BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » 24 de outubro, Día da Biblioteca 2018

24 de outubro, Día da Biblioteca 2018


O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas que se ven celebrando desde o ano 1997 nas bibliotecas españolas.

Esta actividade, promovida pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, ten como obxectivo concienciar a sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor do persoal bibliotecario.

Cada ano unha persoa autora e unha ilustradora, de recoñecido prestixio, son os encargadas da redacción do pregón e o deseño do cartaz que se difunde entre todas as bibliotecas do Estado. Este ano os dous autores seleccionados son Gonzalo Moure, polo manifesto: O Día da Luz, e Alfonso Zapico pola ilustración.

O Día das Bibliotecas en Galicia

Este ano o Día das Bibliotecas trae novidades xa que a Rede de Bibliotecas de Galicia organiza as I Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia o 26 de outubro.
E ademais, preséntase tamén desde a Rede de Bibliotecas o I Premio á innovación Bibliotecaria de Galicia, que se concederá durante a celebración das Xornadas.
Nas Bibliotecas galegas tamén se celebra esta efeméride con numerosas actividades, algunhas das cales indicamos a continuación (en construción):

Utilizaremos #DíadaBiblioteca para difundir as actividades.

 

A Coruña: Biblioteca da Deputación Provincial

O mes de outubro centrado en temáticas ambientais:

  • Do 1 de outubro ao 15 de novembro: Mostra bibliográfica. A terra és ti, coidando do ambiente
  • No mes de outubro: Guía de lectura Bebeteca verde
  • 22 ao 28 de outubro: Biblioteca participativa: como facer para ter unha biblioteca máis verde e concienciada co ambiente #BDparticipativaverde
  • Do 24 de outubro ao 15 de novembro: Libros prohibidos: guía de lectura e recuncho de lectura sobre libros censurados
  • Mércores 24, Saímos á rúa, ás 13h.
  • Mércores 24, Obradoiro infantil, ás 18h.
  • Mércores 24, Sesión de formación dixital, ás 18h.
  • Mércores 24, Conferencia: Cambio climático e consumo de enerxía: solucións, por Francisco Aréchaga, ás 20h.

Programa completo

 

A Coruña: Biblioteca Pública Miguel González Garcés

  • Venres 19, Contacontos teatralizado en inglés, ás 19.30h., participantes de 3 a 7 anos
  • Sábado 20, Descubre o mundo do cubo máxico, 12h., participantes de 1-2 anos e nais e pais
  • Sábado 20, Bebecontos, 11.30h. Todos os públicos
  • Mércores 24, Xornada de Portas abertas, visitas guiadas ás 12 e 19h. Agasallos aos visitantes da biblioteca
  • Sábado 27, A escola de Lonxedetodo con TrinkeTrinke, ás 12h. , participantes de 3 a 12 anos.
  • I Concurso de microrrelatos de terror, para maiores de 14 anos. Participación até o 10 de decembro.

Programa completo

 

Monterroso: Biblioteca Municipal

  • Mércores 24, Contacontos “Contos revoltos” con Fátima Fernández, ás 17.30h.

 

Ourense: Biblioteca Pública

  • Sábado 20, Contacontos bilígüe e presentación do libro “ Dragonella” de Elizabeth Varadan. Participará a autora cun contacontos en inglés e español. Para público familiar, de 5 a 10 anos, 12h.
  • Martes 23, Sesión de contacontos con Susana Vilar, de 4 a 7 ano, 18.30h.
  • Mércores 24, “A biblioteca dos pequenos usuarios”con Yaiza Pereira. Sesión de presentación da biblioteca aos pequenos. De 5 anos a 9 anos, 18h.
  • Xoves 25, Chiquiclub: “Avo” con Ramiro Neira. Para bebés de 1 a 3 anos acompañados, 18h.
  • Sábado 27, Ioga na Biblioteca por Xosé Carlos Caramés. De 7 a 12 ano, 12h.

 

Pontevedra: Biblioteca Pública Antonio Odriozola

  • Do 15 de outubro ao 5 de novembro:
    • Mostra bibliográfica: A destrución da ignorancia: novelas relacionadas coas bibliotecas
    • A arboriña da curuxa sabedoira: centro de interese en forma de árbore con contos sobre bibliotecas, se sión de contos e obradoiro con O Correo do Vento, maiores de 3 anos, ás 18h.
    • Valedoras do saber, vítimas da ignorancia: exposición sobre grandes bibliotecas destruidas ao longo da historia. A biblioteca como obxectivo bélico
    • Venres 19, A investigadora P. e o tesouro de Benito Soto
  • Venres 26, Contos, cantos e festa para celebrar o Día da Biblioteca, a partir de 3 anos, ás 18h.

Programa completo

 

O Porriño: Biblioteca Municipal

  • Venres 26, + Que libros, Proxección do documental Santa Liberdade e coloquio coa súa directora, Margarita Ledo Andión, ás 19h.

 

Redondela: Bibliotecas Municipais

  • 24 de outubro a 31 de decembro: Exposición Unha ponte de libros infantís. Jella Lepman: escritora alemá de orixe xudea con numerosas obras infantís premiadas. En colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso. Multiusos da Xunqueira, Redondela
  • 26 de outubro, charla coloquio con Teresa Zataraín organizada en colaboración coa Asociación de amigos das bibliotecas de Redondela, Casa da Cultura, Redondela, 20.30h.

 

Ribadavia: Biblioteca Municipal

  • Mostra bibliográfica e exposición libros sobre bibliotecas
  • Mércores 24, Contacontos e obradoiro “Contacontos ilustrado Mulleres Galegas” de Polo Correo do Vento

 

A Rúa: Biblioteca Municipal:

Programas de actividades dentro da campaña de Ler Conta Moito:

  • Luns 22, A Cabeza do dragón con Títeres Cachirulo, 11.30h.
  • Martes 23, Chocolate con Teatro Calavera, 11.30h.
  • Mércores 24, Xornada de portas abertas con agasallos
  • Xoves 25, Gale, a historia da lingua con A Xanela do Maxín, 11.30h.

 

San Sadurniño: Biblioteca Municipal

  • Martes 23, A Biblioteca Máxica: Especial Gloria Fuertes, Títeres, teatro de sombras, audiovisuáis… Dirixido a nenos e nenas de Educación Infantil e alumnado da Escola Infantil A Rolada, ás 10.30h.
  • Mércores 24, Gloria Mosquera e Diego Maceiras presentan ‘Contos para un mundo mellor’, contos con música e cancións, dirixido a 1º, 2º e 3º de primaria, ás 10.30h.

 

Santiago de Compostela: Biblioteca Pública Ánxel Casal

  • Do 1 ao 31 de outubro: Mostra bibliográfica: Biblioteca en igualdade
  • Xoves 11, Espectáculo para bebés: Gatuxo, con Magín Blanco, ás 11.30h.
  • Sábado 20, Contacontos “De Tin Marín” con Soledad Felloza, ás 12h.
  • Martes 23, Espectáculo familiar: As catro estacións de Vivaldi, con SanArte, ás 18.30h.
  • Mércores 24:
    • Xornada de portas abertas con Visitas guiadas, ás 12 e 16h.
    • Quen matou a bibliotecaria? Actividade de formación de usuarios, ás 17.30h.
    • Contos en familia con Cris de Caldas, ás 18.30h.
    • Regalos de lotes de libros
    • Convocatoria do Concurso de Roteiros literario virtuais de Compostela

Programa completo

 

Sober: Biblioteca Municipal:

  • Domingo 21, Xantar Día das Bibliotecas do Colectivo LemosLe (bibliotecas escolares e municipais da Terra de Lemos) en Rubián-Bóveda
  • Mércores 24:
    • Visita escolar do CEIP de Sober á biblioteca, 12h.
    • Benvida do alcalde e Lectura do texto conmemorativo do Día da Biblioteca 2018, O día da luz de Gonzalo Moure (Premio Cervantes Chico 2017) da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, 12h.
    • Formación de usuarios no club de lectura Pintor de Castinande, ás 19h.

 

Sanxenxo: Bibliotecas Municipais:

 

  • ​​Mércores 10, Manoele de Felisa cantando poesía na biblioteca de Sanxenxo, de 3 a 12 anos, 17.30h.
  • Mércores 10, O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa na biblioteca de Portonovo, de 3 a 8 anos, 17.30h.
  • Xoves 11, Comechíns, segundo prato na biblioteca de Vilalonga, desde 4 anos, 17.30h.
  • Luns 15, Lobo bobo na biblioteca de Vilalonga, de 3 a 8 anos, 17.30h.
  • Martes 16, Os contos do chupete na biblioteca de Portonovo, de 0 a 3 anos 18h.
  • Xoves 18, Obradoiro de creación Teatros de papel, na biblioteca Emilia Pardo Bazán, de 6 a 12 anos, 17.30h.
  • Luns 22, Obradoiro Deseño de mochilas para lectores, na biblioteca de Portonovo, maiores de 6 anos, 17h.
  • Mércores 24, A maxia dos contos na biblioteca de Vilalonga, de 3 a 10 anos, 17.30h.
  • Mércores 24, Filipacos… contos na biblioteca Emilia Pardo Bazán, de 4 a 12 anos, 17.30h.
  • Martes 30, Contos que veñen e van na biblioteca de Vilalonga, de 4 a 11 anos, 17.30h.

Programa completo

 

 

O Saviñao: Biblioteca Municipal:

  • Venres 19, Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca,  das 10 da mañá á medianoite.
    • 10:00-14:00 Visitas guiadas con grupos escolares
    • 14:00-17:00 Microvisitas guiadas para calquera persoa que acuda á biblioteca
    • 17:00-20:30 Obradoiro de improvisación teatral con Daniel Blanco de Themomento Impro (a partir de 10 anos) (inclúe merenda)(do programa Ler conta moito)
    • 17:00-18:30 Obradoiro de origami-tsumami (público a partir de 5 anos, xuvenil e adulto)
    • 18:30-19:00 Merenda infantil
    • 19:00-20:30 Contacontos-obradoiro (de 5 a 10 anos e público adulto acompañante)
    • 20:30-21:00 Representación do obradoiro de imprvisación teatral
    • 21:00-22:00 Os contos da nai da miña nai con Fátima Fernández (público infantil, xuvenil e adulto) (do programa Ler conta moito)
    • 22:00-22:30 Cea infantil
    • 22:30-23:30 Obradoiro -Torneo de mini-quidditch
    • 23:30-00:00 Xogos – Despedida
    • 00:00 Despedida
  • Domingo 21, Xantar Día das Bibliotecas do Colectivo LemosLe (bibliotecas escolares e municipais da Terra de Lemos) en Rubián-Bóveda . Entrega dos premios do V Certame Mulleres de Lemos (que se adica á mestra Genoveva González Prieto)
  • Mércores 24, Lectura do texto conmemorativo do Día da Biblioteca 2018, O día da luz de Gonzalo Moure (Premio Cervantes Chico 2017) da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, 12h.

Programa completo

 

Verín: Biblioteca municipal

  • Venres 19:
    • Visita do Delegado do goberno en Galicia con motivo da entrega do Premio María Moliner 2017 polo conxunto das actividades de fomento da lectura
    • Contacontos e manualidades a cargo do voluntariado da biblioteca, de 3 a 9 anos, ás 18h.

 

Vigo: Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas

  • Mércores 24, SEICA… colección de historias curiosas e sorprendentes, compiladas por Antía Marante e Antonio M. Fraga, que lembran feitos reais acontecidos en Galiza. É un xogo que fomenta a imaxinación ao tempo que escribe asombrosas notas a rodapé na nosa historia. Para público adulto e entidades.

 

Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel

  • Exposición bibliográfica: Máis que ler, as bibliotecas do futuro: reflexión sobre a profesión e os servizos bibliotecarios, as coleccións e os usuarios e os edificios das bibliotecas
  • Exposición bibliográfica: as vosas recomendacións: libros recomendados polos usuarios da sección infantil, do 22 de outubro ao 17 de novembro
  • Concurso: Que é a biblioteca para ti? descrición a través de debuxos ou textos, do 20 de setembro ao 20 de outubro.
  • Mércores 24, Xornada de portas abertas: visitas guiadas ás 12.30 e 18h.
  • Mércores 24, A Biblioteca secreta con Marisa Irimia, ás 18h., para maiores de 4 anos

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: