BAMAD GALICIA

Inicio » Noticias Bamad » Comunicado de Bamad Galicia 8 de Marzo, Día da Muller

Comunicado de Bamad Galicia 8 de Marzo, Día da Muller


 

PENSEMOS EN IGUALDADE, CONSTRUAMOS CON INTELIXENCIA, INNOVEMOS PARA O CAMBIO

 

O lema para o Día Internacional da Muller 2019, escollido pola ONU é “Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio”.E desde esa institución explícannos que ese tema deberá centrarse en formas innovadoras nas que poidan avogar pola igualdade de xénero e o apoderamento das mulleres.

Desde BAMAD-Galicia sumámonos e facemos noso este lema porque sabemos que nos nosos ámbitos debemos traballar pola igualdade e innovar para cambiar contribuíndo a construír con intelixencia unha memoria social máis equitativa e máis xusta. Por iso desde a Asociación, reivindicamos neste día:

 

  • Que o Plan de Arquivos, previsto na Lei de Arquivos de Galicia, que leva case 4 anos de demora, se realice con perspectiva de xénero e afecte a todos os procesos arquivísticos.

  • Que o recente creado Observatorio de Igualdade de Xénero do Ministerio de Cultura inclúa no seu plan de traballo os arquivos.

  • Que o Sistema de Arquivos de Defensa planifique o seu desenvolvemento con perspectiva de xénero; non esquecemos os arquivos deste sistema no noso país.

  • Que se redacte un Plan de Bibliotecas Publicas e un Plan de Lectura Pública no que se teña en conta a perspectiva de xénero.

  • A planificación das Bibliotecas especializadas tamén deberán realizarse con esta perspectiva.

  • Os Museos de Galicia tampouco poden ser alleos á visibilización das mulleres polo que a perspectiva de xénero deberá ser un elemento básico de planificación.

  • Desde as Insitucións da Memoria temos a obriga de visibilizar ante a sociedade e rescatar para a historia o papel, até agora oculto, das mulleres como suxeito participante das actividades humanas ao longo do tempo: traballadoras, autoras, creadoras, propietarias, empresarias, artistas, pensadoras…

Non podemos esquecer que todo isto farano posible o colectivo de profesionais de arquivos, bibliotecas e museos, colectivo moi feminizado e polo tanto con menor prestixio social e menores salarios. Por iso hoxe tamén é o día de seguir a demandar que as nosas condicións de traballo sexan máis xustas e equitativas, e así traballaremos:

 

  • Para que as nosas profesións teñan o recoñecemento que merecen e que iso se reflicta en remuneracións xustas para todas

  • Para que as arquivistas, as bibliotecarias e as museólogas teñan visibilidade defenderemos que a súa presenza sexa acorde á composición da nosa profesión en xornadas, seminarios, congresos, ciclos de conferencias, publicacións, etc.

  • Para que non se contraten arquiveiras, bibliotecarias ou museólogas en categorías inferiores ás que lles corresponden.

  • Para que os e as profesionais dos nosos sectores poidan conciliar o seu traballo coa súa vida persoal.

  • Para que nas administracións as nosas retribucións sexan equivalentes a outros corpos e escalas.

Non debemos esquecer que existe unha lexislación que obriga ás administracións públicas a desenvolver políticas de igualdade e todas as administracións deberían participar na consecución destes obxectivos.

Configurar unha memoria conscientemente construída na que as mulleres teñan unha participación equitativa como protagonistas da historia e como traballadoras recoñecidas neste sector ten que ser unha finalidade prioritaria.

Desde Bamad Galicia facemos tamén un chamamento a participar nas actividades que con motivo do 8M están orientadas a visibilizar o papel das mulleres na sociedade.

Feliz día 8 de Marzo, día das Mulleres

Xunta directiva de Bamad Galicia

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: