BAMAD GALICIA

Inicio » 2019 » Decembro

Monthly Archives: Decembro 2019

Xornada RDA na Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia organiza unha nova xornada técnica que terá como protagonista o estándar RDA. Aínda que este “novo” código de catalogación está publicado desde o ano 2010, a súa adaptación nas bibliotecas españolas non termina de poñerse en marcha. A Biblioteca Nacional de España, a Biblioteca de Catalunya ou a Biblioteca das Illes Balears son das poucas institucións que están a facer esforzos reais para tratar de implementar RDA nos seus procesos de catalogación.

Na xornada estarán presentes representantes destas tres bibliotecas para transmitirnos como están a traballar para adaptarse á RDA e cales son os principais atrancos cos que se están a atopar. Para rematar a xornada haberá unha mesa de debate para achegarnos ao estado da cuestión nas bibliotecas galegas.

Baixo o título “RDA: estado da cuestión”, a xornada o terá lugar o día 13 de decembro no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca de Galicia. O horario será de mañá, entre as 10:00 e as 15:30 horas, cun descanso entre intervencións para una café ás 11:30 h. Ao remate da xornada servirase unha comida lixeira na Sala Eisenman.

A inscrición pode realizarse, a partir do martes 3 decembro ás 9h., e até completar prazas, na web http://www.cidadedacultura.gal/gl

Informacion Xornada

 

%d bloggers like this: