Visita de Bamad á exposición Galicia: un relato no mundo.


Visita de Bamad á exposición Galicia: un relato no mundo.

O día 15 de febreiro tivo lugar a xuntanza ordinaria de Bamad na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, que contou coa asistencia da directiva de Bamad e de algún socio/a interesado/a. Realizouse a aprobación da acta da anterior xuntanza, e a presentación da memoria coas actividades anuais realizadas, dos cursos que se levarán a cabo ao longo e dos orzamentos previstos.

Despois da comida de confraternización, asistimos á exposición Galicia: un relato no mundo que explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualizade. Enmárcase como a primeira das tres grandes exposicións que se levarán a cabo con motivo do Xacobeo 2021.

A mostra ofrece a posibilidade de coñecer de preto obras coma a Biblia Kennicott – unha biblia xudía feita no s. XV na Coruña e que permaneceu desaparecida despois da expulsión dos xudeus polos Reis Católicos ata que se atopou no s. XIX e se conserva na actualidade en Oxford- ; a Santa de Asorey – obra que escandalizou á sociedade cando se exhibiu na Exposición Nacional de Belas Artes en el Madrid de 1926 e que anos despois adquiriu Casa de Galicia de Montevideo (Uruguay) en 1951. Chegan por primeira vez a Galicia obras coma Libro das Invasións – primeira mención coñecida a Breogán- ; o Cancioneiro da Vaticana – peza imprescindible da lírica galaico-portuguesa- o Mapa de Sawley, considerado un dos primeiros mapamundi enciclopédicos europeos que na época do Pórtico da Gloria (s. XIII) representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa.

Deixámosvos as fotos da visita que recomendamos que fagades, tanto polas magníficas pezas que alberga coma polas historia e lendas que as rodean e que nos explicaron de xeito moi ameno. Grazas a todos/as por asistir!!

Directiva de Bamad e socios participan na asamblea.

Visita guiada á exposición.

Guerreiro de Lesenho.

Códice Calixtino

Santa, de Asorey.

Categorías:Actividades Bamad

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.