BAMAD GALICIA

Inicio » Cultura e Patrimonio

Category Archives: Cultura e Patrimonio

Bamad visita a exposición In Tempore Sueborum

In Tempore Sueborum é a maior exposición realizada até o momento sobre a cultura sueva na Gallaecia, organizada pola Deputación, o Bispado e o Museo Municipal de Ourense.

Pensada inicialmente para 3 meses, de decembro 2017 a marzo de 2018, foi ampliado o período de exposición ante a demanda de público. Polo que até o 6 de maio poderá visitarse na cidade de Ourense nas tres sedes nas que se organiza a exposición: Centro Cultural Marcos Valcarcel, Igrexa de Santa María Nai e Museo Municipal.

A exposición documenta a saída dos suevos desde os extremos do imperio romano até o seu asentamento na Gallecia e a formación do primeiro reino de europa constituído após a caída do Imperio Romano.

Xunta pezas de máis de 60 museos de europa que fan un extenso percurso pola cultura, a organización social e a cristianización destes pobos que acabaron por influir sobre a organización social e cultural da nosa terra chegando moitas das súas aportacións até a actualidade.

Bamad Galicia organiza unha visita guiada á exposición que se realizará o sábado 28 de abril e que continúa aberta ás persoas socias. Para participar pódese enviar un email a bamadgalicia@gmail.com

Advertisements

A Xestión Cultural como espazo profesional

Foro de Debate “A Xestión Cultural como espazo profesional”

Bamad Galicia foi convidada a participar neste Foro de debate que se celebrará en Lugo entre o 27 e 29 de setembro. En representación de Bamad asistirá a presidenta, Olimpia López Rodríguez, que participará nos bloques de debate sobre os Perfís Profesionais e O Futuro profesional no eido das industrias e a xestión cultural previsto para o día 28 de setembro.

O Foro contempla contar cunha ampla representación de profresionais que traballan desde diferentes ámbitos da cultura en Galicia e, ao mesmo tempo, favorecer que o debate e intercambio de ideas sexa fluído e proveitoso para todos os participantes. Por este motivo o Foro desenvolverase ao longo de tres xornadas participando cada entidade/empres e profesionais un só día de debate.

O Foro celebrarase durante os días 27, 28 e 29 de setembro de 2017 na Facultade de Humanidades do Campus Terra (Av. Filarmónica Lucense s/n. 27.002, Lugo).

Máis información:

Curso Supostos Prácticos Auxiliares USC

Curso: Supostos Prácticos Auxiliares USC

  • Impartido por:
    • Yolanda Diéguez Méndez. Axudante de bibliotecas na Universidade de Santiago de Compostela.
    • Llarina González Solar. Facultativo de bibliotecas na Universidade da Coruña.
  • Modalidade: Online
  • Datas: 11 de setembro a 9 de outubro
  • Prazas: 25
  • Horas: 20h.
  • Prezo: 70€ socios / 100€ non socios
  • Programa
  • Matrícula electrónica
%d bloggers like this: