BAMAD GALICIA

Inicio » Formación » Formación outras entidades

Category Archives: Formación outras entidades

Advertisements

II Congreso Internacional de Mediación Lectora, 27-30 marzo, Pontevedra

II Congreso Internacional de Mediación Lectora:
Revolución lectora! 27-30 marzo 2019. Pazo da Cultura de Pontevedra

Por segundo ano realízase este Congreso dentro do XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará entre o 22 de marzo e o 12 de abril. O lema escollido este ano é a Revolución e contará coa Lusofonía como cultura convidada a participar do Salón.

 

Dentro do Salón realízase o II Congreso Internacional de Mediación Lectora que, seguindo a temática do congreso, escolleu como lema a Revolución Lectora. Entre os días 27 e 30 de marzo contará cun amplo programa de actividades e de participantes de países da lusofonía: Galiza, Portugal. Angola e Brasil.

Temos que agradecer ao Salón que de novo ofreza unha actividade específica de formación para persoal de bibliotecas ou persoas interesadas na animación á lectura, que se levou a cabo durante estes anos grazas ao traballo da compañeira María José Villar da biblioteca de Chapela-Redondela, quen foi a promotora desta actividade. Este ano a proposta é dunha formación sobre a lectura en dixital impartida por Benita Prieto, o sábado 30 de marzo de 16.30 a 18.30h.

 

Advertisements

Dixitalización de arquivos: tendencias, procesos e plans de execución

Xornadas: Dixitalización de arquivos: Tendencias, procesos e plans de execución

Presentamos unhas novas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega: Xornadas Dixitalización de arquivos, Tendencias, procesos e plans de execución, que se realizarán en Santiago de Compostela o próximo xoves 15 de xuño.

Esta xornada ten como obxectivo prioritario analizar a evolución dos procesos de dixitalización dos arquivos nos últimos anos e coñecer as tendencias actuais, así como as oportunidades que hai non só para preservar mellor os fondos, senón para difundilos e poñelos accesibles á cidadanía.

Algunhas das tendencias e plans de execución serán expostos para situar o escenario da memoria dixital, tanto no plano conceptual como nos principais plans que están actualmente en execución.

Xornada “Xénero e Documentación: Arquivos públicos e perspectiva de xénero”

Xornada “Xénero e Documentación IV. Arquivos públicos e perspectiva de xénero” – 8 de xuño – Consello da Cultura Galega

Difundimos polo seu interese as Xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega

Nesta xornada, organizada pola Comisión de Igualdade (CCG) e coordinada por Dolores Pereira Oliveira, contaremos coa participación de Beatriz Díaz Vázquez (Arquiveira e directora do Arquivo Municipal de Oleiros), Eva García Amador (Antropóloga e restauradora de documentos, presta servizos no Arquivo do Reino de Galicia), Olimpia López Rodríguez (Arquiveira, presta servizos no Arquivo Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo), Luis Martínez García (Arquiveiro, coordinador xeral de Arquivos e director do Arquivo de Castela–A Mancha) e Francisca Marticorena Galleguillos (Encargada do Archivo Mujeres y Géneros, Archivo Nacional de Chile).

Programa

Inscrición

 

 

%d bloggers like this: