BAMAD GALICIA

Inicio » Centros de Documentación (Páxina 2)

Category Archives: Centros de Documentación

Xornada “Xénero e Documentación: Arquivos públicos e perspectiva de xénero”

Xornada “Xénero e Documentación IV. Arquivos públicos e perspectiva de xénero” – 8 de xuño – Consello da Cultura Galega

Difundimos polo seu interese as Xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega

Nesta xornada, organizada pola Comisión de Igualdade (CCG) e coordinada por Dolores Pereira Oliveira, contaremos coa participación de Beatriz Díaz Vázquez (Arquiveira e directora do Arquivo Municipal de Oleiros), Eva García Amador (Antropóloga e restauradora de documentos, presta servizos no Arquivo do Reino de Galicia), Olimpia López Rodríguez (Arquiveira, presta servizos no Arquivo Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo), Luis Martínez García (Arquiveiro, coordinador xeral de Arquivos e director do Arquivo de Castela–A Mancha) e Francisca Marticorena Galleguillos (Encargada do Archivo Mujeres y Géneros, Archivo Nacional de Chile).

Programa

Inscrición

 

 

Advertisements

Xornadas O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria

Xornadas O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria, que terán lugar o 10 e 11 de maio de 2017, no Consello da Cultura Galega.

Difundimos polo seu interese estas Xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega

 

Nestas xornadas, organizadas pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG) e coordinadas por Bieito Pérez Outeiriño, Gabriel Quiroga Barro e Concepción Varela Orol, contaremos coa participación de Eugenia Serra (Biblioteca de Catalunya), M.Luz Retuerta (Arxiu Comarcal del Baix Llobregat), Carolina García Borrazás e Teresa García Domínguez (Arquivo de Emigración do CCG), Anabella Barroso Arahuete (Arquivo Histórico Eclesiástico de Bizkaia), Pere Freixa (Universitat Pompeu Fabra), Tomás Saorín (Universidad de Murcia, Wikimedia España), Manuel Gago (Consello da Cultura Galega), Adelaida Ferrer (Biblioteca Universidad de Barcelona) e Covadonga Pitarch (Museo Sorolla).

 

Se a converxencia dixital das institucións da memoria constituíu o tema arredor do cal os profesionais dos arquivos, as bibliotecas e os museos compartimos reflexións, convocados pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, en maio de 2015, o mundo das tecnoloxías da información e a comunicación convócanos agora para explorarmos o territorio do Crowdsourcing, abastecemento participativo ou colaboración aberta.

 

Nestas xornadas tentaremos abordar algunhas das cuestións esenciais que esta modalidade de traballo voluntario, habitualmente gratuíto, masivo, comunitario e anónimo suscita para a xestión futura das nosas institucións e do patrimonio cultural que custodian.

Programa

Inscrición

Obradoiro: Políticas, planificación e estratexias en arquivos e bibliotecas: que facer cando non hai nada que facer?, 2ª Ed

Obradoiro gratuíto para persoas socias de Bamad Galicia: Políticas, planificación e estratexias en arquivos e bibliotecas: que facer cando non hai nada que facer? 2ª ed.

  • Impartido por: Luis Martínez García, Coordinador Xeral de arquivos e Director do Archivo de Castilla-La  Mancha
  • Organizado por Bamad Galicia coa colaboración de Fesabid
  • Modalidade: en liña
  • Datas: 6 a 21 de marzo
  • Prazas: 25
  • Horas: 10h.
  • Prezo: Socios gratis / Non socios: 25€
  • Obxectivos:
    • Planificar, programar e avaliar estratexias para implantar políticas relacionadas con arquivos e bibliotecas en distintos niveis e servizos das administracións públicas.
    • Aplicar diferentes ferramentas, recursos e medios para conseguir desenvolver programas e actividades destinadas á mellora dos servizos.
    • Integrar posibilidades, realidades e futuribles nunha estratexia que satisfaga, en maior ou menor medida a todos os implicados, líderes, xestores e usuarios.
  • Programa 2ª ed
  • Matrícula electrónica

2016politicasjpg

%d bloggers like this: