BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos » Xornadas O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria

Xornadas O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria


Xornadas O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria, que terán lugar o 10 e 11 de maio de 2017, no Consello da Cultura Galega.

Difundimos polo seu interese estas Xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega

 

Nestas xornadas, organizadas pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG) e coordinadas por Bieito Pérez Outeiriño, Gabriel Quiroga Barro e Concepción Varela Orol, contaremos coa participación de Eugenia Serra (Biblioteca de Catalunya), M.Luz Retuerta (Arxiu Comarcal del Baix Llobregat), Carolina García Borrazás e Teresa García Domínguez (Arquivo de Emigración do CCG), Anabella Barroso Arahuete (Arquivo Histórico Eclesiástico de Bizkaia), Pere Freixa (Universitat Pompeu Fabra), Tomás Saorín (Universidad de Murcia, Wikimedia España), Manuel Gago (Consello da Cultura Galega), Adelaida Ferrer (Biblioteca Universidad de Barcelona) e Covadonga Pitarch (Museo Sorolla).

 

Se a converxencia dixital das institucións da memoria constituíu o tema arredor do cal os profesionais dos arquivos, as bibliotecas e os museos compartimos reflexións, convocados pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, en maio de 2015, o mundo das tecnoloxías da información e a comunicación convócanos agora para explorarmos o territorio do Crowdsourcing, abastecemento participativo ou colaboración aberta.

 

Nestas xornadas tentaremos abordar algunhas das cuestións esenciais que esta modalidade de traballo voluntario, habitualmente gratuíto, masivo, comunitario e anónimo suscita para a xestión futura das nosas institucións e do patrimonio cultural que custodian.

Programa

Inscrición

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: