BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos » Proposta de Bamad Galicia aos partidos políticos ante as eleccións municipais 2019

Proposta de Bamad Galicia aos partidos políticos ante as eleccións municipais 2019


Como asociación representativa do sector en Galicia, e Federada a nivel estatal dentro de Fesabid, sentímonos na obriga de nos dirixirmos aos principais partidos políticos que se presentan ás eleccións municipais de maio de 2019 cunha serie de propostas reivindicativas que cremos que poden ser facilmente asumibles polos partidos e que contribuirían á mellora dos servizos culturais, bibliotecas e arquivos, dos nosos concellos.


En primeiro lugar consideramos fundamental garantir o dereito da cidadanía de todos os concellos de Galicia á cultura e polo tanto a uns servizos de arquivo e biblioteca que fagan partícipes a todas as persoas do uso, goce e conservación do patrimonio documental e bibliográico.

Para isto é imprescindible asumir a obriga de dotar destes servizos a todos concellos de Galicia ben como servizos propios, ou ben mancomunalos, compartilos ou xestionalos desde as Deputacións.

Desde a asociación propoñemos que os partido políticos asuman o compromiso de que os concellos de máis 5.000 habitantes dispoñan de Biblioteca propia (como esixe a lexislación), e de Arquivo os concellos de máis de 10.000 habitantes, con persoal titulado á frente dos mesmos.

Os concellos de menos habitantes deben contar tamén con estes servizos.

 

Para acadar estes obxectivos e que a veciñanza poda acceder aos servizos de arquivo e biblioteca é fundamental:

1) Dotar os arquivos e bibliotecas, existentes ou de nova creación no concello, de instalacións adecuadas para o desenvolvemento dos servizos.

Referímonos tanto aos edificios compartidos ou independentes nos que se asentan estes servizos como ás instalacións internas, dotándoas de mobiliario, equipamento informático e técnico para o desenvolvemento das funcións e do traballo no servizo: isto quere dicir:

  • Edificios ou espazos adaptados ás necesidades dos servizos que van facilitar á cidadanía.
  • Mobiliario suficiente e adecuado para almacenar os depósitos, fondos e materiais así como para desenvolver os servizos técnicos e a atención ao público.
  • Medidas de seguridade e conservación ante posibles desperfectos da documentación e do material conservado e posto a disposición do público.
  • Infraestrutura tecnolóxica adecuada con equipamentos informáticos actualizados tanto en software como en hardware, con programas informáticos adecuados para desenvolver adecuadamente os procesos técnicos, con acceso web para a institución: web propia ou compartida co concello, acceso e difusión dos servizos a través de blogues e redes sociais e facilitando o acceso da cidadanía á internet mediante wi?i funcional.

2) Compromiso das administracións para dotar de servizos de biblioteca os concellos de menos de 5.000 habitantes e de servizo de arquivos aos concellos de menos de 10.000 habitantes.

  • É necesario que as Deputacións establezan plans de desenvolvemento destes servizos contribuíndo a prestar servizos naqueles lugares onde non existen.
  • As Deputacións deberían contribuír a dotar estes servizos do persoal adecuado mediante a creación de plans de promoción, contratación, bolsas de traballo…
  • Implicación da Xunta de Galicia e das Deputación que contribúan conxuntamente a prestar estes servizos, ou dotar de persoal, servizos móbiles, itinerantes… que leven estes servizos ás localidades onde non existan. É imprescindible a racionalización dos servizos de biblioteca e arquivo naqueles lugares menos dotados: con servizos comarcalizados/territorializados que poidan levar á súa área de influencia os servizos demandados pola cidadanía.

3) Dotación de persoal técnico adecuado para a realización das tarefas técnicas necesarias no servizo.

  • Recollida das características do persoal nas RPT, nos convenios e nos documentos de relación laboral onde se establezan as funcións deste persoal.
  • O persoal debe ser o adecuado e necesario para realizar as funcións técnicas e a atención ao público dos servizos. Isto significa que deberá ser o suficiente en número, titulacións e nas características das funcións a realizar.

4) Orzamentos suficientes e autónomos.

  • É necesario dotar os arquivos e bibliotecas de autonomía e capacidade para xestionar os seus orzamentos, sobre todo no que se re?ire á adquisición de fondos, á dotación de novos servizos, á adquisición de equipamentos necesarios e para a difusión dos seus fondos.

5) Autonomía dos servizos, dentro das normas institucionais, dotándose de Regulamentos propios e de Cartas de Servizo que determinen a relación entre os servizos e os usuarios ou a cidadanía en xeral.

6) Clarificación dos servizos dentro dos organigramas institucionais.

Recoñecemento institucional da importancia do papel que xogan as institucións da memoria no acceso á cultura, á educación e á formación da cidadanía e que permiten a conservación e a difusión da memoria local.

7) Facilitar o acceso da cidadanía mediante sinalética clara na localidade que indique os lugares onde se encontran estes servizos e a adaptación dos servizos á mobilidade das persoas con diferentes capacidades.

8) Visibilizar os servizos e as institucións da memoria nas páxinas web e nas publicacións municipais.

9) Cumprir as leis, normas e recomendacións que se reJiran ás bibliotecas e arquivos.

A autonomía e potestade organizativa e administrativa dos concellos non debería servir de escusa para non cumprir as normativas que afectan a estas institucións.

  • Normas que afectan á organización dos servizos e o persoal co que deberían contar para poder ofrecer servizos de calidade á cidadanía.
  • As normas relativas aos espazos e instalacións e o mantemento de servizos, da conservación e preservación dos documentos e obxectos conservados nas institucións.

10) Por último, pero non menos importante: difundir os arquivos e as bibliotecas ante a cidadanía mediante actividades dirixidas a diferentes sectores da poboación e ao mundo asociativo da localidade e, principalmente, ante os centros escolares, de maneira que se dea a coñecer a importancia destes servizos para a cultura, a educación, a formación, o ocio e para a conservación e difusión da memoria da localidade.

 

Na Coruña a 13 de maio de 2019


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: