BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » Abril 2018, mes do libro

Abril 2018, mes do libro


Abril, mes do Libro

En Abril celebramos dúas datas importantes para as bibliotecas o Día do Libro infantil e Xuvenil, o 2 de Abril, e o Día do Libro, 23 de Abril.

O Día do Libro Infantil e Xuvenil é fomentado polo IBBY (International Board on Books for Young People) e levado aos distintos territorios polas organización do libro infantil e xuvenil. No caso Galego a actividade é fomentada por Gálix e cada ano o IBBY encárgalle o manifesto e a ilustración a unha das organizacións nacionais que forman parte da organización. Este ano o Manifesto e a a ilustración foron realizados pola organización letona: texto de Inese Zandere e ilustración de Reinis Peterson.

Este ano ao coincidir a coa semana santa foi difícil para moitas bibliotecas poder organizar actividades relacionadas co libro infantil. Aínda así Gálix, a asociación galega do libro infantil e xuvenil, prepararou actividades ás que se sumaron varias bibliotecas, entre elas o Concurso En Comic Andersen para bibliotecas, librarías e Centros Escolares.

 

Actividades nas Bibliotecas Galegas para celebrar o 23 de abril, día do libro (en contrución):

 

Ames: Biblioteca Municipal

  • 17 de abril: presentación da obra O Valo de Carlos Labraña, ás 18h.
  • 18 e 19 de abril: Todos a cantar: contacontos nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns, ás 15h., maiores de 3 anos
  • 20 e 21 de abril: obradoiro creativo: construíndo o noso libro ilustrado, nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns, dentro do programa Ler Conta Moito.
  • 21 de abril: Literatura na praza, en Bertamiráns: amplo programa de actividades con: contacontos, teatro, obradoioros, librerías, recuncho de lectura…

 

A Coruña: Biblioteca da Deputación

  • Durante os meses de marzo e abril: Exposición “Un Concello, unha muller, un libro”: homenaxe ás mulleres da provincia a través dunha pequena escolma, unha por concello. Ademáis, está dispoñible unha guía sobre a exposición
  • Do 2 de abril ao 3 de maio: VII Concurso “Palabras de amor” #140enpositivo
  • 23 de abril: Obradoiro do Día Mundial do Libro: Creación de libros infinitos, para todos os públicos de 18 a 20h.
  • 23 de abril: Visita guiada aos fondos da Biblioteca: un percorrido polos fondos máis destacados e chamativos da Biblioteca. É necesario anotarse previamente:biblioteca.info@dacoruna.gal
  • 23 de abril: Biblioteca móbil: a biblioteca dará a coñecer os seus fondos e servizos na rúa, ás 13h.
  • 23 de abril: Os fondos dixitais da biblioteca: Coñece o funcionamento da nosa Biblioteca dixital, e cómo prestar, descargar e ler os libros electrónicos. É
  • Do 23 ao 27 de abril: BookCrossing: solta de libros no interior da biblioteca
  • Os fondos dixitais da biblioteca: Coñece o funcionamento da nosa Biblioteca dixital, e cómo prestar, descargar e ler os libros electrónicos. É necesario anotarse previamente:biblioteca.info@dacoruna.gal

Consulta o programa completo de actividades

 

Oleiros: Rede de Bibliotecas Municipais

  • Durante todo o mes actividades nas bibliotecas co alumnado dos centros escolares con contacontos e obradoiros
  • Encontros con escritoras: encontros literarios con escritoras e as súas obras:
    • Yolanda Castaño: espectáculo poético musical
    • María Isabel Andrés Llamero: Fogóns poéticos, obradoiro de poesía
  • XXVII Campaña de promoción da lectura: Pablísimo, Ramiro Neira,Soledad Felloza, Caxoto, Charo Pita, Trinke-Trinke, Ledicia Costas, Manel Cráneo,
  •  Obradoiros de ilustración: Obradoiros de banda deseñada
  • Bebecontos: contacontos nas bibliotecas para bebés de 1 a 3 anos, ás 18.30h. previa inscrición
  • Actividades para nenos e nenos a partir de 4 anos, ás 18.30h. previa inscrición
  • Obradoiros para maiores de 6 anos, ás 17.30h. previa inscrición
  • Obradoiros de inclusión social de 8 a 12 anos, ás 18.30h. previa inscrición
  • Libros para sermos libres: agasallo de 400 libros na Biblioteca Central de Rialeda o día 24 ás 17,30h.
  • Clubs de lectura e tertulias literarias

Consulta o programa completo de actividades

 

Redondela: Bibliotecas Municipais

  • 5 de abril: Obradoiro creativo con papel reciclado na biblioteca de Chapela. Participamos coas bibliotecas na Arte Lixo, 17h. Para todos os públicos en colaboración coa Asociación Cultural e Social de Chapela.
  • 23 de abril: Un conto con moito conto, contacontos inclusivo con ContAZ, 18.30h. na biblioteca de Chapela, para maiores de 4 anos.
  • 25 de abril: Presentación do libro As receitas de Rosaura e obradoiro de ilustración, con Isabel Blanco e Luz Beloso, ás 19h., para maiores de 5 anos.
  • 27 de abril: comezo do Club de Lectura Fácil, coa Asociación Andaina Redondela, na Biblioteca de Redondela.

 

Ribadavia: Biblioteca Municipal

  • 23 de abril:
    • Exposición e mostra bibliográfica “Elas contas” Proxecto de Igualdade de Xénero dende a infancia
    • Contacontos teatralizado “Sabela e o paxaro máxico” de Tarabelos, 11h.
    • Agasallo de libros aos usuarios que fagan préstamo ese dia

 

Santiago de Compostela: Biblioteca Pública Ánxel Casal

  • 16 ao 23 de abril: liberación de libros na biblioteca.
  • 21 de abril: Contacontos Imaxina que… con Ramiro Neira, ás 12h., para maiores de 3 anos
  • 23 de abril: Un libro para cada lector ou lectora: recomendámoche un libro, recomendacións de libros feitos polo persoal da biblioteca
  • 23 de abril: Visita guiada á biblioteca, ás 12h.
  • 24 de abril: sorteo de lotes libros entre as persoas que leven libros en préstamo o día 23
  • Convocatoria do VIII Concurso de carteis do Día das Letras galegas, consulta das bases a partir do 23 de abril na web e redes sociais da biblioteca
  • 26 de abril: charla Dentro da literatura a  cargo de Suso de Toro, ás 19.30h.

Consulta o programa completo de actividades

 

Santiago de Compostela: Fundación Eugenio Granell

  • 20 de abril: Bookcrossing: a Fundación súmase a unha iniciativa de centros e museos doe todo o mundo de liberar libros de arte na rúa.
  • 24 ao 26 de abril: Libro por libro: particulares e institucións poden intercambiar os seus libros cos repetidos da Biblioteca da Fundación.

 

O Saviñao: Biblioteca Municipal

  • Desde o 22 de marzo: Mostra Bibliográfica “Hans Christian Andersen”
  • 6 de abril: Visita-contacontos coa Escola Infantil Municipal ás 11h.

 

Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel

  • Do 2 ao 30 de abril: Exposición e mostra bibliográfica “Liber: libros e liberdade ao longo da historia”. Exposición bibliográfica con paneis explicativos sobre a liberdade, a prohibición e a censura relativa aos libros ao longo da súa historia.
  • Do 2 ao 30 de abril: Exposición e mostra bibliográfica “Libros sen palabras: exposición bibliográfica”. Sala Infantil.
  • 23 de abril: Visitas guiadas ás 12:00 h. e ás 18:00 h.
  • 24 de abril: “Carola, a carteira Centola”. Polo correo do vento, ás 18.30h.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: