BAMAD GALICIA

Inicio » Bibliotecas

Category Archives: Bibliotecas

Xornada RDA na Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia organiza unha nova xornada técnica que terá como protagonista o estándar RDA. Aínda que este “novo” código de catalogación está publicado desde o ano 2010, a súa adaptación nas bibliotecas españolas non termina de poñerse en marcha. A Biblioteca Nacional de España, a Biblioteca de Catalunya ou a Biblioteca das Illes Balears son das poucas institucións que están a facer esforzos reais para tratar de implementar RDA nos seus procesos de catalogación.

Na xornada estarán presentes representantes destas tres bibliotecas para transmitirnos como están a traballar para adaptarse á RDA e cales son os principais atrancos cos que se están a atopar. Para rematar a xornada haberá unha mesa de debate para achegarnos ao estado da cuestión nas bibliotecas galegas.

Baixo o título “RDA: estado da cuestión”, a xornada o terá lugar o día 13 de decembro no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca de Galicia. O horario será de mañá, entre as 10:00 e as 15:30 horas, cun descanso entre intervencións para una café ás 11:30 h. Ao remate da xornada servirase unha comida lixeira na Sala Eisenman.

A inscrición pode realizarse, a partir do martes 3 decembro ás 9h., e até completar prazas, na web http://www.cidadedacultura.gal/gl

Informacion Xornada

 

Emprego cultural en Galicia 2019: arquivos, bibliotecas e museos

O Grupo de Traballo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega acaba de publicar o informe Emprego cultural en Galicia, 2019.

No documento indican os datos estatísticos utilizados que dividen en dúas partes segundo as fontes.

 

1) Encuesta de Población Activa (EPA) do Instituto Nacional de Estadística (INE), no que se ofrecen datos sobre a totalidade de persoas que desenvolven a súa actividade laboral dentro do ámbito cultural, ou ben porque teñen unha ocupación cultural, ou ben porque traballan nunha actividade económica de tipo cultural.

O número de empregados culturais en Galicia sitúase no ano 2018 en 35.000 persoas, 1.400 menos que en 2017, isto é un 3,2% da poboación activa en Galicia.

Nestes datos non se especifica en que sectores, dentro da cultura, se diferencian os traballos realizados, polo que non podemos establecer cantos deses empregos se corresponden co noso sector.

 

2) Para a segunda análise utilizáronse os datos das Afiliacións á Seguridade Social que ofrece o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e que explota o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Estas diferenzas mostradas entre os datos da EPA e da Seguridade Social son coñecidas á hora de facer datos estatísticos, pero non resolven a información necesaria para o noso sector. En estudos anteriores, o IGE indicaba que en Galicia en 2011 había 2.657 persoas traballando no sector de arquivos, bibliotecas, museos, e actividades relacionadas, en Galicia. Sen embargo neste estudo, con datos de afiliciación á Seguridade Social, só se recollen 472 persoas traballando en 2018 no noso sector.

  • Na nosa interpretación entendemos que existen moitas persoas realizando funcións en arquivos, bibliotecas e museos que non están contratados nas categorías CNO que se inclúen para tirar os datos estatísticos, o que sería unha “confusión” das propias administracións, e das empresas privadas, que contratarían con outras categorías profesionais.
  • Segundo o IGE, en 2011 o noso sector representaba o 8,6% do emprego cultural. Se empregamos estes datos, e damos por suposto que o peso é o mesmo, neste momento tería que haber unhas 3.010 persoas traballando en arquivos, bibliotecas e museos. De calquera maneira, sería un número moi superior ás 472 persoas indicadas pola EPA.
  • Podemos sinalar tamén a grande feminización do sector, que xa é intuído de maneira práctica no día a día do noso traballo, pero que agora se ve confirmado nas diferenzas entre as demanadas de emprego de mulleres e homes. Máis abaixo pódese observar, nas profesións máis demandadas por mulleres e homes nos sectores culturais, como as mulleres escollen en grande medida as profesións relacionadas co nosos sector, mentres que os homes as demandan en menor número e menos das profesións. (Os datos referidos a homes indican que estas profesións non están entre as máis demandadas).

 

Evolución do número de afiliacións á Seguridade Social en Galicia nas ramas do ámbito cultural

Total afiliacións

2014

2015

2016

2017

2018

91 Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais

399

406

395

401

472

R. Xeral

338

346

334

340

410

Autónomos

60

60

61

61

62

Demanda e contratación de ocupacións:

Ocupacións máis demandadas no ámbito cultural en 2018 CNO-2011 (8 díxitos)

Ocupacións

Demandas

Axudantes de biblioteca e/ou documentación

778

Empregadas/os administrativas/os de arquivos e/ou bibliotecas

487

Bibliotecarias/os

261

Arquivistas

204

Ocupacións máis demandadas por mulleres e homes no ámbito cultural en 2018

Ocupacións

Demandas Mulleres

Demandas Homes

Axudantes de biblioteca e/ou documentación

614

164

Empregadas/os administrativas/os de arquivos e/ou bibliotecas

366

121

Axudantes de museo

230

X

Bibliotecarias/os

195

X

Conservadoras/es de museo e galerías de arte

146

X

Axudantes de arquivo

143

X

Arquivistas

142

X

 

Orzamentos 2020 para Bibliotecas da Xunta de Galicia

BAMAD Galicia ante os orzamentos da Xunta de Galicia para Bibliotecas 2020

O proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2020 sobe, con respecto ao 2019, en 40.000€

Cremos que son uns orzamentos moi conservadores que non contribúen á mellora dos servizos de bibliotecas públicas

 

No ano 2020 as bibliotecas públicas de Galicia contarán case co mesmo orzamento que no ano 2019, e seguen cunhas dotacións que aínda non recuperaron as cantidades anteriores á crise (perto de 3,5 millóns de euros em 2012). Nun contexto de “recuperación”, no que a maioría das partidas orzamentarias da Xunta de Galicia se incrementan, as bibliotecas apenas notan melloría con respecto aos do ano anterior.

Os datos poden visualizarse nas gráficas máis abaixo nas que comparamos os anos 2019 e 2020. Queremos sinalar algunhas cuestións que nos parecen preocupantes, por encima das cantidades sinaladas e que vimos demandando desde hai anos desde a nosa Asociación e que reiteremos a continuación:

1) A necesidade de desenvolver a Lei de Bibliotecas fomentando a cooperación entre as distintas administracións: Concellos, Deputacións e Xunta, o que debería permitir dotar de mellores servizos, instalacións, equipamento e persoal ás bibliotecas municipais.

2) Moitos servizos de bibliotecas municipais encóntranse en pleno cambio de sistema de xestión bibliotecaria o que obriga a realizar grandes esforzos de persoal, véndose na obriga moitos servizos de contratar servizos externos de persoal e/ou de xestión para poder facer frente ao cambio. Este proceso debería ser apoiado polo Servizo de Bibliotecas da Xunta que, debido principalmente, á escaseza de persoal do servizo, non pode facer frente ao labor de formación e asesoramento do cambio que sería preciso.

3) Increméntase a partida de Actividades de animación á lectura nas bibliotecas da Xunta o que é de agradecer. Cremos que é unha das apostas firmes que a Xunta debe fomentar e apoiar, pero non se debe orientar só ás bibliotecas da propia administración autonómica e deberían incrementarse tamén as partidas dirixidas ao fomento da lectura nos Concellos que quedan conxeladas con respecto ao ano anterior.

4) Todas as partidas orientadas ao apoio a concellos: investimentos, adquisicións e dinamización manteñen as mesmas partidas que em 2019. Seguimos crendo que o fomento do uso da biblioteca e da lectura é imprescindible para crear sociedades democraticamente maduras polo que non entendemos que non mellore o orzamento para a realización de actividades culturais e de animación á lectura nas bibliotecas municipais.

5) A partida de 110.000€ que aparece desde 2019, para o apoio a bibliotecas itinerantes nos concellos, é interesante e importante que se utilice. En 2019 non se realizou ningún servizo de bibliotecas itinerantes o que consideramos un erro xa que era un bo momento de apostar por levar novos servizos a aqueles lugares que por dispersión ou pouca poboación non podem acceder a servizos bibliotecarios e que existen, con éxito, noutros lugares.

 

Os profesionais das bibliotecas reclamamos mellores partidas para as bibliotecas e o desenvolvemento integral de políticas de fomento do libro e da lectura coa participación de todo o sector: as diversas administracións, empresas e o persoal profesional.

 

A Xunta Directiva de Bamad Galicia

A Coruña, 28 de Outubro de 2019

 

Cadro comparativo e gráficos de Bibliotecas 2019-2020

 

2020

2019

Bolsas formación (4800)

216940

216940

Equipamento da rede (mobiliario) (6251)

90000

90000

Lotes fundacionais (6281)

495000

495000

Edición libro galego (lotes fundacionais) (6282)

171060

171060

Obras e reparacións na rede de bibliotecas de Galicia (6322)

60000

60000

Promoción da lectura e do libro (6402)

185000

185000

Actividades culturais e animación á lectura e bibliotecas (6405)

138000

98000

Formación (6400)

10500

10500

Sistema Bibliotecario e Formación bibliotecaria (6401)

335000

335000

Axudas a entes locais para investimentos en bibliotecas (7601)

350000

350000

Subvencións para adquisicións de novidades editoriais en galego (7602)

200000

200000

Axudas dinamización bibliotecas municipais (7603)

198000

198000

Axuda a concellos para bibliotecas itinerantes (64007)

110000

110000

Total

2.559.500

2.519.500

 

%d bloggers like this: