BAMAD GALICIA

Inicio » Arquivos

Category Archives: Arquivos

Pasamento de Javier Barbadillo (1956-2018)

Nuestro compañero y amigo Javier Barbadillo, Director del Archivo Municipal de Guadalajara, ha fallecido hoy. Queremos manifestar nuestra consternación por la pérdida de una gran persona y un excelente profesional que permanecerá siempre en nuestro recuerdo.

 

O noso compañeiro e amigo Javier Barbadillo, Director do Arquivo Municipal de Guadalajara, faleceu hoxe. Queremos manifestar o nos pesar pola perda de unha gran persoa e un excelente profesional que permanecerá sempre na nosa lembranza.

Profesional de recoñecido prestixio, recibiu en 2018 o Premio ACAL ao mellor profesional de España, referente en administración electrónica, membro da mesa de arquivos municipais e Presidente da Unión Territorial de Anabad en Castilla-La Mancha. Vogal da Comisión Superior de Valoración de documentos e participante no proxecto NEDA de descrición multinivel. O seu falecemento é unha gran perda para o mundo dos arquivos.

 

image.png

Advertisements

20 anos de APEI

A Asociación Profesional de Especialistas en Información (APEI) está de aniversario, celebrando 20 anos da súa constitución.

APEI é a nosa asociación irmá en Asturias coa que compartimos participación en Fesabid,  e coa que temos colaborado en diferentes actividades e grupos de traballo.

Con motivo da celebración do seu aniversario organizan as xornadas 20 años APEI o sábado 5 de outubro en Oviedo, na que convidaron a asistir a varias asociacións, entre elas Bamad Galicia, que participará nunha mesa redonda que versará sobre o asociacionismo profesional. Ademais de mesas redondas haberá unha actividade formativa sobre o fortalecemento das asociacións a cargo de Alicia Sellés, presidenta de Fesabid. E contará tamén coa participación de destacados profesionais da documentación e información como José Antonio Merlo, Eva Méndez ou María Jesús del Olmo.

A actividadade está dirixida a persoas asociadas e tamén a profesionais e persoas interesadas na profesión, e pódese inscribir neste formulario.

 

 

Comunicado de Bamad polo Día Internacional dos Arquivos, #IAW2019

O día 9 de xuño celebramos o Día Internacional do Arquivos, #IAW2019

Desde a súa creación, en 2008, o Día Internacional dos Arquivos pretende dar a coñecer:

  • Aos sectores públicos e privados, a necesidade de resgardar os arquivos e facilitar o acceso a eles.

Ao documentar as actividades e decisións tomadas, os arquivos proporcionan tanto a continuidade dos organismos públicos e privados e a xustificación dos seus dereitos, así como os dos individuos e os estados.

  • Ás autoridades públicas, os beneficios de contar cun rexistro documental eficaz para establecer un bo goberno.

Os arquivos son parte do patrimonio cultural e unha das principais fontes de información. O patrimonio documental proporciona evidencias significativas para o desenvolvemento económico, político, social e cultural da humanidade.

  • Ao público en xeral, a importancia dos arquivos.

Os arquivos constitúen a memoria das nacións e das sociedades, forman a nosa identidade e son pedra angular da sociedade da información.

Tema da campaña 2019: “Deseñar Arquivos no século XXI” #IAW2019

“Deseñar Arquivos” propón situar a xente no centro do que facemos profesionalmente. A campaña fai fincapé sobre o rol da nosa profesión no Século 21 onde arquivistas, xestores documentais e profesionais da información xogan un papel vital na xeración de oportunidades que permita o desenvolvemento dun deseño humanista en beneficio da cidadanía e a comunidade en xeral.

BAMAD Galicia ten sempre os profesionais no centro da nosa actividade e no Día Internacional do Arquivos queremos compartir que as arquiveiras e arquiveiros desenvolvemos un traballo fundamental para conservar o patrimonio, para conformar a memoria, e para a gobernanza dos territorios. Para podelo realizar, reivindicamos:

  • máis arquivistas para poder garantir o futuro do patrimonio documental,

  • recoñecemento das responsabilidades da profesión de arquivista,

  • remuneracións axeitadas a esas responsabilidades,

  • máis arquivos e máis medios e infraestruturas para os que xa existen, para poder desenvolver o traballo.

  • E a aprobación do Plan de Arquivos, previsto na Lei de Arquivos de Galicia, que se realice con perspectiva de xénero e afecte a todos os procesos arquivísticos, e que conte con dotación orzamentaria suficiente

Configurar unha memoria conscientemente construída na que as e os arquivistas teñan un protagonismo recoñecido ten que ser unha tarefa prioritaria na nosa sociedade

Feliz Día Internacional dos Arquivos!

Na Coruña a 6 de xuño de 2019

%d bloggers like this: