BAMAD GALICIA

Inicio » 2018 » Xaneiro

Monthly Archives: Xaneiro 2018

Bamad Galicia ante a polémica polo contrato de arquiveira no Concello de Vedra

Ante as noticias publicadas na prensa con respecto á contratación de servizo de arquiveira para realización de proxecto de xestión de arquivos no Concello de Vedra publicado na prensa:

 

Bamad Galicia quere manifestar as seguintes consideracións ao respecto:

1) En primeiro lugar cremos que calquer contrato público debe facerse coas condicións previas de transparencia e igualdade de oportunidades. Polo que sería necesario ter realizado con tempo suficiente a exposición pública, ou neste caso, por ser contrato menor, a petición de ofertas por procedemento negociado para presentarse a este proxecto.

2) Sobre a realización do traballo en tempo menor ao estimado. Cremos que é posíbel realizar este tipo de traballos en menor tempo xa que moitas veces as estimación sobre os traballos a describir fanse sobre cantidades e documentación estimada que non ten porqué levar o tempo previsto. Unhas veces por levar menor traballo de descrición e outras veces, como acontece normalmente na administración, por que se subestime o total e o tempo necesario levando nalgúns casos a superar o tempo e os custes estimados. En calquera caso si é posíbel realizar determinados traballos en menor tempo e isto ten que ver co estado da documentación: organización previa da mesma, o número de unidades de instalación a inventariar, o contido das mesmas…

3) Evidentemente o traballo non se realizaría en xornadas dunha persoa durante 16h., cousa bastante improbábel, pero non impide que un traballo estimado para 3 meses se poda realizar nun mes, polo que indicamos no punto anterior. En todo caso, tamén pode existir un coñecemento previo sobre o estado da documentación da persoa que realiza o traballo, así como unha estimación á alta en exceso por parte da administración que contrata. Isto non debería pasar así, pero moitas veces acontece que a propia administración carece de persoal técnico para valorar este tipo de servizos.

4) Non entramos a valorar a capacidade e coñecementos da persoa que realizou o traballo xa que descoñecemos a súa experiencia profesional. Non ter titulación específica en arquivos non ten porqué impedir que esa persoa teña outra formación ou experiencia práctica no traballo. No caso galego, e sendo recentes as titulacións de biblioteconomía, documentación ou arquivística, moitos dos profesionais que desenvolvemos o noso traballo nestes sectores procedemos doutras áreas de coñecemento relacionadas coas ciencias sociais e as humanidades. Tal e como indican desde a Subdirección Xeral de Arquivos esta persoa ten experiencia na organización de arquivos polo que non podemos dubidar da súa capacidade de traballo neste campo.

5) O que si nos parece irregular é que na petición de subvención, seis meses antes, se incluíse xa o nome dunha persoa para desenvolver o proxecto cando aínda non estaba feito o procedemento negociado polo que neste caso si que pode existir algún tipo de irregularidade na contratación realizada polo Concello.

 

Na Coruña a 15 de xaneiro de 2018

A Xunta Directiva

Advertisements
%d bloggers like this: