BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » Bibliotecas públicas » II Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia

II Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia


Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e todos, 21 de outubro, Santiago de Compostela

II xornada

 

O 21 de outubro a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Servizo de Bibliotecas, organiza as II Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia, baixo o lema Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e todos, no Auditorio 1 CINC – Centro de Innovación Cultural na Cidade da Cultura.

A xornada está dirixida a profesionais das bibliotecas e o prazo de inscrición está aberto do 2 ao 16 de outubro. O obxectivo da iniciativa é crear un espazo de encontro entre os profesionais que desenvolven o seu traballo diario nas bibliotecas públicas de Galicia.

Co lema Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e a todos, a II Xornada pretende destacar o importante papel que deben desempeñar as bibliotecas como espazos accesibles e integradores das persoas con diversidade funcional.

Os eixes arredor dos que xirarán os relatorios serán:

  • Accesibilidade universal (física, cognitiva e sensorial): fomentar a autonomía das persoas nos espazos da biblioteca.
  • Fondos documentais accesibles: adaptados ás diversas necesidades lectoras e audiovisuais: lectura fácil, lingua de signos, letra grande, linguaxe pictográfica, audiolibros…
  • Servizos integradores: adaptar os servizos tradicionais e proporcionar servizos adaptados a colectivos con discapacidade.
  • Formación do persoal: a importancia de formar o persoal na atención á diversidade.

Logo da boa acollida da primeira edición da Xornada de Bibliotecas Públicas do ano 2018, neste 2019 búscase encamiñar este espazo de reflexión e encontro dos profesionais das bibliotecas galegas cara ás bibliotecas inclusivas. Estas demandan unha necesaria adaptación dos espazos, as coleccións, os servizos e os profesionais para dar resposta aos retos que presenta a sociedade actual.

Como novidade, esta edición acolle experiencias reais que exemplifican os contidos teóricos que se presentan neste encontro.

A Xornada pecharase coa entrega da segunda edición do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2019, posto en marcha pola Xunta de Galicia no 2018.

INSCRICIÓN

PROGRAMA

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: