BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos » Día Internacional dos Arquivos, #IAW2019: actividades

Día Internacional dos Arquivos, #IAW2019: actividades


Día Internacional dos Arquivos 2019

O día 9 de xuño de 1948 estableceuse o Consello Internacional de Arquivos (ICA) baixo os auspicios da UNESCO. Na Asamblea Xeral do ICA de 2007, elixiuse ese día para adicar aos arquivos co obxectivo de  poñer en valor as súas funcións e salientar a súa importancia na sociedade.

Este ano o tema é “Deseñar arquivos no século XXI”

A campaña incide sobre o rol de nosa profesión no Século 21 onde arquivistas, xestores documentais e profesionais da información, con independencia do sector ao que pertenzan (público ou privado) ou da rama profesional,  xogan un papel vital na xeración de oportunidades que permitan o desenrolo dun deseño humanista en beneficio dos cidadáns e da comunidade en xeral.

O ICA/CIA anímamos a compartir a nosa visión dos arquivos e da profesión. Así mesmo anima a utilizar #IAW2019 para visibilizar as actividades dos arquivos nas redes sociais.

Tamén podemos difundir os eventos que se farán nas distintas organizacións no Programa da Semana Internacional dos Arquivos

Actividades nos arquivos galegos: (en construción)

Como en anos anteriores os arquivos galegos realizan actividades abertas á sociedade para visibilizar o seu traballo, os seus profesionais, as súas instalacións e os seus fondos:

Arquivo de Galicia

A inauguración do Día dos Arquivos  será o día 7 e arredor dela haberá actividades como:

  • Xornadas de portas abertas ao Arquivo de Galicia e visitas guiadas á exposición os días 7, 10, 11, 12, 13 e 14 de xuño, entre 9-14 h., cunha duración aproximada: 1 h.
  • Visitas guiadas á exposición dende o 10 de xuño ata que se clausure, cunha duración de 45 minutos.

 

Lugo: Arquivo Histórico Provincial:

  • luns 3 de xuño: Difusión de Documentos singulares, centrado no Livro da Montaría de D. Jôao I, rei de Portugal, que se escribiu século XV. Contarase a historia deste documento e da recente incorporación dunha folla que se atopou en Monforte no 2013 e que se dera por perdida; ademais poderanse ver os orixinais expostos. 19h.
  • Do 3 ao 7 de xuño semana de portas abertas para coñecer o centro e os documentos que custodia.

 

Lugo: Arquivo Territorial da Xunta:

  • Venres 7 de xuño: visitas guiadas ás 10 e 12h.

 

A Coruña: Arquivo do Reino de Galicia:

  • mércores 5 de xuño:
    • obradoiro de encadernación copta, 17h.
    • visita guiada, 18h
  •  xoves 6 de xuño
    • obradoiro de encadernación copta, 11h.
    • visita guiada, 13h.
    • obradoiro básico de investigación: os tratamentos médicos no século XVIII, 17 h.
  • venres 7 de xuño:
    • obradoiro básico de investigación: os tratamentos médicos no século XVIII, 11 h.

 

 

Pontevedra: Arquivo Histórico Provincial:

  •  xoves 6 e venres 7 de xuño, 12 h.:
    • xornada de portas abertas. Visitas guiadas e mostra de documentos sobre fontes para o estudo da emigración no AHHPo
  • venres 7 de xuño: conferencia e velada musical, 19h.:
    • conferencia: a exposición das mulleres galegas no Uruguai: fontes para a súa historia, impartida pola profesora da USC Pilar Cagiao Vila
    • velada musical: Jorgelina Piana acompañada á guitarra por Antón Leiro, trasladaranos alén do océano cos seus tangos e milongas.

 

Pontevedra: Arquivo Municipal:

  • Exposición ENTRE DÚAS AUGAS. PONTEVEDRA 1930-1940.
    Instalada no Pazo da Cultura, visitable ata o 7 de xullo.
  • Día 11 de xuño, ás 19,30 h., na Casa da Campá, sede do Vicerrectorado, rúa Don Filiberto, conferencia do profesor Anxo Serafín PORTO UCHA, DOS MODELOS EDUCATIVO: LA ESCUELA REPUBLICANA Y LA DEL NACIONAL-CATOLICISMO.
  • Día 28 de xuño, 21 h., Teatro Principal, representación teatral da compañía Avelaiña Teatro, que porá en escea A SEÑORA LOLA. Entrada gratuita.
  • A confirmar durante este mes, a presentación do Catálogo da exposición ENTRE DÚAS AUGAS. PONTEVEDRA 1930-1940.

 

Ourense: Arquivo Histórico Provincial:

Santiago de Compostela: Arquivo Histórico Universitario

Celebra o venres 7 o Día Internacional dos Arquivos cunha visita guiada. Organiza tamén o I Encontro de Investigadores do Arquivo Histórico Universitario de Santiago

http://xornal.usc.gal/xornal/acontece/2019_06/noticia_0031.html

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: