoas asociadas. No ano 2016 consolidamos a presenza da nova marca da Asociación, recuperando o coñecemento social e o número de lectores e seguidores dos nosos medios sociais e conseguindo recoñecemento e difusión de algunhas das nosas actividades nos medios de comunicación.

Ante a defensa das nosas profesións seguimos mantendo contacto coas administracións, solicitamos e asistimos a reunións, presentamos alegacións a textos legais e a plans estratéxicos, e intentamos responder as demandas das persoas asociadas cando nos comunicades algunha actuación das administracións contraria aos nosos intereses profesionais. Como se verá no apartado de actividades, este tema ocupou unha vida intensa da asociación con comunicacións ante diferentes organismos e, sobre todo, con problemas relacionados con convocatorias de emprego e a Relación de Postos de Traballo (RPT) da área de Cultura da Xunta de Galicia. Ademais podemos destacar a difusión de ofertas e bolsas de emprego e as actividades derivadas de diferentes convocatorias.

Grazas á aprobación de Asociación de utilidade pública, no declaración do IRPF do ano 2015, as persoas socias pudemos desgravar ante facenda a cantidade correspondente á cota aportada á Asociación.

No 2016 realizamos cinco actividades formativas que tiveron boa acollida. Ofertamos dúas actividades gratuítas, unha para todas as persoas interesadas (grazas á colaboración co Salón do Libro) e outra para persoas socias. Esta última actividade tivo moita demanda o que nos plantexa repetir a formación en 2017. Volvemos a contar cunha subvención de Fesabid para o Obradoiro: Políticas, planificación e estratexias en arquivos e bibliotecas: que facer cando non hai nada que facer? No 2016 non contamos coa colaboración que levamos facendo os últimos anos coa Fegamp, sen embargo iniciamos unha actividade en colaboración co Salón do Libro de Pontevedra que esperamos poder continuar en próximos anos.

Mantivemos o contacto coas persoas asociadas a través do correo electrónico. Intentamos que a transparencia sexa un dos nos eixos principais de traballo e que estexades ao tanto de todas as actuacións da Asociación informado puntualmente das actividades realizadas desde a Directiva.

A nosa imaxe e comunicación cara ao exterior mantivémola a través do blogue, de facebook e twitter. A páxina de Facebook, crece pouco a pouco en seguidores e no Twitter temos moita presenza. Baixouse no número de publicacións de noticias no blogue, porén crecemos no número de lectores motivado tamén polo aumento do número de seguidores nas redes sociais.

Neste ano continúa baixando o número de persoas asociadas, sabemos que son tempos difíciles, que costa implicarse, asociarse e participar, pero entendemos que é necesario, polo que seguimos traballando para cambiar esta tendencia e pedísmosvos axuda e colaboración para continuar con este proxecto.

A Xunta Directiva

Febreiro 2017

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: