BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas » Sector do libro e da lectura e Covid-19

Sector do libro e da lectura e Covid-19


Bibliotecas, Libro e Lectura: Propostas de Bamad ante a Covid-19

A situación de confinamento provocado pola Covid-19, e a crise económica e social que vai provocar, esíxenos como Asociación a posicionarnos a favor de aquelas inciativas e accións que, desde as bibliotecas e as institucións das que dependemos se podan levar a cabo para poder paliar, na medida do posíbel, a crise no sector do libro e da lectura que vai vir.

As medidas deberían ir alén deste ano e pensar polo menos nos dous próximos anos para paliar os efectos da crise no sector.

No sector do libro vamos referirnos a aquelas propostas que nos afectan e desde as que podemos incidir e refírense a:

  • á industria do libro: editoras, pero tamén creadores: autores, tradutores, ilustradores…
  • ás librarías
  • ás persoas e entidades dedicadas á animación á lectura

Desde as institucións que xestionan as Bibliotecas públicas: Xunta, Deputacións e Concellos deben establecerse mecanismos que contribúan a paliar a crise no sector.

Todas as administracións:

Hai que ter en conta a falta de servizos culturais en zonas rurais.

– Deberíase impulsar a conexión do rural ás redes culturais e crear liñas de colaboración entre administracións que permitan que o aillamento non sexa difícil nas zonas rurais que non contan con infraestructuras suficientes para promover o acceso á cultura.

Potenciar as bibliotecas escolares como bibliotecas públicas e de proximidade nos horarios nos que as escolas están pechadas para a formación.

Creación de Bibliobuses ou servizos móbiles de atención.

– Plan de dinamización itinerante no rural como: levar programas de dinamización, teatro, música…

Xunta de Galicia

– Desenvolver e pór en marcha o Plan de Fomento da Lectura que se estivo elaborando no marco do Plan Estratéxico da Cultura.

– Na vía das subvencións: ampliar os prazos de gasto e xustificación que están convocadas este ano para todos os secotres: editoriais, librarías, tradución e bibliotecas (animación á lectura, compra de novidades en galego e mellora da colección).

  • Actividades de Animación á lectura: Ler Conta Moito: desde o momento en que a situación de confinamento o permita: que se podan realizar as actividades durante o que queda de ano e que se poda ampliar o prazo de xustificación das mesmas até final de ano.

  • Compra de novidades editoriais: que se publique a resolución de concesión e se abra xa a posibilidade de que as bibliotecas podan comezar a realizar os pedidos de obras, aínda que estas non podan se servidas no momento, poderíanse ir adiantando prazos de compra e pagamento ás editoriais.

  • Da mesma maneira para a mellora das colección: que se publique a resolución de concesión e se abra xa a posibilidade de que as bibliotecas poidan ir facendo pedidos ás librarías para adquirir fondos. (existe un punto no que se indica que se debe na medida do posible realizar as compras nas librerías de preto, a lo menos nas convocatorias anteriores, estudar o xeito de premiar as compras nos establecementos más próximos ás bibliotecas potenciando o pequeno comercio e os autónomos)

– Potenciar GalicaLe con máis e mellores contidos. No catálogo galego non hai presenza apenas das revistas en lingua galega. A consellería podería establecer un convenio cos axentes do sector do libro para adquirir un mínimo de licenzas dos contidos editados, principalmente as novidades.

– Potenciar as bibliotecas escolares con partidas específicas para a adquisición de fondos bibliotecarios a través das librarías das localidades.

– Reducir o IVA do libro electrónico ao 4% para poder aumentar as vendas no sector.

– Para as actividades: que este ano se programen feiras do libro, aínda que sexa fora da temporada, ou actividades de promoción da lectura e dos libros como a Selic, realizada en Compostela que leven os libros, editoras, librarías e autores á rúa e se poda visibilizar e financiar de novo o sector. Da mesma maneira a promoción específica, como se recollía no Plan de Fomento da Lectura, de espazos de dinamización: campañas en espazos públicos, tvg, librarías, trnasporte, librarías…

Creación de un depósito para a compra de fondos das bibliotecas nas librarías de maneira que funcione como unha liña de crédito no que a Xunta ingresa o diñeiro para as bibliotecas nas propias librarías. Desta maneira cada biblioteca terá á súa disponibilidade unha cantidade de diñeiro en cada libraría, da que poderá ir facendo uso.

– Creación de un bono cultural que permita que toda a poboación, ou sectores da mesma como a xuventude, poda realizar compras culturais nas librarías, e cosnumo de cinema, teatro… de fondos e obras en galego.

– Realización de campañas de dinamización da lectura que leven autores, ilustradores, etc, ás librarías: acordo coas editoras e librarías.

– Realización de campañas de dinamización da lectura que leven autores, ilustradores, etc, ás bibliotecas: ademais do que está incluído pola vía da subvención de Ler Conta Moito poder organizar directamente un programa que o leve a:

  • Directamente ás bibliotecas da Xunta

  • Mediante convenios ou acordos ás bibliotecas municipais.

Facer dos medios de comunicación galegos: radio e televisión de galicia axentes activos na promoción do libro e da lectura.

Deputacións:

As Deputación, ademais de manter as súas bibliotecas públicas (Coruña e Pontevedra) deben participar no desenvolvemento das bibliotecas da súa provincia. Este apoio debería reforzarse este ano no mesmo sentido que o plantexado para a Xunta:

– Programas de dinamización a lectura que leven autores ás bibliotecas municipais da súa provincia

– Programas de dinamización a lectura que leven autores ás librarías da súa provincia

– Apoiar a programación cultural dos concellos e levar actividades de dinamización e animación á lectura durante o que queda de ano a todos espazos de lecer dos concellos: festas populares, prazas, praias…

Concellos:

Os concellos deben promover e apoiar este ano, máis que nunca, a dinamización cultural, pero tamén económica local. Para isto debe:

– asegurar que no caso das librarías se faga compra directa ou se asegure unha compra mínima de fondos nas librarías da localidade ou depósito de diñeiro para compra a longo prazo.

– Da mesma maneira débese contratar tamén as empresas, entidades e persoas da localidade que teñan relación coa animación á lectura para levar as súas actividades ás bibliotecas pero tamén aos outros espazos públicos da localidade: prazas, praias… Drectamente ou co apoio de outras institucións como as deputacións.

– tamén se pode activar un bono local de fomento do consumo cultural na localidade similar ao proposto para a Xunta.

Na Coruña a 21 de marzo de 2020


4 Comentarios

  1. […] Desde Bamad Galicia temos incidido desde o inicio da crise en que se cumpran as medidas de seguridade, saúde e hixiene como indicamos neste comunicado realizado o pasado 13 de marzo. E realizamos propostas para facilitar que desde os servizos de Bibliotecas contribuamos a paliar a crise económica que vai afectar ao sector do libro e da lectura publicado o pasado 22 de abril. […]

  2. […] Desde Bamad Galicia temos incidido desde o inicio da crise en que se cumpran as medidas de seguridade, saúde e hixiene como indicamos neste comunicado realizado o pasado 13 de marzo. E realizamos propostas para facilitar que desde os servizos de Bibliotecas contribuamos a paliar a crise económica que vai afectar ao sector do libro e da lectura publicado o pasado 22 de abril. […]

  3. Ignacio Beltrán di:

    Hola
    Información vuelta a la biblioteca

    • Buenos días Beltrán, no tenemos nada preparado al respecto pero desde Fesabid se está intentando crear un protocolo sobre el proceso de reapertura de los servicios que mantenga la seguridad del personal y de las y los usuarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: