BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » 24 de outubro, Día da Biblioteca 2019

24 de outubro, Día da Biblioteca 2019


O vindeiro día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, unha iniciativa que dende 1997 promove a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil

O obxectivo é poñer en valor o papel das bibliotecas e a importancia de contar con unhos servizos bibliotecarios de calidade, accesibles para todo tipo de públicos e en calquera etapa da vida. A partir de este ano  incorpórase o lema ‘Aptas para todos os públicos’, que estará presente en toda as actividades que se poñan en marcha.

O pregón deste ano é da escritora Gemma Pascual i Escrivà, e o cartel do ilustrador Miguel Calatayud.

Cartel Día de la Biblioteca 2019

  • Cartel da Consellería de Cultura e Turismo

https://rbgalicia.xunta.gal/sites/default/files/images/aviso/dia_das_bibliotecas_2019.jpg

 

  • Cartel e logo da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través de la Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura

https://rbgalicia.xunta.gal/sites/default/files/images/aviso/cartel_ministerio.jpg

 

Nas bibliotecas galegas celébrase esta efeméride con numerosas actividades, algunhas das cales indicamos a continuación (en construción):

Utilizaremos #DíadaBiblioteca para difundir as actividades.

O Día das Bibliotecas en Galicia

Tras o éxito da I edición do ano pasado, a  Rede de Bibliotecas de Galicia organiza as II Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia o 21 de outubro na Cidade da Cultura.

 

A Coruña. Biblioteca González Garcés

  • 24 de outubro, encontro literario “Palabras máxicas”: obradoiro de escritura creativa de Chus Molina Raspal (textos relacionados co mundo bibliotecario, relatos curtos), ás 18:30 h.
  • 26 de outubro, “O ratiño presumido” con Trinke Trinke para nenos 3-6 anos, ás 12:00 h.

Programa completo do mes de outubro

 

A Coruña. Biblioteca Deputación Provincial

  • 24 de outubro,
    • Visita guiada á biblioteca, ás 11:30 h.
    • Sesión de información dixital “Ebibliodacoruna club”, 10:30-11:15 h. na sala  Manuel López
    • A Biblioteca sae  á rúa, á 13:00 h. diante da biblioteca.
    • Conferencia “A transición enerxética en España” por Francisco Aréchaga, ás 19:30 h. na sala Manuel López.
    • Obradoiro de sombras, 18:00-20:00 h.
  • 28 de outubro, presentación do libro “Un día de septiembre y algunos de octubre” de Jordi Serra i Fabra, ás 17:00 h.
  • Do 24-31 de outubro, premios aos superlectores/as
  • Exposición “Bibliotecas dixitais” no vestíbulo da biblioteca durante outubro e novembro

 

Bóveda. Axencia de Lectura Municipal

  • 24 de outubro, contacontos con Sergio Rivas Ínsua, para todos os públicos, ás 11h.
  • 24 de outubro, Iria Mejuto, un paseo entre liñas pola música negra “Soul e Literatura“, mocidade e adultos, 20h.
  • 25 de outubro, obradoiro de danza tradicional con Nerea Consuelo de Xandobela, A bailar cando os tempos, mocidade e adultos, 20h.

 

Celanova. Biblioteca Municipal

  • 24 de outubro,  O Titiribaile / con Musicarte, para nenos de 2 a 11 anos, ás 18:00 h.

 

A Guarda. Biblioteca Municipal

  • 18 de outubro,  Contacontos ilustrados mulleres galegas, ás 18 h.
  • 21 de outubro,  Unha árbore ven a vernos, ás 18 h.
  • 24 de outubro,  Bibliotecas para mudar o cambio climático, ás 18 h.
  • 26 de outubro,  Obradoiro de creación teatros de papel, ás 11:30 h.

Meis. Biblioteca Municipal

  • 23 de outubro, Cores, contos e Rock´n Roll con Pakolas destinado a nenos de 3-10 anos,  ás 18:30h.
  • 24 de outubro, Contos de outrora para xente de agora con Avelino González destinado a adultos,  ás 11:00h.
  • 25 de outubro, Contos de sempre para xente de agora con Fátima Fernández destinado a adultos,  ás 17:00h.

Oleiros. Bibliotecas Públicas municipais

  • Biblioteca Central Rialeda:
    • Abecedario sorpresa: escolla de libros e películas imprevistas
    • 24 de outubro, Obradoiro co Faiado de Nin de deseño de mochilas para lectores e lectoras, maiores de 6 anos, 18.30h.
  • Biblioteca Rosalía de Castro, Santa Cruz:
    • Deixando pegadas: deixa a túa marca con pintura de mans na biblioteca.
    • 23 de outubro: Contos da nai selva con Paula Carballeira, maiores de 4 anos, 18.30h.
  • Biblioteca María José Trincado, Mera:
    • Do 21 ao 25 de outubro: obradoiro de decoración de marcapáxinas, público infantil
  • Biblioteca Xograr Mendiño, Lorbé:
    • 24 de outubro: obradoiro de decoración de marcapáxinas, público infantil
    • Mostra bibliográfica para tod@s, coa temática os libros e as bibliotecas.
  • Biblioteca Manuel María, Oleiros:
    • Segunda quincena de outubro: Obradoiro de debuxo e pintura para nenas e nenos con temas alusivos aos libros e ás bibliotecas.
  • Biblioteca Ánxel Fole, Nós:
    • A vida da biblioteca: centro de interese sobre os libros e a biblioteca
  • Biblioteca María José Ruso, Dorneda:
    • Exposición Os libros protagonistas
    • Canto dabes sobre as bibliotecas? pasatempos sobre as bibliotecas dirixidas ao público infantil

 

Poio. Biblioteca Municipal.

  • 24 de outubro,  Bookcroussing: a bibliotecaria explicará en qué consiste para despois realizala actividade, ás 17:30h.

Pontevedra. Biblioteca Pública

  • 25 de outubro,  Os contos das cesta de caperuchiña: a partir de 3 anos impartido por Bea Campos, ás 18:00 h.
  • VI Certame de relato curto. Presentacións ata o 25 de outubro , destinatarios persoas a partir de 16 anos.

 

Ribadavia. Museo Etnolóxico

 

  • 24 de outubro, ás 20.00h  // sábado 26 de outubro, ás 12:00h. Visita guiada á Biblioteca do Museo: “Descubrindo documentos singulares” desde almanaques, a álbums de cromos, minicontos, comedias soltas do S. XVIII, catálogos de tendas, revistas de moda do S. XIX, folletos… que información nos achegan?
  • 24 de outubro,
    • Reunión de clubs de lectura de bibliotecas escolares no Museo Etnolóxico con concurso de contada, en colaboración coa Noite Meiga da asociación Ribadavia Activa-T.
    •  Actuación de Brais das Hortas co espectáculo: “Contos de defuntos e outros asuntos”. (Actividade para os clubs de lectura participantes).
  • 25 de outubro. Presentación do libro “Xornada sobre Bibliotecas Especializadas (actas 2010, 2013, 2016)” que reúne todas as intervencións que se fixeron nas tres edicións desta xornada, ás 18:00h.

Santiago de Compostela. Biblioteca Ánxel Casal

  •  11, 18 e 25 de outubro, Obradoiro de iniciación á maxia “Biblioteca máxica” con David Méndez; o 26 de outubro, gala final do obradoiro de maxia no salon de actos ata completar aforo.
  • 19 de outubro, Contacontos “Un día, na biblioteca”  a cargo de Ángeles Goás e destinado a nenos a partir de  4 anos,  ás 12.00h no salón de actos ata completar aforo.
  •  24 de outubro,
    • visitar guiada extraordinaria, ás 12 h.
    • Entrega de lotes de libros ás “superlectoras” e “superlectores” infantís e adultos.
    • Espectáculo familiar “Fantasía musical” a cargo de María Faltri e Jorge Juncal para nenos 3-8 anos,  ás 18.30h no saón de actos ata completar aforo.

O Saviñao. Biblioteca Municipal

  • 24 de outubro,
    •   10:00-14:00  Visitas guiadas con grupos escolares
    •     14:00-17:00  Minivisitas guiadas para calquera persoa que acuda á biblioteca
    •     17:00-18:00  Conta – obradoiro artístico con tapóns e palliñas(a partir de 5 anos)
    •     18:00-18:30  Merenda infantil
    •     18:30-19:30  Obradoiro – competición de buxainas (a partir de 6 anos)
    •     19:30-20:30  Xogo Rescate na Biblioteca con Antía Yáñez (programa Ler conta moito) (a partir de 6 anos e público adulto acompañante)
    •     20:30-21:30  Obradoiro de carteira/porta-retratos (a partir de 8 anos)
    •     21:30-22:00  Cea infantil
    •     22:00-22:50  Contacontos Bolboretas con Soledad Felloza (programa Ler conta moito)(público infantil, xuvenil e adulto)
    •     22:50-23:50  Obradoiro de debuxo con círculos (público a partir de 10 anos, xuvenil e adulto)
    •     23:50-00:00  Xogos/Karaoke – Festa de despedida

Sober. Biblioteca Municipal.

 Colectivo Lemos Le.

 

Verín. Biblioteca Municipal

  • 25 de outubro,  Contacontos e manualidades con materiais reciclados para nenos de 3-9 anos, de 18:00 h. ás 19:30 h.

 

Vigo. Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.

  • 23 de setembro ao 4 de novembro no recibidor da biblioteca, Bibliotecas: núcleos de transformación. Explicación do papel das biblitecas nos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da AXenda 2030 das Nacións Unidas.
  • 23 de setembro ao 4 de novembro no recibidor da biblioteca, Pregoeiras e pregoeiros do Día da Biblioteca. Exposición cos carteis, pregóns e obras das distintas autoras e autores do Día da Biblioteca.
  • 24 de outubro, xornada de portas abertas: visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 h.

 

Vigo. Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas

  • 24 de outubro, Consultorio na biblioteca, durante todo o día haberá un consultorio na biblioteca, onde se tratará ao público usuario as súas doenzas literarias.
  • Exposcións de carteis cos beneficios da lectura.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: