BAMAD GALICIA

Inicio » 2019 » Xuño

Monthly Archives: Xuño 2019

Comunicado de Bamad polo Día Internacional dos Arquivos, #IAW2019

O día 9 de xuño celebramos o Día Internacional do Arquivos, #IAW2019

Desde a súa creación, en 2008, o Día Internacional dos Arquivos pretende dar a coñecer:

  • Aos sectores públicos e privados, a necesidade de resgardar os arquivos e facilitar o acceso a eles.

Ao documentar as actividades e decisións tomadas, os arquivos proporcionan tanto a continuidade dos organismos públicos e privados e a xustificación dos seus dereitos, así como os dos individuos e os estados.

  • Ás autoridades públicas, os beneficios de contar cun rexistro documental eficaz para establecer un bo goberno.

Os arquivos son parte do patrimonio cultural e unha das principais fontes de información. O patrimonio documental proporciona evidencias significativas para o desenvolvemento económico, político, social e cultural da humanidade.

  • Ao público en xeral, a importancia dos arquivos.

Os arquivos constitúen a memoria das nacións e das sociedades, forman a nosa identidade e son pedra angular da sociedade da información.

Tema da campaña 2019: “Deseñar Arquivos no século XXI” #IAW2019

“Deseñar Arquivos” propón situar a xente no centro do que facemos profesionalmente. A campaña fai fincapé sobre o rol da nosa profesión no Século 21 onde arquivistas, xestores documentais e profesionais da información xogan un papel vital na xeración de oportunidades que permita o desenvolvemento dun deseño humanista en beneficio da cidadanía e a comunidade en xeral.

BAMAD Galicia ten sempre os profesionais no centro da nosa actividade e no Día Internacional do Arquivos queremos compartir que as arquiveiras e arquiveiros desenvolvemos un traballo fundamental para conservar o patrimonio, para conformar a memoria, e para a gobernanza dos territorios. Para podelo realizar, reivindicamos:

  • máis arquivistas para poder garantir o futuro do patrimonio documental,

  • recoñecemento das responsabilidades da profesión de arquivista,

  • remuneracións axeitadas a esas responsabilidades,

  • máis arquivos e máis medios e infraestruturas para os que xa existen, para poder desenvolver o traballo.

  • E a aprobación do Plan de Arquivos, previsto na Lei de Arquivos de Galicia, que se realice con perspectiva de xénero e afecte a todos os procesos arquivísticos, e que conte con dotación orzamentaria suficiente

Configurar unha memoria conscientemente construída na que as e os arquivistas teñan un protagonismo recoñecido ten que ser unha tarefa prioritaria na nosa sociedade

Feliz Día Internacional dos Arquivos!

Na Coruña a 6 de xuño de 2019

Advertisements
%d bloggers like this: