BAMAD GALICIA

Inicio » 2018 » Maio

Monthly Archives: Maio 2018

Carmen Sierra Quiroga

Hoxe, 28 de maio, faleceu na Coruña Carmen Sierra. Como muller emprendedora creou unha das primeiras empresas de bibliotecas en Galicia, e prestou os seus servizos profesionais nas bibliotecas públicas e Universitarias da Coruña

Foi colaboradora na Secretaría Técnica da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas, Anabad-Galicia, nos anos iniciais da creación da asociación. A súa personalidade e traballo activo levouna a establecer con nós vínculos afectivos.

BAMAD-Galicia, sucesora de Anabad-Galicia dedícalle, neste triste día, a ela e á súa familia unha agarimosa lembranza.

 

Advertisements

Curso: Paleografía da Idade Moderna

Curso de Paleografía da Idade Moderna (s. XVI-XVIII)

Partindo da escritura hispano-gótica o curso orientaranos sobre as escrituras góticas cursivas castellanas e a escritura humanística incidindo no sistema abreviativo, con pautas e consellos baseados na experiencia que facilitarán ao alumnado a aprendizaxe progresiva da transcrición paelográfica.

Profesor: Gonzalo Francisco Fernández Suárez, Profesor de Humanidades na Universidade de Santiago de Compostela

En Colaboración: coa CAA, Coordinadora de Asociaciones de Archiveros

Modalidade: on-line

Duración: 11 de xuño a 6 de xullo

Preincrición: do 25 de maio a 1 de xuño

Prazas: 30 prazas

Matrícula: 70€ socios / 100€ non socios

Programa

Matrícula

Xornada o 9 de xuño na Coruña sobre o Programa IAP da IFLA

O Programa Internacional de Acción para o Desenvolvemento (International Advocacy Programme) da IFLA está centrado na Axenda 2030 das Nacións Unidas. Con este programa a IFLA quere aumentar a capacidade das bibliotecas públicas e as asociacións profesionais para facer frente aos desafíos que esta axenda supón e para axudar a promover actividades de sensibilización. A participación de FESABID neste programa supón a adquisición do compromiso para executar e desenvolver o plan de Advocacy e actividades de sensibilización, como este obradoiro en colaboración con BAMAD Galicia, que axuden a posicionar as bibliotecas como axentes do desenvolvemento sustentable.

Desde finais de 2015 en Bamad vímonos facendo eco deste programa xa que a partir de 2016 os gobernos teñen que implementar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU nun prazo de 15 anos, é por iso que a ONU denominou a este programa Axenda 2030.

Fesabid, en colaboración coas entidades federadas, está organizando por todo o estado xornadas de presentación, traballo e debate sobre os obxectivos marcados pola IFLA que servan para posicionar o papel das bibliotecas na consecución dos obxectivos da ONU. É por isto que, nesta ocasión, desde Bamad Galicia organizamos unha Xornada sobre o Programa IAP da IFLA que contará coa presenza e dinamización de Alicia Sellés, responsable de Fesabid para desenvolver este programa e ademais actual presidenta da Federación, que contará co apoio de Isabel Blanco, directora da Rede de Bibliotecas municipais da Coruña.

A xornada realizarase o próximo sábado 9 de xuño, de 10 a 18h. na Biblioteca Ágora.

Programa

Participar: se tes interese en participar podes enviar un email a: bamadgalicia@gmail.com

%d bloggers like this: