BAMAD GALICIA

Inicio » Campañas » O Dereito a ler en formato electrónico

O Dereito a ler en formato electrónico

ebook-logoANABAD GALICIA súmase á Campaña de EBLIDA: O Dereito e Ler en Formato Electrónico, que en España é levada a cabo por Fesabid. A web da campaña de Eblida é The right to e-read Campaign é o site oficial para seguir a campaña.

Desde Anabad Galicia traducimos os materiais que poñemos á vosa disposición e iremos informando dos pasos que se vaian dando na mesma até o 23 de Abril, data na que se realizarán conferencias de prensa en toda Europa sobre a temática.

eblida
fesabid

 

A Campaña:

“O dereito a ler en formato electrónico” é unha campaña europea que ten como obxectivo crear conciencia entre o público en xeral, os bibliotecarios e os responsables políticos sobre as dificultades que enfrentan actualmente as bibliotecas, especialmente con respecto ao acceso aos libros electrónicos e aos contidos  dixitais. A campaña tamén aumentará a concienciación sobre a necesidade de cambio, sobre todo no caso do marco dos dereitos de autor.

A campaña, iniciada por EBLIDA,  estase levando a cabo en todos os países europeos. A idea dun cartel da campaña cun logotipo e lemas foi desenvolvido polo grupo de traballo de e-books encabezado por Gerald Leitner. A nivel europeo, EBLIDA está coordinando a campaña. EBLIDA proporciona información e materiais para os seus membros para descarga e uso: material de comunicación (carteis, postais), como información de fondo, o texto legal para a discusión con especialistas, bibliotecarios e público en xeral.

EBLIDA tamén se centra na entrega de información aos políticos e aos medios de comunicación coa finalidade de introducir esta temática na axenda política.

O 23 de abril, día Mundial do Libro e do Dereito de Autor será unha oportunidad ideal para a celebración de conferencias de prensa nos países participantes. EBLIDA organizará unha conferencia de prensa en Bruxelas o “Dereito á e-lectura”.

righteread

As Actividades:

  1. Difusión entre as persoas asociadas ás bibliotecas e  nos medios de comunicación dos materiais de difusión da campaña.
  2. Animar ás bibliotecas a que coloquen o cartel
  3. No programa de actividades do Día do Libro, informar sobre a campaña
  4. Enviar o Manifesto da campaña aos responsables políticos 
  5. Intentar que os medios de comunicación locais se fagan eco da campaña
  6. Fomentar a campaña nas redes sociais co hasthtag #eread

Os Materiais:

(Pódense descarregar en boa calidade premendo nas imaxes)

Manifesto:

Manifesto_dereito_a_e-ler

Cartel:

eread2baixa


2 Comentarios

  1. […] O dereito a ler en formato electrónico […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s