BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos » Orzamentos 2020 para Arquivos da Xunta de Galicia

Orzamentos 2020 para Arquivos da Xunta de Galicia


BAMAD Galicia ante os orzamentos da Xunta de Galicia para Arquivos 2020

O proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2020 aumenta a partida dedicada a Arquivos respecto ao ano anterior en 48.750€.

Os orzamentos son continuistas do ano 2019 incrementándose só en dúas das partidas.

No ano 2020 seguimos no camiño da recuperación das partidas dedicadas aos arquivos despois duns anos especialmente difíciles.

1) Celebramos os aumentos dalgunhas dotacións pero é necesario que sigan a aumentar para paliar as múltiples deficiencias de infraestruturas e de persoal dos arquivos dependentes e xestionados pola Xunta de Galicia porque aínda son moi insuficientes para dar resposta a todas as necesidades acumuladas en anos de rebaixas orzamentarias.

2) O maior incremento é na partida de Actividades de difusión e de promoción de arquivos e patrimonio documental o que valoramos positivamente pero que consideramos mellorables xa que cremos que os arquivos deben visibilizarse máis na sociedade para que a cidadanía poida coñecer e valorar positivamente os servizos prestados por estas institucións.

3) A outra partida que aumenta é a de apoio aos entes locais para investimentos en arquivos. Agradecemos tamén este aumento realizado pola Xunta pero seguimos crendo insuficiente esta partida así como a non existencia de outras que poderían axudar a crear arquivos naqueles concellos nos que non existen e, sobre todo, a apoiar a contratación de persoal para atender estes servizos.

Desde BAMAD Galicia entendemos que é preciso aumentar o esforzo para conseguir unhas infraestruturas dignas para os centros do sistema de arquivos da Xunta de Galicia, a maioría deles sen espazo e sen persoal suficiente para desenvolver as súas funcións.

Esperamos tamén que o 2020 sexa o ano da aprobación dun “Plan xeral de arquivos” que dea resposta ás necesidades: de persoal, de infraestruturas dos arquivos, de ferramentas de traballo ou de formación. Este plan debería elaborarse con perspectiva de xénero e contar cunha memoria económica axeitada para poder garantir os dereitos da cidadanía e cumprir coas obrigas en materia de transparencia, de administración electrónica e de divulgación e conservación do patrimonio documental.

A Xunta Directiva de Bamad Galicia

A Coruña, 28 de Outubro de 2019

 

Cadro comparativo e gráficos de Arquivos 2019-2020

 

2020

2019

Bolsas para conservación do Patrimonio documental en arquivos (4801)

107406

107406

Maquinaria, instalacións e utensilios de arquivos. Adquisicións (6231)

17200

17200

Mobiliario e útiles de arquivos (6252)

24000

24000

Proxectos e informes e dirección en materia de arquivos (6283)

135000

135000

Adquisicións e restauración do patrimonio documental (6284)

23336

23336

Movemento e traslados de fondos documentais (6285)

0

0

Publicacións en materia de arquivos (6286)

10000

10000

Obras de conservación de arquivos (6321)

35000

35000

Actividades difusoras e de promoción de arquivos e patrimonio documental (6404)

200000

161250

Axudas a entes locais para investimentos en arquivos (7600)

110000

100000

Total

661.942

613.192

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

%d bloggers like this: