BAMAD GALICIA

Inicio » 2019 » Marzo

Monthly Archives: Marzo 2019

Advertisements

Obradoiro: Lectura e hiperlectura no mundo dixital

Obradoiro: Lectura e hiperlectura no mundo dixital

  • Impartido por: Benita Prieto
  • Modalidade: presencial
  • Lugar: Pontevedra, dentro do II Congreso de Mediación Lectora, no XX Salón Internacional do Libro de Pontevedra
  • Data:  sábado 30 de marzo
  • Prazas: 20
  • Horas: 2h. (16.30 a 18.30h.)
  • Prezo: gratuíto
  • Obxectivos: Estimular as múltiples posibilidades de lectura e escrita de textos literarios en dispositivos dixitais. Partindo da experiencia de cada persoa co mundo dixital e coa lectura vamos entender os soportes que a evolución tecnolóxica nos presenta e así deconstruír mitos e medos. Mostrar as diferenzas entre os libros que veñen do mundo físico (papel) para o dixital e aqueles que son xa pensados para as plataformas virtuais, a chamada Literatura Dixital. Presentar a coleción Novozymes Nova Perspectiva que busca, por meio da literatura, convida a lectores e lectoras a reflexionar sobre os Obxetivos de Desenvolvemento Sustentável (ODS) da ONU.
  • Programa
  • Matrícula electrónica
Advertisements

Alegacións de Bamad ao proceso de funcionarización do persoal laboral da Xunta de Galicia.

A semana pasada enviamos alegacións ao proceso de funcionarización do persoal laboral da Xunta.

A Dirección Xeral de Función Pública presentou un borrador das equivalencias do persoal laboral a funcionarios. Nestas equivalencias propoñen pasar todo o persoal auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos do grupo IV ao C2. Creando un grupo C1 vacío ao que no futuro se podería crear postos de traballo que permitisen a carreira profesional e a promoción dentro dos corpos de arquivos, bibliotecas e museos.

Desde a Asociación, coincidindo coas alegacións presentadas por sindicatos e polo propio persoal deste corpo, solicitamos a equivalencia ao corpo C1 para equiparalo coa situación actual nas universidades e noutras administracións.

Un saúdo da Xunta Directiva

II Congreso Internacional de Mediación Lectora, 27-30 marzo, Pontevedra

II Congreso Internacional de Mediación Lectora:
Revolución lectora! 27-30 marzo 2019. Pazo da Cultura de Pontevedra

Por segundo ano realízase este Congreso dentro do XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará entre o 22 de marzo e o 12 de abril. O lema escollido este ano é a Revolución e contará coa Lusofonía como cultura convidada a participar do Salón.

 

Dentro do Salón realízase o II Congreso Internacional de Mediación Lectora que, seguindo a temática do congreso, escolleu como lema a Revolución Lectora. Entre os días 27 e 30 de marzo contará cun amplo programa de actividades e de participantes de países da lusofonía: Galiza, Portugal. Angola e Brasil.

Temos que agradecer ao Salón que de novo ofreza unha actividade específica de formación para persoal de bibliotecas ou persoas interesadas na animación á lectura, que se levou a cabo durante estes anos grazas ao traballo da compañeira María José Villar da biblioteca de Chapela-Redondela, quen foi a promotora desta actividade. Este ano a proposta é dunha formación sobre a lectura en dixital impartida por Benita Prieto, o sábado 30 de marzo de 16.30 a 18.30h.

 

%d bloggers like this: