23 de abril 2020: Día do libro


Abril, mes do Libro

Con este post completamos o anterior feito sobre o mes do libro. En Abril celebramos dúas datas importantes para as bibliotecas o Día do Libro infantil e Xuvenil, o 2 de Abril, e o Día do Libro, 23 de Abril.

O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor é unha festividade para promover o desfrute dos libros e da lectura. Cada 23 de abril, data simbólica da literatura universal na que coincide a desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega, sucédense celebracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros –un nexo entre o pasado e o futuro, unha ponte entre xeracións e distintas culturas. A UNESCO xunto con tres organizacións profesionais internacionais do mundo do libro designaron á cidade de  Kuala Lumpur (Malasia) como a Capital Mundial do Libro 2020 co lema “KL Baca: o coidado a través da lectura”

Tamén compartimos a mensaxe da UNESCO: anímanos a usar o poder da lectura para combatir o illamento, estreitalos vínculos entre as persoas, expandir novos horizontes, a par que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade.

Este ano polas circunstancias por todos coñecidas do confinamento, as bibliotecas, librarías e diferentes axentes involucrados no ámbito cultural da lectura, non poden desenvolver as súas actividades connmemorativas de xeito ordinario. Pese a isto, son moitos os centros culturais das diferentes administracións que se esforzan en realizar actividades a través das redes sociais para continuar na súa labor difusora da cultura e de achegamento da lectura os cidadáns.

Actividades nas Bibliotecas Galegas para celebrar o día do libro (en construción):

Nesta noticia tamén se aportan algunhas actividades que se van realizar nas Bibliotecas Públicas da Xunta de Galicia: As bibliotecas públicas da Xunta celebran o Día do Libro cunha programación online para o fomento e dinamización da lectura

A Xunta de Galicia tamén utiliza en toda a súa rede de instalacións culturais: Arquivos, Bibliotecas e Museos a presenza de actividades culturais con #aculturasegue

Ames: Biblioteca Municipal

#BiblioRetos que se poden realizar durante toda a semana no facebook da Biblioteca

Baiona: Biblioteca Municipal

Concurso de relato curto O enxeño engaiolado: Cervantes no seu encarceramento en Arxel, Óscar Wilde en Londres ou como Unamuno ou Miguel Hernández que dende a cárcel de Torrijos (Madrid) escribiu «Nanas da Cebola», animarvos a agudizar o enxeño e a participar neste concurso de relato curto.

Caldas de Reis: Biblioteca Municipal P.M. Martínez Ferro

Difundimos por diversos medios a proposta que titulamos “O recuncho de ler de cadaquén” para que cadaquén, cada persoa, nos mande unha fotografía do lugar escollido para ler e do libro que está a ler.
As fotografías recibidas, de lugares, persoas e libros, publicaranse na páxina de facebook da biblioteca.

A Coruña: Biblioteca da Deputación Provincial

A Biblioteca da Deputación da Coruña ofrece multitude de actividades ao redor do libro e da lectura, desde a súa plataforma de libros electrónicos permite o acceso a moitas obras e ademais nas redes sociais, youtube, facebook, twitter e instagram ofrecen moitas actividades para estes días.

A Coruña: Biblioteca Pública Miguel González Garcés

A biblioteca pon en marcha o concurso “Encriptados de ida e volta”. Un concurso que se desenvolverá a través das redes sociais no que todos estades invitados a participar

Ata o martes 21 de abril os usuarios poderán enviar a través dunha mensaxe privada de facebook á conta da Biblioteca <https://www.facebook.com/BiblioPubliCoru/&gt; o que demos en chamar “emotilibros”, é decir, os títulos dos libros que leron ou están lendo durante a corentena encriptados con emoticonos.

Exemplo
– Título: Memorias dun neno labrego
– Autor: Xosé Neira Vilas
– Emoticonos: 🏽

Unha vez recopiladas todas as mensaxes, a Biblioteca elaborará unha listaxe que publicará nas redes sociais o día 23 de abril, e os usuarios poderán participar tratando de adiviñar o título dos libros que se esconden en cada un dos encriptados.

Haberá premios, un diploma e un agasallo sorpresa.

A Coruña: Bibliotecas Municipais

Solidariedade coa situación do tecido cultural e empresarial vinculado ao libro. Convidan a participar na campaña de posta en valor do mesmo de cara á celebración do Día do Libro cun vídeo/spot que levará por lema: #mollamonospololibro para visibilizar o traballo, reinvindicar a profesión e conseguir crear rede entre todos os axentes do libro.

Continuan coa #BibliotecanaCasa e actividades nas redes e nos clubes de lectura virtuais. Estamos abertas nos espazos virtuais.

A Coruña: Museo de Belas Ares

O Museo continúa as súas actividades con O Museo en Casa que se pode seguir desde as súas redes sociais:

Instagram: @MuseoBelasArtes
Facebook: MuseoBelasArtes

O Grove: Bibliotecas Municipais

As Bibliotecas trasladan as súas actividades ás redes con #QuedoNaCasaeLeo #QuedanaCasaeLe.

De Luns a venres nas redes sociais ás 17.30h. no facebook, twitter e instagram das bibliotecas.

A Guarda: Biblioteca Pública

Envía por correo a bibliotecamunicipaldaguarda@gmail.com  algunha das seguintes propostas xunto co teu nome, idade e localidade.

  1. Convidamos á veciñanza a enviar unha frase ou un verso breve, con indicación do autor e do título do libro, que traslade á cidadanía ilusión e forza nestes momentos de confinamento. Farase unha selección de 15 das propostas que serán rotuladas nas rúas da localidade.
  2. Un vídeo breve cun membro da familia lendo un libro aos máis pequenos/as da casa. Especialmente, os avós e avoas que contan contos e non teñen o hábito de participar na redes sociais.
  3. Unha fotografía cunha selección de libros favoritos da túa biblioteca persoal.
  4. Unha autofoto co teu libro favorito, unha dedicatoria, unha cita breve.
  5. Unha fotografía do teu recuncho favorito de lectura no teu fogar ou no exterior si tes algunha.

Prazo de participación ata o 30 de abril. Todas as propostas recibidas ser´na publicadas no facebook da biblioteca coas etiquetas #QuedaNaCasa, #DíaMundialDoLibro #BibliotecaMunicipalConcelloDaGuarda #ACulturaSegue

Lugo: Biblioteca Pública

1.-“Balcóns de lectura

Un roteiro dixital por librerías, escritores e escritoras, mediadores culturais que desde o seus balcóns nos deixan as súas suxerencias e os seus textos.

Acomodádevos no voso recuncho especial para ler con estas suxerencias que se publicarán nas redes sociais.

2.-“Viñetas de corentena”: se o cómic é a túa paixón, desde o teu balcón cóntanos os teus favoritos, debúxanos como se foras un urban sketchers e compárteo connosco no hashtag #lucuscomic @bibliolugo

Trátase dun reto para toda a familia que se desenvolverá a través das redes sociais durante a semana do Día do Libro.

Envíanos unha imaxe do teu cómic favorito ou do teu debuxo utilizando hashtag #lucuscomic de forma correcta pois só a través de este hashtag -escrito de forma exacta- vincúlanse ás redes sociais.

Cando poidamos saír da corentena, coas túas aportacións faremos un video e sortearemos dous cómics coa colaboración da librería Totem.

Neda: Biblioteca Municipal

Desde 2003, con motivo do día do libro durante dous días realizánse xornadas literarias sobre un autor ou autora. Este ano a autora seleccionada é Emilia Pardo Bazán sobre a que farán unha reseña no facebook da biblioteca.

Oleiros: Bibliotecas municipais

Actividades previstas das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros para celebrar o Día do Libro, durante estes días (de 20 a 30 de abril):

Pasatempos, a partir dos emojis do whatsapp, para descubrir títulos de libros da literatura galega e universal tanto para público infantil como adulto.

Guía de recomendacións literarias para público adulto de novela, poesía, teatro e ensaio, en galego e castelán de títulos que se poden atopar nas plataformas de libros electrónicos e películas GaliciaLe e Ebiblio.

Vídeo das participantes das Tertulias Literarias da Biblioteca Central Rialeda coa lectura dun fragmento dunha obra da súa preferencia a modo de suxestión literaria.

– Ofreceremos cancións que se poderán escoitar a través de plataformas de vídeo da Rede, inspiradas en poemas, textos ou novelas da literatura. Libros que deixaron pegada nas-nos compositoras-es das mesmas e que foron a súa fonte de inspiración.

Oleiros: CEIDA, Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga

Celebramos conxuntamente o Día do Libro e o Día da Terra, que é o día 22 de abril, coa actividade en redes sociais Lendo Natureza.

Ortigueira: Biblioteca municipal Juan Fernández Latorre

Invitación aos usuarios a amosar os seus espazos de lectura e os seus libros favoritos. Pódense enviar as fotos a: ortigueira.rbgalicia@eidolocal.es, ou ao facebook da biblioteca.

Os participantes recibirán un agasallo o día de abertura da biblioteca.

Pontevedra: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Exposición virtual nas súas redes sociais e páxina web. O título será “Lemos o prohibido” e abordará a historia da censura humana e os libros prohibidos ao longo dos séculos.

Pontevedra: Deputación Provincial

Unha viaxe ao redor do mundo a través da literatura: convida a cidadanía a realizar unha viaxe ao redor do mundo da man de autoras e autores universais que abordan os principais temas que lle preocupan á humanidade: o amor, a dor, a amizade, a guerra, a liberdade ou a familia. #aDepocoalectura

Redondela: Bibliotecas municipais

As Bibliotecas Municipais de Redondela a trasladan ás redes sociais e ondas radiofónicas:

-Felicitación das Bibliotecas Municipais de Redondela a través dun cartaz deseñado para a ocasión

-Designación dos Mellores Lectores do Ano 2019

-Emisión dedicada á efeméride dentro da sección radiofónica de recomendacións literarias e culturais #quedanacasaeleradio que desenvolven, diariamente, as bibliotecas de Redondela desde as ondas da Radio Municipal

Felicitación, a través das redes sociais, dos libreiros de Redondela e do persoal bibliotecario desde os seus recunchos de lectura na casa.

-Para rematar, a través dunha montaxe videográfica, unha trintena de bibliotecas municipais de Galicia, entre as que se atopan as do noso municipio, compartirán nas súas redes sociais os seus mellores desexos nesta data

Ribadavia: Museo Etnolóxico

Desde a Biblioteca do Museo temos varias propostas para que desde a xanela da internet podamos acercarnos aos libros:
– Edición dun libro en liña colaborativo, participativo e comunitario coas achegas de toda a xente que participou no evento de facebook : Concurso: o mes de Abril na tradición  con refráns, cantigas, ditos, cancións, contos, regueifas, debuxos, vídeos no que o protagonista foi o mes de abril.
– Liberación en liña para descargar e consultar de dous libros editados polo Museo:
  • catálogo da exposición “Colección Abrente. Arte Galega no desafío cultural do 70’” última exposición que se inaugurou no Museo, o catálogo presentouse o 21 de febreiro e a declaración de Estado de Alarma coincidiu co inicio da distribución, por iso queremos facilitar que todo mundo poida acceder ao seu contido, debido tamén a que non se pode visitar a exposición.
  • Museo aberto = museo abierto = open museum: saltando valados = saltando muros = jumping hurdle. Edición trilingüe galego, castelán e inglés do proxecto do mesmo nome Museo Aberto.
A descarga e consulta en liña de todos os libros será desde a sección Biblioteca Dixital do blog do Museo Etnolóxico
Exposición bibliográfica en liña de revistas sobre cultura popular galega. 
Recompilanse as revistas en liña de asociacións, museos, colectivos nun taboleiro do pinterest do Museo Etnolóxico onde se pode ver unha foto coa portada da revista e na descrición da foto un comentario explicativo do contido da revista e o enlace aos números dixitais da revista. A exposición queda aberta ás actualizacións.​
Taboleiro de pinterest  Revistas en liña de cultura popular:

Compartimos publicacións  xunto con 39  Bibliotecas de Museos de toda España.

Co obxectivo de fomentar a lectura e difundir a cultura participamos na campaña de liberación conxunta, bookcrossing, organizada desde hai catorce anos pola Biblioteca-Centro de Documentación do Artium de Vitoria, na que se liberarán publicacións da colección dos Museos, moitas delas para consulta e descarga de balde. Participa tamén o Museo Etnolóxico xunto con outros museos de Galicia.

A Rúa: Biblioteca Municipal

Reto #QuedoNaCasaLendo: envío de fotos ou videos ao email ou facebook da biblioteca

Santiago de Compostela: Biblioteca Pública Ánxel Casal

“Conto a moitas mans”. Creación dunha historia colaborativa a través de Twitter seguindo o estilo dos cadáveres exquisitos. Ao remate publicaremos o relato completo. Desde o luns 20 ao venres 24 de abril.

“ Recomendacións desde a casa”. Unha manchea de amigas e amigos da nosa biblioteca recomendan as súas lecturas favoritas ao tempo que nos evían ánimos para sobrelevar o confinamento. Seguro que as coñeces a todas e todos!! .

Publicaremos as recomendacións nas nosas redes sociais o martes 21, o mércores 22 e o xoves 23 de abril

Sober: Biblioteca municipal

Vigo:Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas

Colgaremos un vídeo conmemorativo na plataforma https://confinarteconcultura.vigo.org/literatura
Lanzaremos en facebook e twitter un reto para que os usuarios traten de adiviñar títulos de libros feitos con emoticonos.

Vigo: MARCO: Biblioteca do Museo de Arte Contemporánea de Vigo

O Marco está a organizar diferentes actividades desde as redes sociais e o canal de Youtube do Museo. O xoves 23, as 12h. contarán con sesión de Contacontos nos seus canais de Facebook e  Youtube

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.