BAMAD GALICIA

Inicio » Actividades Bamad » Conclusións das Xornadas da Axenda 2030 da ONU

Conclusións das Xornadas da Axenda 2030 da ONU


Resumo e conclusións das Xornadas IAP/IFLA sobre os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentables da Axenda 2030 da ONU, celebrada o pasado sábado 9 de xuño na Biblioteca Ágora da Coruña

O pasado sábado 9 de xuño celebramos na Biblioteca Ágora da Coruña , a xornada “As bibliotecas como aliadas na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable e a Axenda 2030”, unha iniciativa da IFLA enmarcada no International Advocacy Programme (IAP). O IAP é un programa de acción e sensibilización en cascada que IFLA dirixe ás asociacións nacionais para que á súa vez traballen coas asociacións e profesionais de cada un dos países. Desta forma, FESABID é a encarregada de realizar estes obradoiros en colaboración coas súas asociacións. Neste caso, BAMAD Galicia, en colaboración co Concello da Coruña fomos os encarregados de organizar esta xornada de traballo.

Participamos 40 personas de diferentes bibliotecas galegas: de titularidade autonómica, coas direccións das 6 bibliotecas da Xunta de Galicia ; representantes da biblioteca da Deputación da Coruña, servizos documentais do Sergas (Servizo Galego de Saúde) e do Ceida (Centro de extensión universitaria e de divulgación Ambiental) ; e de moitas bibliotecas municipais como as de: Ames, Ferrol, Redondela, Sanxenxo, Oleiros, Vigo, y principalmente, da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña. Entre os participantes contamos, ademais dos representantes do Concello, con Carmen Novas, da secretaría del Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que levan os obxectivos da Axenda 2030 ás administracións locais ; con representantes das bibliotecas da administración autonómica con Cristina Rubal, Subdirectora Xeral de Bibliotecas e Consuelo Meiriño, Xefa do Servizo do Sistema de Bibliotecas Públicas e personal do seu servizo ; e con Pilar García, Deputada de Cultura da Deputación de Lugo.

 

A Xornada:

A presentación da xornada foi a cargo da Presidenta de BAMAD, Olimpia López Rodríguez, que deu a benvida ás persoas asistentes, por Alicia Sellés, presidenta de FESABID, que explicou o marco de traballo para o IAP Programme e inaugurada polo  Concelleiro de Cultura e Educación, José Manuel Sande.

Na primera parte da xornada fíxose unha introdución e explicación sobre a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable: obxectivos de desenvolvemento e as persoas participantes achegámonos á lectura das metas fixadas para o 2030 pola ONU e debatiuse sobre elas.

Despois desta introdución, realizouse unha discusión máis profunda para identificar as prioridades ou aspeitos que máis preocupaban aos participantes, tanto a nivel galego como a nivel estatal. Unha cuestión significativa é que en todos os obradoiros realizados en España, o obxectivo 8: traballo decente e crecemento económico, sempre se destaca como o máis importante.

Na segunda parte do obradoiro, os e as participantes reflexionamos e discutimos o papel das bibliotecas e noso como profesionais na consecución dos ODS e a forma de divulgar as nosas accións, proxectos e servizos.

 

As dinámicas en grupo da tarde, centráronse na proposta de proxectos que as bibliotecas galegas podían realizar para aliñarse ás liñas de traballo e estratexias das concellalías de Igualdade e Diversidade e de Medio Ambiente da Coruña. As dúas representantes do concello falaron das súas liñas de traballo e da interacción e o traballo conxunto entre as súas concellarías e a Rede de bibliotecas municipais. Con multitude de proxectos e liñas de acción que se utilizaron para, na dinámica posterior, establecer proxectos de colaboración.

 

Conclusións:

  • Destacouse a importancia de compartir e colaborar cos compañeros para visibilizar o noso traballo
  • Valórase de forma moi positiva a participación de variada representación do sistema bibliotecario galego ao completo
  • Sinálase a importancia das asociacións profesionais para dar visibilidade e para seguir loitando pola dignificación da profesión e das bibliotecas
  • Insístese na necesidade de crer e empoderar aos participantes para o traballo cos políticos e as estratexias de desenvolvemento
  • Anímase a que se continúe traballando nesta liña

Documento completo co resumo e conclusións das Xornadas

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: