BAMAD GALICIA

Inicio » Campañas » Programa Internacional de Acción para o Desenvolvemento (IAP)

Programa Internacional de Acción para o Desenvolvemento (IAP)

Axenda2030

O 1 de xaneiro de 2016 os gobernos deberán implementar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel da ONU que se prolongarán durante os próximos 15 anos: Axenda 2030.

A IFLA (Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas) e as entidades asinantes da Declaración de Lyon, entre a que se encontra Bamad Galicia, conseguimos que entre os obxectivos da Axenda se incluíse a Meta 16.10: “Asegurar o acceso público á información e protexer as liberdades fundamentais, de conformidade coas lexislacións nacionais e os acordos internacionais” Nestes obxectivos tamén se contemplan a cultura, as TIC e a alfabetización universal.

As bibliotecas e o acceso á información contribúen ao desenvolvemento

O acceso público á información axuda á creación de sociedades do coñecemento e agrupa as instalacións, as TIC, os medios de comunicación e as habilidades informativas que as persoas necesitan para usar eficazmente a información, ademais da preservación que garanta o acceso continuo ás futuras xeracións.

Documento de Bamad Galicia que explica o papel das bibliotecas na Axenda 2030 da ONU (descarregar en pdf)

Axenda2030_Page_1 Axenda2030_Page_2 Axenda2030_Page_3

Obradoiro realizado por Fesabid o 28 de marzo de 2017 para dar a coñecer o Programa Internacional de Acción para o Desenvolvemento a través das Bibliotecas da IFLA