BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » Orzamentos 2019 para Bibliotecas da Xunta de Galicia

Orzamentos 2019 para Bibliotecas da Xunta de Galicia


BAMAD Galicia ante os orzamentos da Xunta de Galicia para Bibliotecas 2019

O proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2019 sube, con respecto ao 2018, apenas un 1,5%. Desde o ano 2012 a redución foi de máis do 50%

No ano 2019 as bibliotecas públicas de Galicia contarán case co mesmo orzamento que no ano 2018, e seguen cunhas dotacións reducidas á metade desde 2012. Nun contexto de “recuperación da crise”, no que a maioría das partidas orzamentarias da Xunta de Galicia se incrementan, as bibliotecas apenas notan melloría .

Os datos poden visualizarse nas gráficas máis abaixo pero queremos sinalar algunhas cuestións que nos parecen preocupantes, por encima das cantidades sinaladas e que vimos demandando desde hai anos desde a nosa Asociación:

1) A necesidade de desenvolver a Lei de Bibliotecas fomentando a cooperación entre as distintas administracións: Concellos, Deputacións e Xunta, o que debería permitir dotar de mellores servizos, instalacións, equipamento e persoal ás bibliotecas municipais.

2) Moitos servizos de bibliotecas municipais encóntranse en pleno cambio de sistema de xestión bibliotecaria o que obriga a realizar grandes esforzos de persoal, véndose na obriga moitos servizos de contratar servizos externos de persoal e/ou de xestión para poder facer frente ao cambio. Este proceso debería ser apoiado polo Servizo de Bibliotecas da Xunta que, debido principalmente, á escaseza de persoal do servizo, non pode facer frente ao labor de formación e asesoramento do cambio que sería preciso.

3) Increméntase a partida de lotes fundacionais de bibliotecas que sería interesante e importante se se estivesen a crear novas bibliotecas, cousa que non é o caso e que, polo contrario, o número de bibliotecas está descendendo desde hai uns anos.

4) Seguimos crendo que o fomento do uso da biblioteca e da lectura é imprescindible para crear sociedades democraticamente maduras polo que non entendemos que non mellore o orzamento para a realización de actividades culturais e de animación á lectura nas bibliotecas, que desde o ano 2017 sufriu unha baixada de mais do 50%.

Os profesionais das bibliotecas reclamamos mellores partidas para as bibliotecas e o desenvolvemento integral de políticas de fomento do libro e da lectura coa participación de todo o sector: administracións, empresas e persoal profesional.

A Xunta Directiva de Bamad Galicia

 Coruña, 19 de Novembro de 2018

 

Cadro comparativo e gráficos dos últimos anos

  2019 2018 2017 2016 2015 2014 2013 2012
Bolsas formación (4800) 216940 216940 216940 216940 217740 217740 217740 243920
Equipamento da rede (mobiliario) (6251) 90000 90000 90000 90000 90000 90000 100000 64800
Lotes fundacionais (6281) 495000 425000 425000 560000 600000 600000 650000 1500684
Edición libro galego (lotes fundacionais) (6282) 171060 178460 148460 348460 348460 428460 500000 500000
Obras e reparacións na rede de bibliotecas de Galicia (6322) 60000 60000 60000 60000 60000 60000 100000 190000
Promoción da lectura e do libro (6402) 185000 223000 163000 200000 200000 200000 300000 346845
Actividades culturais e animación á lectura e bibliotecas (6405) 98000 98000 240000 240000 200000 200000 200000 250000
Formación (6400) 10500 10500 10550 10550 10500 10500 10500 15000
Sistema Bibliotecario e Formación bibliotecaria (6401) 335000 335000 335000 200000 200000 200000 200000 298225
Total 1661500 1636900 1688950 1925950 1926700 2006700 2278240 3409474

 

Orzamentos para Bibliotecas: evolución

Orzamentos para Bibliotecas: detalle e total

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: